14.4 C
Pontevedra
Sábado, 20 de Abril de 2024
Máis
    HomeBaixo MiñoTuiO 50 % das persoas que se incorporaron á Bolsa Municipal de...

    O 50 % das persoas que se incorporaron á Bolsa Municipal de Emprego insertáronse ao mercado laboral en 2021

    108 mulleres e 52 achégaronse a este servizo e 81 persoas atoparon un emprego

    O 50,6 % das persoas que ao longo do ano 2021 se incorporaron á Bolsa Municipal de Emprego de Tui insertáronse no mercado local. En concreto foron 81 das 160 persoas atendidas no Servizo Municipal de Orientación ao longo do ano pasado.

    Foron 108 mulleres e 52 homes os que ao longo dos últimos doce meses se achegaron a este servizo municipal que ten como finalidade mellorar a inserción laboral dos veciños e veciñas do concello de Tui a través da posta en marcha de políticas activas de emprego e de actuacións personalizadas adaptadas a realidade persoal e profesional de cada demandante e atendendo aos seus intereses persoais na busca de emprego.

    Orientacion e información, deseño de itinerarios personalizados de inserción, derivación a recursos formativos e de emprego, prospección no mercado visible e no mercado oculto, intermediación a través da bolsa de emprego,  impartición de talleres de emprego, así como acompañamento durante todo o proceso de busca de emprego son os servizos que a técnica municipal, o cargo do servizo, desenvolve coas persoas desempregadas ou en procura de mellora de emprego.

    As persoas interesadas poden a través de este servicio municipal conseguir;

    • Definir ou redefinir o seu obxectivo profesional
    • Realizar o seu currículo
    • Mellorar a empregabilidade
    • Ferramentas e técnicas para a busca de emprego
    • Información do mercado laboral
    • Información e asesoramento sobre a acreditación da competencia profesional
    • Asesoramento en formación
    • Información sobre o sistema de garantía xuvenil
    • Xestión da bolsa de emprego (intermediación entre ofertas e demanda local)
    • Acompañamento no proceso de incorporación o mercado laboral
    • Información sobre emprendemento

    O Servizo de Orientación e Intermediación Laboral do Concello de Tui está situado no Centro Municipal de Formación en Guillarei, atendendo ao público de luns a venres de 9 a 14 h previa solicitude de cita no 986 60 32 28.

    A concelleira de Emprego e Formación, Ana Mª Núñez,  explica que o “resultado do traballo realizado ao longo de 2021 é moi satisfactorio, e ten contribuído a que o nivel de desemprego en Tui acadara taxas inferiores ás rexistradas en 2019 – con anterioridade á pandemia – e que responde ao compromiso deste goberno cos problemas que preocupan aos seus veciños e veciñas, e que coma administración máis cercana ás persoas se preocupa por atender aínda non sendo competencias propias”.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.