15.8 C
Pontevedra
Luns, 29 de Maio de 2023
Máis
    HomeBaixo MiñoOiaA velocidade e cobertura das conexións móbiles mellora en Oia coa chegada...

    A velocidade e cobertura das conexións móbiles mellora en Oia coa chegada do novo 4G

    A entidade “Llega800” encargarase de garantir a compatibilidade do servizo 4G coa TDT xestionando posibles incidencias

    Nos próximos días, as operadoras de telefonía móbil Telefónica, Vodafone e Orange comezarán a ofrecer en Oia servizos sobre a rede 4G na banda 800MHz, o cal permitirá á veciñanza gozar de conexións móbiles de alta velocidade sobre tecnoloxía LTE (4G). Para garantir a compatibilidade desta nova tecnoloxía coa Televisión Dixital Terrestre (TDT), as operadoras teñen posto en marcha “Llega800”: unha entidade encargada de xestionar posibles incidencias a través do teléfono de atención gratuíto 900.833.999 e a páxina web www.llega800.es  

    Os veciños que residan nas zonas de maior afectación recibirán unha comunicación no seu domicilio que lles informará de que a partir dese momento poderán solicitar, de xeito gratuíto, a adaptación da antena da súa vivenda para evitar posibles incidencias. Posteriormente, e tras o acendido das estacións, “Llega800” encargarase de atender ás persoas usuarias afectadas xestionando e resolvendo posibles afectacións tamén de balde.

    Melloras coa rede 4G

    A maior cobertura que alcanza o 4G na banda de 800MHz mellorará o servizo no interior de vivendas e será a banda que permita estender xeograficamente o servizo de xeito eficiente. O 4G tamén suporá melloras tanto na velocidade de descarga como de envío de datos (fotos, música ou contidos audiovisuais de alta definición. De igual xeito, permitirá sacarlle o máximo partido a aplicacións online como poden ser os videoxogos. Esta nova tecnoloxía tamén facilitará a introdución de novos servizos nos eidos empresarial e das administracións públicas como poden ser aplicacións empresariais en mobilidade con alto contido multimedia ou o uso da videochamada, entre outros.

    COLABORACIÓNS

    Aperitivos de hojaldre sin gluten

    Mayo es el mes de las personas celíacas. El día 16 se celebró el Día Internacional de la Enfermedad Celíaca y hasta este año, el 27 de mayo se celebraba en España el Día Nacional (este año nos unimos al resto de los países y lo celebramos el día 16).

    Ponteareas diante das eleccións (II): a Xeración do cambio, un recordo para que a Historia non se repita

    “De onde vimos? quen somos? onde imos?”. O título do cadro de Paul Gauguin e a letra da coñecida canción de Siniestro Total son interrogantes filosóficos que, aplicados ao mundano proceso electoral no que estamos inmersos, serven para lembrarnos que os procesos histórico-políticos son dinámicos e, polo tanto, teñen unha xénese no pasado que explica un presente que, á súa vez, condicionará o futuro decorrer dos acontecementos. A recente historia de Ponteareas non é unha excepción e, a poucos días das eleccións municipais, convén lembrala para non estar condenados a repetila.

    Ponteareas diante das eleccións (I): David contra Goliat e a utopía feita realidade

    Botando unha ollada atrás un non pode deixar de sorprenderse da rapidez coa que transcorre o tempo e a vida. Unha velocidade vertixinosa que tamén acompaña aos acontecementos e procesos sociais e políticos e que explica a facilidade coa que a sociedade pode esquecer tan axiña o seu pasado e, sobre todo, en política, ignorar de onde vimos, onde estamos e cara onde nos diriximos. Esquecemento dos que viviron eses procesos, mais tamén descoñecemento comprensíbel por razóns biolóxicas e xeracionais dos que daquela non naceran ou eran uns cativos.

    “The Last Of Us”

    Hace unos días, terminé de ver la primera temporada de la serie "The Last Of Us", una serie basada en la historia de un videojuego inspirado en un mundo apocalíptico.

    Colaboradores

    Alberto Aliaga Sola
    20 POSTS0 COMMENTS
    Bea Sanfa
    14 POSTS0 COMMENTS
    Manrique Fernández
    83 POSTS0 COMMENTS
    Paz de la Peña
    42 POSTS0 COMMENTS
    Ricardo Canosa Bastos
    14 POSTS0 COMMENTS
    Roberto Mera
    8 POSTS0 COMMENTS
    Avatar
    1 POSTS0 COMMENTS