19.3 C
Pontevedra
Martes, 16 de Abril de 2024
Máis
    HomeBaixo MiñoTuiTui potenciará o valor do conxunto patrimonial da contorna do Anxo en...

    Tui potenciará o valor do conxunto patrimonial da contorna do Anxo en Pazos de Reis

    O goberno de Tui informa que vén de solicitar á Rede ÁGORA da Deputación de Pontevedra o seu respaldo para a execución do proxecto de acondicionamento da contorna da capela do Anxo en Pazos de Reis. O proxecto establecerá claramente a prioridade peonil ao tempo que completará a posta en valor dun espazo que xa o ten no centro do ámbito pero non no perímetro, mellorando a calidade xeral, tanto dende o punto de vista arquitectónico como ambiental.

    O alcalde Enrique Cabaleiro explica que o ámbito de actuación afecta aos viais que rodean a contorna da igrexa e a carballeira anexa que conforma o campo da festa con dous palcos da música xemelgos. Todos estes elementos patrimoniais, xunto coa fonte anexa, forman un conxunto patrimonial e etnográfico de valor destacado como paisaxe galega rural de calidade que o goberno de Tui quere potenciar.

    Os espazos proxectados estarán deseñados de xeito que garantan a accesibilidade universal e devolvan o uso principal do espazo público aos peóns, doten de espazos seguros e amables de estancia aos maiores e faciliten o seu uso por nenos e nenas de xeito autónomo. Ademais das melloras na mobilidade e seguridade, esta intervención suporá un incremento notable da superficie peonil que pasa de 228m2 a  838m2, cun incremento de 610 m2.

    Entre os obxectivos do proxecto están a recuperación para o peón da parte norte do ámbito completa, dividíndose a parte sur nun ámbito de prioridade peonil en plataforma compartida na zona máis próxima á igrexa e máis estreita, mantendo o resto deste vial para tráfico con restrición de velocidade.

    As actuacións, aínda que non afectan directamente a estas, inclúen tamén a conexión axeitada entre as dúas zonas verdes situadas a ambos lados da igrexa, a maior onde se sitúan os palcos da música e a máis pequena onde se sitúa a fonte.

    Proxéctase a substitución do firme, a dotación de mobiliario urbano e iluminación, entre outros traballos a executar. As actuacións, como se indicaba, non afectan á carballeira existente, se ben se tratará de potenciar o seu valor como elemento singular, de gran calidade ambiental e que contribúe ao control da temperatura ambiental e evita o efecto “Illa de calor”.

    O goberno de Tui avanza no cumprimento dos compromisos adquiridos non só coa Rede ÁGORA, tamén no Pacto das Alcaldías e vai dando forma a unha cidade máis sostible tal e como esixe a Axenda Urbana Española, da que Tui é beneficiaria ao ser un dos 121 concellos seleccionados para redactar o seu plan de acción de crecemento.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.