13.1 C
Pontevedra
Martes, 16 de Abril de 2024
Máis
    HomeBaixo MiñoTuiTui amplía o servizo de recollida de aceite de cociña usado ás...

    Tui amplía o servizo de recollida de aceite de cociña usado ás parroquias

    Un total de 23 colectores para a recollida de aceite de cociña usados son os que hai distribuídos ao longo do termo municipal de Tui. Nas últimas semanas este servizo estendeuse ás parroquias dotando destes colectores a Areas, Baldráns, Malvas, Pexegueiro, Rebordáns, Randufe, San Bartolomeu de Rebordáns, Caldelas, e Guillarei. Quedan pendentes da instalación de contedores Paramos e Ribadelouro onde é preciso acometer unhas obras para a súa colocación.

    En concreto en Areas ubicáronse dous contedores, un no Parque Empresarial, e outro a carón do Centro Cultural. En Baldráns o colector para a recollida do aceite de cociña usado está situado no entorno do centro cultural e da igrexa parroquial. En Malvas o novo colector está no grupo de contedores fronte á antiga escola, en Pexegueiro emprazouse no grupo de colectores existente fronte ao centro cultural, e en Rebordáns, fronte ao colexio. En Randufe situouse no grupo de colectores que hai na Guía. En Caldelas o colector de aceite está a carón do centro social e da estación de tren, e en Guillarei , onde xa había un contedor xunto ao colexio, colocouse un novo colector no Souto. Tamén habia xa un contedor no Anxo, en Pazos de Reis.

    Cómpre lembrar que o aceite de cociña usado débese depositar sempre en envases plásticos no interior do colector. Deste xeito dende o Concello de Tui séguese a manter a aposta pola reciclaxe do lixo que xeramos. No caso do aceite estímase que un litro pode chegar a contaminar mil litros de auga, de aí a importancia da súa reciclaxe, de depositalo nos colectores correspondentes e non botalo polo fregadeiro.

    Na páxina web municipal, tui.gal, atópase un mapa coa situación dos distintos colectores para a recollida de aceite de cociña usado.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.