Unha batalla entre reis no Castelo do Sobroso, A batalla de Portela de Areas

Nos remontamos o ano 983, nunha Península Ibérica onde a fronteira cos musulmáns (Al-Andalus) situábase no río Douro, e a situación interna no reino cristián chamado de León (pero os musulmáns chamaban de Galicia), moi convulsa e nuha crise política.

Antes dos feitos a esta batalla, chamada nas crónicas de Portela de Areas ou Arenaria, sentábase no trono un monarca débil e con apoio intermitente dos nobres e aristocracia, Ramiro III. A situación para este rei, tras súa esnaquízante derrota no ano 981 na batalla de Roda ou Roa (Burgos ou Zamora) ante os musulmáns, dirixidos por un recente ascendido o poder chamado Almanzor (si o famoso que arrasou Santiago logo no 997), fixo que parte da nobreza, sobre todo a galaica encabezada polo poderoso conde da Portucalense (norte de Portugal) Gonzalo Menéndez, alzaran rei en Galicia o primo de Ramiro, chamado Vermudo. Este acto de rebeldía separaba os reinos de León e Galicia.

Este novo rei galego, Vermudo II chamado o Gotoso (pois tiña o mal da gota), era fillo dun rei anterior, Ordoño III, e estaba moi vinculado a terra galega pois criarase en Santiago e casara cunha esposa de poderosa liñaxe, do propio Gonzalo Menéndez. A resposta do debilitado Ramiro non se fixo esperar, xuntou un exercito leonés e posiblemente con axuda do forte e novo Condado de Castela, e entrou na Galiza.

Há discusións e moi poucos datos de onde se librou este enfrontamento entre Ramiro e Vermudo, pero dúas son as máis aceptadas, que foi na zona de Monterroso e Antas de Ulla, máis concretamente na zona e paso de montaña do Monte Farelo (terra que aprecio muito e ten boa hipótese), ou outra, que sinala esta batalla na zona do Castelo do Sobroso, nas Terras do Condado.

O antigo nome de Vilasobroso era Portela, inda que este sexa un topónimo moi común nese tempo como sinala o meu amigo José Márquez Paramés no seu libro “Sobroso, baluarte histórico de Galicia”. Neste caso, Ramiro non se dirixiría cara Compostela, senón contra o centro de poder directo de Vermudo e súa man dereita, o conde Menéndez, o sur galego e a Portucalense, onde se sabe que ambos tiñan residencia por estes tempo.

Durante a batalla, que o parecer puido durar varios días de refregas e retiradas, finalmente pasa algo éstrano, quedan en tablas, e dicir non tivo vencedor. Iso si, din as crónicas da época que nesta morreron muitos fortes e valorosos homes. Tras a batalla, sábese Vermudo se refuxiaría no castelo do Sobroso, que tal vez o tiña como segunda baza, e dicir se era derrotado en luita, protexerse e resistir tras os muros do castelo (esta é a primeira referencia coñecida de esta fortaleza), o que fai semellar que non podía estar moi lonxe da batalla.

En canto a toponimia, tal vez se pode atopar algo máis, sempre como hipóteses, pois nesa zona do val medio do río Tea, aparece no parrochiale suevo a parroquia de Aureas, que ven de “aurum” (ouro), posto que o Tea esta cheo destes xacementos e minería romana para súa extracción, existindo inda a día de hoxe a antiga parroquia de Areas (que da nome a PonteAreas). E dicir, que Portela de Areas fose en realidade A Porta de Areas, a entrada as terras de Areas. Tamén na zona, agora na veciña parroquia de Cumiar, existe o topónimo de “Areal de Fontes”, que se sitúa fronte a fortaleza do Sobroso a pouca distanza.

Para rematar, dicir que esta batalla o que realmente debilitou foi o rei Ramiro, o cal perdeu o apoio de varios poderosos condes de León que cambiaron o bando de Vermudo da Galiza, que resistiu e rexeitou o exercito real. Tan só dous anos despois Ramiro morrería en éstranas circunstancias en Astorga, pasando agora a coroarse como Vermudo II seu rival, de forma lexitima en León. Pero a situación a partir de agora íase complicar e muito para os cristiáns, pois no panorama aparecía o caudillo Almanzor o outro lado da fronteira, que segundo a tradición oral tamén estivo no castelo do Sobroso, pero esa é outra historia.