O meu andel

Farruco Graña, "O soño de Xoán"

Dicir que “O soño de Xoán” é unha novela histórica pode ser que non se corresponda exactamente coa realidade, pois diso falamos: de realidade. Nesta historia mistúrase con mestría a realidade documentada, sobre a que o autor ten traballado arreo (iso nótase ben ao ler a novela), e a fantasía que Farruco Graña, carballés de orixe, quixo espallar sobre a súa vila de adopción: Ribadeo.

Álvarez Cáccamo, "As últimas Galerías"

Xosé María Álvarez Cáccamo tennos afeitos á súa lírica, malia que tamén ten tocado xéneros como o relato breve, o teatro, a literatura infantil ou o ensaio. Neste caso preséntanos a súa primeira novela longa, “As últimas galerías”, que xira arredor da memoria como espazo vital e da súa recuperación como un xeito eficaz de entender o noso entorno.

Dous poemarios

A colección “Libros do Sarela”, da editorial Alvarellos, vén de sacar do prelo os dous volumes de poesía premiados na XL Edición do certame máis antigo de toda Galicia, o do Concello de Vilalba: “Abrindo fiestras en carne viva”, do ferrolán Carlos López, e “Cinza de estrelas”, da luguesa María Isabel Vázquez, gañadores do primeiro e segundo premio respectivamente.

Ledicia Costas, "Un animal chamado néboa"

Logo do éxito indiscutible de “Escarlatina, a cociñeira defunta”, un libro para nenos, Ledicia Costas cambia o seu rexistro completamente para adentrarse na escrita para adultos e presentarnos “Un animal chamado néboa”. Trátase dun traballo que recolle media ducia de relatos que, de primeiras, teñen un elemento común: estaren ambientados na Segunda Guerra Mundial. É o nexo de unión máis evidente, pero existen outros, como o retrato da barbarie humana ao que asistimos en cada un deles.

Suscribirse a este canal RSS