22.6 C
Pontevedra
Xoves, 28 de Setembro de 2023
Máis
    HomeBaixo MiñoA GuardaA Guarda presenta os cursos de verán da aula CeMIT

    A Guarda presenta os cursos de verán da aula CeMIT

    A Aula CeMIT da Guarda reinicia a súa actividade realizando tres novos cursos de informática este verán: manexo do ordenador e internet, editor de texto (para adultos) e informática (para crianzas de entre 10 e 15 anos).

    Todas aquelas persoas que estean interesadas poden solicitar máis información e inscribirse na Aula CeMIT da Guarda, no primeiro andar do Centro Cultural en horario de mañá, chamando ao 986 61 18 50 ou no enderezo de correo electrónico cemit.aguarda@xunta.gal.

    O Curso de manexo do ordenador e internet realizarase os luns, mércores e venres en dúas quendas de 10:30 h a 12:00 h e de 12:00 h a 13:30 h, o curso de editor de texto realizarase os martes e xoves en horario de 10:30 h a 12:00 h e o curso de informática para crianzas terá lugar os martes e xoves en horario de 12:00 h a 13:30 h.

    Todos os cursos son de balde e, debido á limitación de aforo e á demanda, poderán realizarse varias quendas.

    Sobre a Rede CeMIT

    A Rede de Centros para a Modernización e a Inclusión Tecnolóxica de Galicia, Rede CeMIT da Xunta de Galicia, configúrase como un importante vehículo para a posta en práctica de iniciativas orientadas a impulsar as TIC e a Sociedade da Información na nosa comunidade e tamén das políticas de goberno en áreas como a empregabilidade, competitividade empresarial, e-inclusión, benestar e a e-Administración. O concello da Guarda manten a aula CEMIT en funcionamento grazas a un técnico contratado a través da liña 3 do plan concellos da Deputación de Pontevedra, de fomento de emprego.

    Conformada por unha serie de aulas públicas de acceso libre e de balde, dotadas de avanzado equipamento informático, audiovisual e multimedia, contan con acceso a Internet e abarcan a totalidade das comarcas de Galicia.

    LIBROS

    Alberto Mancebo, «O que me quedaba por dicirche»

    Poderiamos afirmar que nos últimos meses algo se está a mover na literatura galega pola aparición de novos autores que nos sorprenden gratamente pola frescura das súas propostas.

    Antón Riveiro Coello, «Hotel Carioca»

    Antón Riveiro Coello volve a demostrar a súa rara habilidade para a construción de historias nas que xoga a mantenta coas personaxes e mais co lector.

    Branca Novoneyra, «As cunchas baleiras»

    Logo dunha longa década de escrita íntima e de reflexión, Branca Novoneyra decide facer público un novo poemario de clara vocación estética e simbólica como é «As cunchas baleiras», que ela mesma concibe como unha «antoloxía» dos versos que saíron da súa pluma ao longo de todo este tempo.