9.6 C
Pontevedra
Xoves, 28 de Marzo de 2024
Máis
    HomeBaixo MiñoOiaOs “Coidados porta a porta” chegarán a Oia os días 28 de...

    Os “Coidados porta a porta” chegarán a Oia os días 28 de outubro e 2 e 3 de novembro

    A unidade móbil do programa “Coidados porta a porta” da Xunta de Galicia visitará Oia nas próximas semanas para ofrecer consultas de audioloxía, podoloxía e estimulación de memoria. O vehículo situarase diante do campo de fútbol de Santa María de Oia os días 28 de outubro e 2 e 3 de novembro.

    Este servizo gratuíto está dirixido a persoas maiores de 55 anos. Funciona con cita previa, que xa se pode solicitar chamando aos teléfonos 622 748 283/623 546 992 ou ben a través do correo electrónico coidadosportaaporta.politicasocial@xunta.gal. A inscrición previa tamén pode facerse no teléfono do Concello de Oia: 986 36 21 25.

    O programa “Coidados porta a porta” inclúe tres tipos diferentes de servizos: podoloxía, audioloxía e estimulación da memoria. Cada sesión concertada pode ter unha duración de ata 45 minutos. Segundo a especializade, as actuacións serán as seguintes:

    -Servizo de podoloxía con consulta básica, onde se fará unha valoración do estado xeral do pé, un corte e limpeza de unllas e se procederá a eliminación de durezas, calos e helomas.

    -Servizo de audioloxía, no que se fará unha valoración e exploración funcional da audición e prevención da perda auditiva.

    -Servizo de estimulación da memoria, cun profesional que realizará una valoración cognitiva e proporcionará pautas para previr e minorar posibles deterioros.

    Programa dirixido a maiores do rural

    “Coidados porta a porta” achega servizos asistenciais a maiores que viven no rural co obxectivo de previr a dependencia. Percorre os distintos concellos de Galicia para que as persoas usuarias poidan permanecer coidadas na súa contorna.

    Esta será a segunda das paradas en Oia deste programa sociosanitario galego, que xa estivo presente na localidade os pasados 25, 26, 27 e 28 de abril.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.