16 C
Pontevedra
Venres, 24 de Marzo de 2023
Máis
    HomeA ParadantaCoveloAberta a participación cidadá para deseñar o VII Plan de Formación de...

    Aberta a participación cidadá para deseñar o VII Plan de Formación de Covelo

    A Concellería de Emprego e Formación, que dirixe Lourdes Enes, informa que xa está en marcha a enquisa do proceso de participación veciñal do VII Plan de Formación 2023.

    Os orzamentos do Concello contemplan por sétimo ano consecutivo unha partida orzamentaria para a execución do Plan de Formación dirixido á veciñanza do Concello, con preferencia para as persoas desempregadas.

    “Co obxecto de determinar os cursos máis axeitados e a programación ao longo do ano, sométese o plan a consulta pública para que tódalas persoas interesadas poidan facer as súas propostas tanto das temáticas dos cursos que lle gostaría facer como da calendarización”, explica a concelleira.

    A cidadanía poderá elixir entre os cursos de acompañante de transporte escolar, alfabetización dixital, busca de emprego, contabilidade, informática, manipulador de alimentos, primeiros auxilios, operador apilador-transpalet eléctrico, operador de carretillas elevadoras, operador de ponte grúa, primeiros auxilios e xestión de stock e control de almacén. Como novidade preséntase o curso de apicultura de alto interese na zona dadas as características medioambientais de Covelo e que pode supor un bo aproveitamento dos recursos naturais obtendo produtos de alta calidade.


    As persoas dispoñen de distintos xeitos de participar, poden cubrir a enquisa e presentala a través do correo electrónico covelo.culturalourdesenes@gmail.com, ou a través da sede electrónica na páxina web www.concellodecovelo.es ou nas oficinas de rexistro do Concello de Covelo ata as 14 h do 10 de febreiro de 2023.

    “A intención é deseñar plans efectivos que cubran as necesidades das persoas e os sitúen nunha mellor plataforma de acceso ao mercado laboral”, conclúe Lourdes Enes.

    COLABORACIÓNS

    Miguel Sande, «Brinde e desespero»

    Miguel Sande está a presentar o seu novo poemario, «Brinde e desespero», co que recentemente acadou o XXV Premio Johan Carballeira. Xa falamos noutras ocasións neste mesmo espazo de como se están a diluír a cotío as xa febles liñas que separan os distintos xéneros literarios. «Brinde e desespero» é unha proba máis pois, a pesar da súa inequívoca cadencia lírica, Sande xoga a brincar con habilidade sobre as lindes da poesía para adentrarse no terreo da narrativa e darlle forma a unha prosa poética ben particular.

    Arantza Portabales, «O home que matou a Antía Morgade»

    Abad e Barroso chegaron un día para quedar, para alternar con Leo Caldas, Frank Soutelo e algúns dos outros detectives de referencia da literatura galega dos últimos anos.

    “Nigeria 70”, una trilogía para escuchar

    El Sello inglés Strut nace a finales de los 90. En el año 2008 es adquirido por el Sello !K7 Music, con sede en Berlín, Londres y Nueva York. Strut tiene como misión desenterrar las joyas perdidas del pasado de la música de baile.

    Xosé Monteagudo, «Vémonos mañá»

    Realidade e ficción conflúen na última proposta narrativa de Xosé Monteagudo, «Vémonos mañá», na que presenta o que poderiamos considerar unha dupla biografía novelada.

    Colaboradores

    Alberto Aliaga Sola
    20 POSTS0 COMMENTS
    Bea Sanfa
    14 POSTS0 COMMENTS
    Manrique Fernández
    81 POSTS0 COMMENTS
    Paz de la Peña
    41 POSTS0 COMMENTS
    Ricardo Canosa Bastos
    14 POSTS0 COMMENTS
    Roberto Mera
    6 POSTS0 COMMENTS
    Avatar
    1 POSTS0 COMMENTS