14.6 C
Pontevedra
Xoves, 25 de Abril de 2024
Máis
    HomeBaixo MiñoTuiA Red de Juderías promove o programa educativo “Benjamín de Sefarad” para...

    A Red de Juderías promove o programa educativo “Benjamín de Sefarad” para o alumnado de 6º de Primaria e 1º da ESO

    O CEIP de Pazos de Reis é un dos centros participantes nesta iniciativa

    A Red de Juderías promove, un ano máis, o Programa Educativo “Benjamín de Sefarad” para dar a coñecer entre os e as estudantes o legado xudeu das cidades que forman parte da Rede de Juderías de España. Esta actividade vai dirixida ao alumnado de 6º de Primaria e de 1º da ESO de toda España convite de converterse en “Descubridores de Sefarad” dun modo ameno e moi divertido. Tamén se lles convida a participar na terceira edición do Concurso de Micro-relatos da Red. A temática do concurso é a “Viaxes sefardíes”, e pretenderá que os alumnos e as alumnas reflexionen sobre as diferentes motivacións das viaxes, desde o lecer, ao comercio pero tamén o exilio e a fuxida.

    O CEIP de Pazos de Reis sumouse a este programa educativo e abre así a participación por vez primeira dos centros educativos tudenses nesta proposta que impulsa a Red de Juderías de España – Caminos de Sefarad á que pertence o Concello de Tui dende marzo de 2019.

    Na edición do ano pasado, máis de 500 escolares de toda España participaron no xogo de preguntas e respostas online Pequenos Descubridores. Recibiron máis de 200 relatos ao II Concurso de Microrrelatos, entre os que houbo fabulosos premios e 25 foron seleccionados para edición dun libro que se pode ler na web da Red de Juderías.

    Este ano, segundo informa o Concelleiro de Patrimonio, Laureano Alonso, valémonos da paixón dos nosos mozose mozas polas viaxes para axudarlles a descubrir máis sobre a influencia da cultura xudía nos nosos días. A través de fabulosos materiais propómoslles reflexionar sobre as viaxes do mundo xudeu e sobre as diferentes motivacións que pode levar ao ser humano a emprender unha longa viaxe. O programa que consta dun vídeo educativo, unha exposición virtual e un caderno de traballo con preguntas e respostas, está dirixido a alumnos de 6º de Primaria e 1º da ESO. Os interesados en recibir mais información sobre este programa e como poden levalo a cabo no seu centro, deben poñerse en contacto a través da conta de correo electrónico descubridores@redjuderias.org.

    Ademais, e por terceiro ano consecutivo, calquera alumno de 6º de Primaria ou de 1º curso da ESO que o desexe poderá participar no III Concurso de Microrrelatos da Rede de Xudarías de España que outorga fabulosos premios en viaxes. Os textos deberán ser inéditos e estar escritos en castelán, catalán, euskera ou galego e a extensión máxima será de 350 palabras (sen contar o título). O prazo para enviar os relatos está aberto ata o 15 de maio de 2021. Pódese ampliar esta información e consultar as bases en: https://redjuderias.org/3a-concurso-de-microrrelatos-2020/.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.