A pegada dos templarios no Condado

Non se leva muito investigado e escrito sobre esta tema, pero vos podo garantir como veredes neste artigo, que esta famosa orde relixiosa e militar cristián, deixou legado na bisbarra do Condado. No ano 1211 o rei coa corte en León, Afonso IX, outorgar a Orde Temple a vila e fortaleza de Ponferrada, o tempo que concede no territorio galego actual terras en Lemos, A Limia, Cambre e Faro, e en San Miguel de Canedo.

Na actualidade en Canedo, Ponteareas, se asenta o Convento Franciscano de San Diego de Canedo, pero o de San Diego e algo máis actual, pois sabemos que esta edificación é do século XIV, cando era unha casa forte ou pazo dos Sarmiento. A comezos do XVI seu señor, Diego de Soutomaior e Mendoza, á doa a orde Franciscana, que estaba establecida en Salvaterra de Miño. Como mérito a doación, se nomea de San Diego, nome de seu último propietario.

A Orde Franciscana sempre tivo grande referencia coa Templaria, de aí que a simboloxía sexa similar, como a “Cruz de Tau” ou as “cinco cruces do Santo Sepulcro de Xerusalén”, terra onde se fundou a Orde Templaria. A día de hoxe estes símbolos inda de poden ver no convento de Canedo. Pero tal vez o lugar onde se estableceron aqueles primeiros templarios, non foi na zona do actual convento, senón máis abaixo onde o pequeno regato que baixa da Picaraña, no chamado lugar da “Igrexa Vella”, da cal xa non quedan restos, pero si podemos atopar polas casas máis antigas dos redores pedras talladas que segundo os propios veciños, saíron desta.

Pero non se quedaron só nas terras de Canedo, senón que cando menos estenderon súa influenza a outros lugares do entorno, como o que puido ser o primeiro mosteiro da parroquia de Arcos, o cal súa última herdeira, a igrexa parroquial actual, garda no muro de fora de súa ábside traseira, unha cruz templaria.

templarios02 memorias da terra

Máis restos aparecen na igrexa parroquial da veciña Bugarín, onde a parte da cruz templaria no testeiro da ábside (parte traseira da igrexa), aparece na base do cruceiro case agochado por un altar, outra cruz templaria xunto a unha espada tallada. Tamén sobre a entrada da antiga casa da obra, aparece outro grande escudo, onde aparece unha cruz similar a de Santo André e dúas lanzas, semella claramente un escudo dunha orde relixiosa militar. Pensamos que estes restos foron trasladados dende outro lugar cércano a actual igrexa.

Outra curiosa capela, tamén chea de lenda e historia, é a de San Pedro de Mondariz Balneario, do século XII-XIII. Esta capela tamén ten como en Bugarín, no testeiro de súa ábside a cruz templaria. Pero tamén garda unha lenda moi curiosa, pois se di que alí casaron o rei portugués Don Dinis e Dona Isabel de Aragón, coñecida logo como Santa Isabel, reis moi vinculados co Temple, pois recordar que Don Dinis deu asilo a todos os templarios perseguidos despois de ser pugnada a orde, e con eles fomentou a Orde de Cristo, a cal copio a propia simboloxía templaria, moi curiosa esta lenda, inda que oficialmente estes reis casaron noutro lugar. Como curiosidade, estes catro lugares rodean o enigmático e máxico monte da Picaraña.

Por último, queda San Pedro de Angoares, de novo en Ponteareas. A historia desta parroquia e moi rica, foi unha vila romana destruída no século V, despois pasou a ser un pequeno mosteiro suevo, para dar lugar no século XII a un maior mosteiro medieval. A día de hoxe pódense ver nas súas pedras de fora, inda restos deste esplendor nas súas pedras esculpidas e talladas. Destacaremos dúas, nunha que aparece a Flor de Lis, moi importante na Francia medieval, que é de onde procedían a maioría dos templarios así como seus grandes mestres, que foi influencia na cruz de outra orde moi ligada a Temple, a Orde de Santiago, a cal as cabezas de súa cruz estandarte remata en flores de lis.

A outra, por desgraza atopase case desaparecida, un sillar tallado na que se podía ver ate fai pouco a cruz de Santo André alzada, case idéntica a de Bugarín, que semellaba claramente marca dunha orde militar relixiosa.

Para máis datos e fotos, podedes visitar o traballo no enlace de abaixo, o cal vos deixará sen duvida da pegada desta famosa e enigmática orde no Condado. Unha pegada curta pero pensamos que intensa, sen máis, nos vemos en novos artigos e aventuras.