10.4 C
Pontevedra
Xoves, 28 de Marzo de 2024
Máis
    HomeBaixo MiñoO RosalO Rosal comeza a dar forma á verdadeira participación veciñal

    O Rosal comeza a dar forma á verdadeira participación veciñal

    O Concello do Rosal vén de poñer en marcha un proxecto co que se pretende “fomentar e practicar” unha participación veciñal real e efectiva. A  iniciativa, que se desenvolverá baixo o nome de ‘A veciñanza conta’ busca que as veciñas e veciños sexan parte activa na xestión municipal.

    Segundo explica o Concello, para mellorar “pouco a pouco o pobo” e planificar os orzamentos, o executivo que preside Ánxela Fernández Callís, considera que “é preciso escoitar cales son as cuestións e necesidades que temos que priorizar na xestión dos recursos”.

    Para conseguir este obxectivo, o pasado día 9 de xullo comezaban unha serie de reunións coas asociacións do municipio coa finalidade clara “de construír entre todos e todas o futuro do Rosal”, conclúe o Concello.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.