22.5 C
Pontevedra
Martes, 16 de Abril de 2024
Máis
    HomeBaixo MiñoOiaO luns 10 de outubro estará en Oia a unidade móbil de...

    O luns 10 de outubro estará en Oia a unidade móbil de doazón de sangue

    A unidade móbil de doazón de sangue visitará Oia o próximo luns 10 de outubro. Permanecerá aparcada diante do Concello de 16:00 a 21:00 horas, a disposición de todas as persoas que queiran achegarse a doar.

    O servizo traballa con cita previa, que pode solicitarse no teléfono 900 100 828.

    Os requisitos xerais para doar sangue son ter máis de 18 anos de idade e pesar máis de 50kg. Á hora de presentarse é necesario levar a tarxeta de doante, DNI ou documento similar.

    Outras cuestións a ter en conta  á hora de doar sangue é a necesidade de almorzar pola mañá. Despois do xantar ao mediodía recoméndase agardar 2 horas antes de acudir.

    Para consultar calquera información relacionada con estes temas, a Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS)  ten habilitadas varias vías de comunicación: o teléfono 900 100 828, o correo electrónico doadoressangue.ados@sergas.gal e a web https://ados.sergas.gal.

    Acto solidario

    A doazón de sangue é un sinxelo acto solidario que non leva máis de 10 minutos e grazas ao cal pódese salvar a vida doutras persoas.

    En Galicia, os hospitais atenden unha media de 2.700 urxencias, 500 intervencións cirúrxicas e 3 transplantes de órganos e tecidos. Por iso, cada día son necesarias entre 400 e 500 doazóns de sangue. Para facilitar as doazóns, a Axencia conta con locais nas sete grandes cidades, así como 10 unidades móbiles que percorren toda a comunidade autónoma.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.