9 C
Pontevedra
Mércores, 24 de Abril de 2024
Máis
    HomeBaixo MiñoA GuardaAntonio Lomba impulsará o polígono empresarial A Guarda-Rosal, co apoio xa comprometido...

    Antonio Lomba impulsará o polígono empresarial A Guarda-Rosal, co apoio xa comprometido da Zona Franca e SEA

    Mellorar as nosas comunicacións e crear un contexto adecuado para as empresas e emprendedores son dúas prioridades para A Guarda”, asegura Antonio Lomba, por iso “impulsaremos no próximo mandato o polígono empresarial A Guarda-Rosal”.

    “O polígono, de 260.000 metros cuadrados, xa conta co apoio da Zona Franca e Suelo Empresarial del Atlántico (SEA), que no pasado mes de marzo presentaron un estudo que establece a súa viabilidade”, asegura o candidato socialista á reelección.

    O polígono terá unha extensión de algo máis de 26 hectáreas, no espazo comprendido entre as estradas provinciais PO-353 e PO-354, dispoñendo esta última de conexión coa N-550, no núcleo de As Patas.

    “Este polígono e a autovía a Tui serán dous piares moi importantes da Guarda do futuro”, explica Antonio Lomba.

    Outro proxecto socialista para xerar emprego é o Centro de Desenvolvemento Local. “Temos previsto rehabilitar a primeira planta do concello vello para crear un centro de desenvolvemento, no que se habilitará un espazo de coworking e aulas de formación”, remata Antonio Lomba.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.