10.4 C
Pontevedra
Xoves, 28 de Marzo de 2024
Máis
    HomeBaixo MiñoA GuardaA Guarda elabora un amplo abano de actividades para o Día de...

    A Guarda elabora un amplo abano de actividades para o Día de Rosalía 2019

    0 24 de febreiro de 1837 nacía Rosalía de Castro, a escritora máis representativa da literatura galega, e é por iso que o 24 de febreiro é o día escollido para rememorar a súa obra e figura en toda Galicia. Dende a Concellería de Cultura do Concello da Guarda, cada ano se preparan variadas actividades nas que se busca a implicación de diferentes colectivos, moi especialmente o alumnado dos diferentes centros. Para este ano 2019 buscase estender a participación ás asociacións, hostaleiros e público en xeral con diversas actividades.

    Actividades na hostalaría
    Os restaurantes, taperías, cafeterías, ou bares poden unirse á iniciativa Caldo de Gloria que promove a Fundación Rosalía de Castro entre todos os hostaleiros do país. A proposta consiste en ofertar dentro dos menús habituais, a carta ou como tapa, durante o fin de semana do 22 ó 24 o «Caldo de Gloria», receta que aparece dentro do poema Miña casiña, meu lar no que a poeta explica como facer un caldo humilde e no que se relata a épica diaria da supervivencia.

    Os establecementos participantes nesta iniciativa poden recibir da Fundación Rosalía manteis individuais co poema de Rosalía, ademais dun cartel publicitario para colocar na porta ou vitrina do local. Para beneficiarse desta publicidade é necesario comunicar a participación no Departamento de Cultura do Concello da Guarda antes do 13 de febreiro.

    Actividades para Asociacións e grupos de música
    Se eres unha asociación ou grupo musical, a Concellería de Cultura convídate a participar na iniciativa «Rosalía nas Redes». Só tes que facer unha gravación co teu grupo ou colectivo musicando ou recitando un poema, ou versión musicada de Rosalía de Castro da túa elección e compartilo no facebook e no twiter baixo o hashtag #Rosalíate #Aguarda etiquetando a @culturaguarda.

    Actividades para amantes da poesía
    Se eres un amante da poesía, da obra de Rosalía ou simplemente te apetece participar da lectura de poemas da autora, podes participar no Concerto-recital que o día 23 de febreiro celebrarase no Centro Cultural ás 20:30h. lendo un poema. Para elo debes anotarte antes do 15 de febreiro no Departamento de Cultura do Concello (986 610 000 ext.5 ou cultura@aguarda.es)

    Estas actividades serán complementadas coa obra de monicreques “A Viaxe de Rosalía”, programada en horario escolar para o alumnado dos centros escolares e o Concerto do grupo Evoéh, sexteto musical que amosará unha coidada versión musical dos poemas de Cantares Galegos o sábado 23 de febreiro ás 20:30 h. no Centro Cultural.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.