As parroquias máis fermosas de Galicia, Pazos de Arenteiro

A parroquia de Pazos de Arenteiro asentase nun profundo val, xusto onde o río Arenteiro da súas augas o Avia, no concello de Bodorás (Ourense). O seu núcleo, é un pequeno casco vello histórico que semella máis dunha vila que dunha parroquia, súa riqueza e tal, que no ano 1973 foi declarada Conxunto Histórico Artístico.

Segundo o Catastro do Marques da Enseada, foi unha parroquia moi rica e poboada, o que da evidencia seu grande numero de pazos e casas grandes no conxunto histórico, ate nove, que deulle o propio nome a parroquia.

A súa igrexa abdicada a San Salvador, foi parte dun antigo mosteiro medieval propiedade ate o século XIX da Orde Militar de Malta. O redor da igrexa, atópanse algúns dos principais pazos, como o Pazo de Arriba, que pertenceu o liñaxe dos Cervela, cun impoñente escudo na fachada. Dende aquí parten as estreitas rúas e pequenas prazas.

Nos seus redores, na ribeira do río Avia, non faltan os muíños, pero o que máis destaca os restos dunha antiga ponte medieval, conservando un enorme arco en pe sobre o río.

Por último recordar a importanza de conservar os nosos conxuntos vellos e históricos, tanto nas cidades, vilas ou como neste caso no rural, pois un dos beneficios a parte do fermoso e a riqueza que gardan, e que a día de hoxe como neste caso, poidan vivir do turismo san e rural.