Gómez Núñez de Pombeiro, “o noso rei do Sobroso”

Ten un forte bastión, muitos castelos e unha multitudinaria tropa de cabaleiros e infantes” . Isto dicía unha crónica sobre Gómez Núñez a comezos do século XII, e posiblemente ese forte bastión, referiríase a fortaleza do Sobroso. A este Conde de Torrono e Tui, moi descoñecido na nosa historia a día de hoxe, tocoulle vivir unha das épocas máis belicas da historia galega, o século XII, con guerras civís como a da famosa dona Urraca, ou a independencia de Portugal, onde sempre estivo en primeira liña.

Estímase que naceu entorno o ano 1070, posiblemente no lugar de Pombeiro, en Mouretán, actual concello de Arbo, onde existiu un mosteiro medieval, ese nome o acompañaría toda a vida, de Pombeiro. Casou con Elvira Pérez, filla do conde máis poderoso da Galiza por aquelas, Pedro Froilaz Conde de Traba.

Comezou no mundo da guerra coa guerra civil entre dona Urraca e seu fillo Alfonso, por aquelas coñecido como Alfonsiño ou o neno rei. Xunto o bispo máis famoso de Compostela, Xelmírez, e seu sogro o Conde de Traba, nomearon a Alfonso rei da Galiza en setembro do ano 1111, sendo finalmente derrotados na batalla de Villadangos (León) por o segundo marido de Dona Urraca, Alfonso O Batallador rei de Aragón.

Gómez debeu fuxir as súas terras, e o pouco tempo dona Urraca quixo renderlle contas e viu a nosa terra a guerrealo e apresalo, pero o fino Gómez, pedira axuda a Teresa de Portugal e seu marido Henriques, Conde de Portugal (por aquelas pertencente inda a Galiza), os cales cercaron a Doña Urraca e esta agochouse no castelo do Sobroso, do cal fuxiría por un suposto pasadizo, esta lenda a contaremos o final.

Nese tempo faise a man dereita dos condes de Portugal, guerrea baixo seu estandarte, e con este feito, fai que as terras de Tui estiveran na orbita portuguesa. Pero anos despois recibe unha chamada.

O neno que no pasado apoiara, Alfonsiño, agora era adulto e loitaba polas coroas de León e Castela. Como bo vasalo, con súa tropa desprazase a Castela onde ten un papel destacado nesas luitas. Finalmente acompaña cos seus homes o seu señor, que sería proclamado en León como Alfonso VII Imperator totius Hispaniae (emperador de Hispania).Era o 26 de maio do ano 1135, e Gómez gozaba de seu máximo esplendor.

Pero o final de súa vida, ía dar outro cambio totalmente radical. Portugal se independizara practicamente despois da batalla de San Mamede no ano 1128, onde Alfonso Herniques, fixo dos anteriores condes de Portugal, vence a seu primo Alfonso VII. Nestas guerras semella que Gómez intentou estar o marxe, pero pode ser que tivera delicadeza polo bando portugués, polo que posiblemente por medo a ser nomeado traidor, marcha a corte portuguesa entre os anos 1138 e 1140 e faise totalmente fiel o novo rei, Alfonso Henriques de Portugal.

Xa vello, o parecer seu espírito guerreiro non cesara, pois no ano 1141 encabeza un intento de invasión as terras galegas que finalmente fracasa, para logo desaparecer e posiblemente morrer na corte portuguesa. Semella que era devoto cristián, e das ordes relixiosas, así fai doacións os templarios e a orde do Clunny.

Gomez Nuñez, tocoulle vivir unha época convulsa e bélica, non se pode xulgar como bo nin malo, simplemente amoldouse os violentos actos desa época. Pero foi dos poucos fillos do Condado, Paradanta e Baixo Miño, que deixou seu nome forxado no tempo, por desgraza, a día de hoxe marxinado e esquecido. Esta lenda a forxou el mesmo, e agora podemos dar sentido e contesto grazas a súa astucia ante unha invasión do que eran súas terras, das cales era seu autentico rei.

O pasadizo de Dona Urraca no castelo do Sobroso

Estando a raíña dona Urraca cercada e rodeada no Castelo do Sobroso por seus inimigos da Portucalense (antigo nome do condado de Portugal), esta saíu por un túnel que se atopa supostamente no pozo da parte baixa da fortificación, saíndo no monte da Picaraña, escapando así da fortaleza.

Tamén se di que sae en Canedo ou nas ribeiras do Tea, en vez de a Picaraña.