25.5 C
Pontevedra
Venres, 19 de Abril de 2024
Máis
    HomeBaixo MiñoA GuardaÚltimos días para presentar solicitude para as subvencións de banda larga ultrarrápida...

    Últimos días para presentar solicitude para as subvencións de banda larga ultrarrápida a empresas e autónomos

    Dende o Concello da Guarda infórmase de que o próximo día 9 de maio rematará o prazo de solicitude das subvencións da Xunta de Galicia para a dotación de servizo de banda larga ultrarrápida a autónomos e empresas illadas en zonas do rural galego.

    Superado o ecuador do prazo de solicitude, facemos unha última chamada a todos aqueles autónomos e empresas interesados nestas axudas da Xunta.

    Esta liña de axudas conta cun orzamento inicial de case 880.000 euros, cofinanciados co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER).

    As empresas interesadas poderán beneficiarse de subvencións de ata o 100% dos custos necesarios para o acceso a internet de cando menos 100 Mbps , cun máximo de 20.000€ por proxecto.

    Para máis información sobre estas axudas pode acceder á seguinte ligazón PR604A – Subvencións a empresas illadas en zonas rurais para a contratación de servizos de banda larga ultrarrápida. – Sede Electrónica – Xunta de Galicia, ou ben poñerse en contacto coa Oficina de Banda Larga a través da dirección de correo electrónico oficina.bandalarga@xunta.gal ou chamando ao 981 95 78 68, en horario de luns a venres  de 9:00 a 15:00h.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.