22.6 C
Pontevedra
Xoves, 28 de Setembro de 2023
Máis
    HomeBaixo MiñoTuiAumenta o número de turistas que visitan a oficina de turismo de...

    Aumenta o número de turistas que visitan a oficina de turismo de Tui

    Ao longo do mes de maio a Oficina Municipal de Turismo de Tui recibiu a 3.357 persoas das que 2.019 eran turistas e 1.338 eran peregrinos.

    Esta cifra supón un incremento de 644 persoas con respecto ao mesmo período de 2022. O turismo é maioritariamente nacional, mentres que a orixe das persoas que realizan o Camiño Portugués é principalmente internacional.

    Dos 2.019 turistas que en maio se achegaron até a Oficina de Turismo, no céntrico Paseo da Corredoira, a meirande parte, 1.813, eran de orixe nacional. Os principais puntos de procedencia foron Madrid, con 321 persoas, Pontevedra con 213, A Coruña con 166, Asturias con 152, e Ourense con 120. Mentres houbo 206 consultas de turistas estranxeiros dos que 46 eran de Portugal, 37 de Uruguai, 23 de Arxentina, 21 de Alemaña e tamén 21 de Francia.

    Mentres entre os peregrinos e peregrinas que en maio pasaron por este punto de información turística a procedencia maioritaria era de persoas procedentes doutros países, en concreto 880 persoas.  Alemaña con 246 peregrinos e peregrinas foi o principal punto de orixe das persoas que estaban a realizar o Camiño de Santiago e se achegaron até a Oficina de Turismo, amais 84 chegaron de EEUU, 63 de Reino Unido, 53 de Italia, 42 de Canadá e 31 da República Checa.

    Por outra parte no que se refire aos peregrinos e peregrinas nacionais, un total de 458 en maio, 76 chegaron dende Madrid, 68 de Barcelona, 43 de Valencia, 43 de Badaxoz, e 26 de As Palmas.

    Na Oficina de Turismo peregrinos e peregrinas selan a súa credencial, preguntan por aloxamentos, o tramo do Camiño, mentres os e as turistas interésanse polos puntos destacados para visitar na cidade.

    Amais das consultas que realizan presencialmente cando turistas ou peregrinos están na cidade, son numerosas as chamadas telefónicas e os correos electrónicos que reciben que para planificar a viaxe, e no caso das persoas que realizan o Camiño Portugués unha das máis repetidas é coma chegar a Tui.  

    A Oficina Municipal de Turismo, situada no Paseo da Corredoira, abre de luns a domingo, de 9.30 a 13.30 h e de 16 a 19 h. O seu teléfono de contacto é o 677 41 84 05 e o correo electrónico turismo@tui.gal, e están presentes en Instagram @oficinaturismotui.

    LIBROS

    Alberto Mancebo, «O que me quedaba por dicirche»

    Poderiamos afirmar que nos últimos meses algo se está a mover na literatura galega pola aparición de novos autores que nos sorprenden gratamente pola frescura das súas propostas.

    Antón Riveiro Coello, «Hotel Carioca»

    Antón Riveiro Coello volve a demostrar a súa rara habilidade para a construción de historias nas que xoga a mantenta coas personaxes e mais co lector.

    Branca Novoneyra, «As cunchas baleiras»

    Logo dunha longa década de escrita íntima e de reflexión, Branca Novoneyra decide facer público un novo poemario de clara vocación estética e simbólica como é «As cunchas baleiras», que ela mesma concibe como unha «antoloxía» dos versos que saíron da súa pluma ao longo de todo este tempo.