22.6 C
Pontevedra
Xoves, 28 de Setembro de 2023
Máis
    HomeBaixo MiñoA GuardaA Guarda acolle o I Tándem e Cociña Internacional

    A Guarda acolle o I Tándem e Cociña Internacional

    O vindeiro sábado día 10 de xuño de 2023 en horario de 10:30 a 13:30 no San Xerome Emiliani terá lugar o I Tándem e Cociña Internacional para a mocidade en A Guarda, o cal se organizou coa finalidade de crear un espazo de ocio para as persoas voluntarias que actualmente se atopan traballando no noso municipio e á rapazada do pobo.

    Neste encontro realizaranse diversas actividades fundamentalmente un Taller de Cociña no que realizarán e se degustarán diversas receitas italianas, ucranianas e españolas. A continuación, móstrase o programa do encontro:

    Programa do encontro

    10:30 – 10:45

    • Recepción e benvida dos participantes.

    10:45 – 11:30

    • Dinámicas de presentación.

    11:30 – 12:00

    • Presentación dos proxectos das persoas voluntarias coa realización dunha microobra.

    12:00 – 13:30

    • Taller de cociña internacional e degustación das receitas elaboradas polos propios participantes.

    O encontro é totalmente gratuíto. Non é preciso inscrición previa, para máis información na Omix da Guarda no enderezo informacion@aguarda.es ou no 986610000 ext.7. Neste encontro colaboran O Concello de A Guarda, San Xerome Emiliani e a entidade FOCO.

    LIBROS

    Alberto Mancebo, «O que me quedaba por dicirche»

    Poderiamos afirmar que nos últimos meses algo se está a mover na literatura galega pola aparición de novos autores que nos sorprenden gratamente pola frescura das súas propostas.

    Antón Riveiro Coello, «Hotel Carioca»

    Antón Riveiro Coello volve a demostrar a súa rara habilidade para a construción de historias nas que xoga a mantenta coas personaxes e mais co lector.

    Branca Novoneyra, «As cunchas baleiras»

    Logo dunha longa década de escrita íntima e de reflexión, Branca Novoneyra decide facer público un novo poemario de clara vocación estética e simbólica como é «As cunchas baleiras», que ela mesma concibe como unha «antoloxía» dos versos que saíron da súa pluma ao longo de todo este tempo.