12.5 C
Pontevedra
Mércores, 17 de Abril de 2024
Máis
    HomeA ParadantaCoveloCovelo estrea una praza en A Lamosa e a nova rede de...

    Covelo estrea una praza en A Lamosa e a nova rede de saneamento en A Graña gracias ao Plan Concellos da Deputación

    Santos Héctor: “Son dúas obras espectaculares, que contribúen á mellora da calidade da vida e a preservar o medio ambiente no medio rural”

    O investimento de preto de 184.000 euros por parte da Deputación permitiu á veciñanza de Covelo dispoñer dunha nova praza ao redor da igrexa de San Bartolomeu de A Lamosa e unha rede de saneamento que acaba cos problemas no núcleo de A Graña, dous núcleos do territorio municipal que veñen de recibir o impulso do Plan Concellos. O deputado de Cooperación, Santos Héctor, e o alcalde, Juan Pablo Castillo, visitaron as obras e destacaron a mellora que supoñen para a prestación de servizos públicos de calidade dende o rural.

    Santos Héctor cualificou as obras como “espectaculares”, pois contribúen “á mellora da calidade de vida e tamén do medio ambiente no medio rural”. En A Lamosa, subliñou, gáñase “unha contorna preciosa, que invita a gozar do patrimonio”. Engadiu que este espazo dispón agora dun pavimento digno “que invita” e concluíu que “Covelo gañou unha praza”. En canto ao saneamento de A Graña lembrou que é case un quilómetro de tubaxes e, ademais, fai posible unha senda peonil para a veciñanza. Pola súa banda, o alcalde de Covelo destacou que trátase de dúas actuacións que eran moi necesarias “e foron ben pensadas e ben executadas”. Por este motivo expresou o agradecemento á Deputación “e tamén pola calidade dos remates das obras, feitos con gusto e unha moi boa estética”.

    As obras de acondicionamento patrimonial da praza da igrexa de San Bartolomeu de A Lamosa tiveron un  orzamento de 121.020 euros e supuxeron a creación dun espazo de convivencia veciñal na contorna do templo, o palco da música, o peto de ánimas e o cemiterio. Un conxunto patrimonial que agora queda embelecido e en perfectas condicións de uso. O anterior pavimento de cemento e terra, moi deteriorado, foi substituído por lousa de granito nunha superficie duns 750 metros cadrados e zonas complementarias de “adoquín” rústico, con outros 300 metros de superficie. Colocouse tamén unha varanda de seguridade, bancos, unha árbore e, finalmente, pintouse o palco. A maiores dotouse á zona dunha praza sinalizada para aparcamento de persoas con diversidade funcional.

    Na outra punta do municipio, en A Graña, a subvención de 62.255 euros da Deputación a través do Plan Concellos fixo posible a  construción da rede de saneamento que dá servizo xa a 15 vivendas. Un colector que, ademais, quedou preparado para catro novas redes secundarias que se estenderán por todo o núcleo, permitindo o seu saneamento integral nun ámbito moi próximo ao río Tea. O proxecto consistiu no tendido de tubaxes de 315 a 160 milímetros de  sección en función das características dos tramos e a reposición de tódolos pavimentos de asfalto, formigón e pedra afectados.

    A Deputación leva investidos máis de 4,5 millóns de euros en Covelo dende que no ano 2015, Carmela Silva chegou á Presidencia e cambiou o modelo de relación cos concellos, establecendo un financiamento regrado e sostido con achegas anuais a través do Plan Concellos. No caso de Covelo, realizáronse 31 obras, subvencionáronse 34 actividades socioculturais municipais e fíxose posible a contratación de 95 persoas para prestar funcións temporais en diversos servizos municipais. Covelo é, ademais, un dos concellos da provincia que  obtivo financiamento no marco dos dous Plans extraordinarios convocados pola Deputación neste período. Así logrou, en concorrencia competitiva, 287.407€ para a Mellora e Humanización da praza de Barciademera (Plan de Reequilibrio) e outros 91.323 para a mellora da seguridade viaria de Covelo, Maceira, Casteláns, Barciademera, Santa Mariña, Prado e Paraños (Plan DepoRemse).

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.