O nome de Ponteareas significa «A Ponte do Ouro»?

Comezamos ano con algo que semella interesante e moi pouco coñecido, o significado do topónimo Ponteareas. Claramente a base do asunto, e a antiga Ponte dos Remedios que cruza o Río Tea, medieval de posible orixe romana, pero temos varias hipóteses sobre a mesma ponte. Descartemos totalmente o mito de Ponte Arenas, referido a “area” que non ten pes nin cabeza.

Popularmente, sóese referir o nome composto Ponte Areas ou a Ponte de Areas, e dicir da parroquia de Areas, parroquia que si e muito máis antiga ca propia Ponteareas, e que a propia ponte dos Remedios si estivo en súas terras. Certamente é evidente, pero que significa “Areas”? Para sabelo faremos unha pequena viaxe no tempo moi produtivo o período romano e suevo que vos vai sorprender.

Fai entorno uns 2.000 ou 1.600 anos, en tempo do Imperio Romano, as terras do val do Tea tiñan unha actividade económica moi diferente a que temos hoxe, pois no propio caudal do río existiron unha serie de minas ou explotacións auríferas, e dicir, extraíase ouro do río Tea. O sistema era doado, escavábanse unha serie de canles, coñecidos aquí popularmente como Cobas ou Covas, por esas canles se desviaba o curso fluvial do río cara unha zona embarcadoiro, onde o quitar a auga e quedaba o material pesado, como os seixos e as pepitas de ouro depositadas, a isto chamábase zona de explotación, e era onde os antigos mineiros desta terra removían entre os sedimentos para sacar o apreciado ouro.

Desta maneira, temos só no concello de Ponteareas, restos arqueolóxicos de sete minas deste tipo, A Croa, A Barxamoura, As Cobas da Ponte, As Cobas, As Covas de Moreira, A Moscadeira e a Ribeira, e unha serie de castros inmediatos a elas moi defensivos, pois gardaban nada máis e nada menos, que ouro dentro, onde vivían os mineiros, como o da Croa e o Monte do Castro das Searas. A parte disto en tempo romano, no val do Tea subía unha antiga e importante Vía romana ou calzada, da cal ata inicios do século pasado conservábanse miliarios entre Padróns e Ribadetea. Ata algúns investigadores din que que puidera tratarse da Vía XIX do itinerario de Antonino, pero sen entrar en polémicas, sabemos que si era importante, e situados no corazón desa serie de minas romanas, pode estar a orixe da primeira ponte dos Remedios.

Coa caída do imperio romano, e o fin da explotación das minas, chegan a nosas terras da antiga Gallaecia, a tribo xermana dos Suevos, os cales fundan o primeiro reino do occidente europeo no ano 411, disto xa temos falado nestes artigos. Pero non só iso, senón que os suevos foron os primeiros tamén en declararse como reino cristián católico, e isto e moi importante pois de forma “cristián” por así dicilo, dividiron seu territorio no chamado Parrochiale Suevo, e aquí vai estar a clave da nosa hipótese.

E en tempo do famoso bispo San Matiño de Dume, cando se fai esta división, e o reino se divide en trece dioceses, e estas así mesmo 172 parroquias, que viñan sendo os principais núcleos de cada bisbarra onde existía unha misa fixa, de aí, de 'párroco', parroquia. Así nos aparece, na diocese de Tui, a capital histórica desta terra, a parroquia de 'AUreas', que claramente ven de 'AUrum', e dicir, ouro en latín.

É máis que posible, que esa Aureas sexa a nosa Areas actual, parroquia moi antiga onde se atopaba grande parte das minas de ouro (de aí seu nome) que era a máis importante da marxe oeste do Tea, sendo a máis importante da marxe este, Angoares, que non sabemos seu nome por aquel entón, pero si sabemos que tivo unha vila romana e posteriormente un mosteiro no lugar da igrexa parroquial actual.

Se sabemos que Aureas ou Areas ven de ouro, que estaba totalmente vinculada ao propio Tea, pois recordar os restos da antiga igrexa da Fos se atopan na ribeira do río, e que a Ponte dos Remedios era coñecida como a Ponte de Areas, nos da por lóxica que o significado da mesma ben sendo 'A Ponte do Ouro'.

E unha riqueza que nos conte tanta historia un simple topónimo, que nos recorda noso pasado mineiro dos antigos habitantes do Tea, nosos antepasados que vivían na Croa ou no castro das Searas, que sen sabelo, déronlle nome a principal vila do Tea, Ponteareas. Non é fascinante?!