20.4 C
Pontevedra
Luns, 14 de Outubro de 2024
Máis
    HomeA ParadantaCoveloO Concello de Covelo traballa na posta en valor de lugares de...

    O Concello de Covelo traballa na posta en valor de lugares de interese comunitario

    O Concello executa actuacións de conservación no sobreiral e recupera para uso público espacios da Rede Natura 2000 no entorno do Río Tea

    O Concello de Covelo vén de realizar accións de recuperación de hábitats de interese comunitario e mellora da utilidade pública na zona de especial conservación do río Tea dentro do Termo Municipal. Os traballos desenvolvéronse ao abeiro dunha axuda para a realización de investimentos ligados a obxectivos agroambientais e climáticos en concellos incluídos na Rede Natura 2000, e no marco dun convenio coa Dirección Xeral de Patrimonio Natural da Xunta de Galicia.

    Levada de Redondo

    Deste xeito, neste proxecto, tense recuperado para uso público dentro do roteiro AQA, o primeiro tramo da levada que conducía a auga de rego dende o río Tea en Maceira ata o barrio de Redondo en Barcia de Mera, e restauráronse os pasos Porta Liñares no rego San Breixo ó paso do roteiro dos Carranos pola parroquia de Maceira.

    Sobreiral de Chan de Mos

    No mesmo período de traballo, durante os meses de setembro e outubro, tamén se desenvolveron accións de conservación no bosque de sobreiras de Chan de Mons na parroquia de Barcia de Mera, unha das mellores masas de Quercus suberda comarca de Condado-Paradanta. Os traballos consistiron nunha roza preventiva da matogueira en 3,5 Ha de superficie ocupada polos corticeiros e na eliminación das especies invasoras como o eucalipto e a acacia.

    O proxecto viuse complementado por actuacións de mellora da accesibilidade e sinalización na Rede Municipal de Roteiros do Concello de Covelo.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.