2050, verán 46 °C… en España

No 2050 España terá o clima de Marrocos e o norte de Europa, terá o clima que agora temos nós No 2050 España terá o clima de Marrocos e o norte de Europa, terá o clima que agora temos nós

Debo falarlles habitualmente de pesca pero, de cando en vez, debemos tratar outros temas que afectan tanto a pescadores como aos que nono son. Para moitos, isto do cambio climático é como unha cousa lonxana, como algo que non nos afecta, que está moi afastado de nós, pero a realidade é que xa o temos na chepa. Guste ou non.

Vense falando do cambio climático dende tempos mais ou menos recentes pero a ameaza pesa desde hai moitos anos. A industrialización y a desertización da selva amazónica no século XX está pasando factura.
Galicia ten clima atlántico menos en duas zonas concretas –Ribeiro e Rosal- que son clima mediterráneo. Diversos estudos coinciden en que Galicia pasaría a ter clima mediterráneo agás nas devanditas zonas que o terían tropical. Éche o que hai. Uns 100 anos serían suficientes para que as praias de Samil, Nigrán e Silgar –por citar exemplos– competisen co Bora Bora.

Había que invertir a tendencia, había que conseguir reducir as emisións de CO2 para que o efecto invernadeiro non nos colocase no ecuador do planeta. Isto foi hai poucos anos e falábase de cambios dramáticos.

Agora, acaba de publicarse o informe EQUO, dirixido polo climatólogo e membro do Panel Internacional para o Cambio Climático da ONU Jonathan Gómez Cantero, e xa non fala do ano 2100, fala de pasado mañá e pon os pelos como escarpias: se non se actúa contra o quecemento global con absoluta decisión, en 2050 España terá o clima de Marrocos. O estudo conclúe que ista será unha das consecuencias da suba das temperaturas e a baixada das precipitacións a nível global.

Cun aumento da temperatura de 2º C, o sur de Europa terá un clima semellante ao norte de África mentres o norte de Europa mudaría ata ter un clima semellante ao que agora temos no sur do continente. Non sei qué me provoca mais pavor se imaxinar aos noruegos con clima mediterráneo ou aos galegos con clima norafricano.

Ademáis dos impactos medioambientais, o informe alerta dos económicos que poden carrexar alteracións en diversos sectores da economía como por exemplo o marisqueiro en Galicia coa suba da temperatura do mar. Os ecosistemas acuáticos continentais e as zonas costerias sufrirán intensamente os efectos. Os bosques terán que enfrontarse a un maior número de secas e incendios, e os ambientes de alta montaña poderán quedar exentos de neve e glaciares en prácticamente toda Europa.

Para evitar este escenario, os autores do estudo propoñen transformar o modelo productivo e de consumo actual, en particular o enerxético e o alimentario con fin de diminuir o impacto na temperatura media do planeta.

En 2008, o secretario executivo da Convención de Nacións Unidas sobre Cambio Climático, Yvo de Boer, advertíu ao presidente do goberno español José María Aznar de que en poucos anos podería ver o Sáhara español dende a ventá da súa casa.

Miguel Piñeiro

Escritor, periodista y editor

miguelpesca.com