A lenda do vello cego e Almanzor no Castelo do Sobroso

O sempre espectacular Castelo do Sobroso

Todo é sempre máis amplo do que semella, e polo normal, o carón dun ben patrimonial material, sempre soe existir un ou varios inmateriais. Falamos como non das lendas, mitoloxía ou mitos, tan arraigado legado dende o pasado que nos conecta directamente coa nosa historia e Terra contada de maneira oral e popular polos nosos antepasados ate os nosos días, as veces de forma máxica, pero poucos lugares do mundo poden presumir de ter tanto substrato e riqueza nesta temática como a nosa meiga Galiza/Galicia.

Almanzor foi un famoso caudillo e ministro de Al-Andalus, grande e fero guerreiro que asolou os reinos cristiáns alá polo final do século X e inicios do XI, alcumado polos musulmáns como o victorioso, e polos cristiáns como o azote de deus. Unha de súas campañas máis celebre foi a do saqueo de Santiago de Compostela no ano 997, onde entrou na cidade do apóstolo e saqueouna só deixando en pe a tumba de Santiago, as propias campas do templo foron levadas a Córdoba para facer de lámparas na mesquita.

É moi posible que nesa grande campaña, subirá camiño de Compostela polo val do Tea cruzando o Miño en Salvaterra, posto que nos queda este rico substrato en dúas lendas, unha delas, é esta.

Despois de cruzar o río Miño Almanzor e seu exercito, dirixíndose o saqueo de Santiago de Compostela, decidiu mandar un de seus homes de confianza a ver se a fortaleza do Sobroso presentaría defensa, ou pola contra se seus donos fuxiran ante o avance de seu exercito.

Unha vez chegado o andalusí de confianza de Almanzor a Sobroso, viu que o castelo estaba baleiro, seus donos de seguro fuxiran de súpeto.

Como deixaran as despensas cheas de alimentos, o moro decidiu que foran a avisar a Almanzor da situación do castelo mentres el, con toda aquela despensa, prepararía unha grande cea para cando chegara seu señor.

Pero o moro, cando estaba preparando todo, comezou a escoitar unha melodía triste e melancólica que parecía saír do ar. Tratábase dun vello cego, o cal vivía nos redores do castelo e tocaba a zanfona, e cando escoitaba axetreo no castelo acercábase e tocaba a para os señores do Sobroso.

O moro, arrepiouse tanto ante aquel apagado son, que mandou cortar as mans a aquel vello cego e logo matalo, e tirar seu corpo preto das murallas. Pola noite, xa no banquete con Almanzor presente, todo corría con tranquilidade e festividade, ata que comezou a soprar o vento, tan forte que abriu as fiestras do Sobroso. O son do ar era un ruído melancólico e triste, polo que o moro recordoulle o son da zanfona do vello cego.

‘Sobroso, baluarte histórico de Galicia’, de José Márquez Paramés

Entre a incerteza dos presentes, o moro axeonllouse ante Almanzor e contoulle o suceso co vello e a musica de súa zanfona, que era igual que a do ruído do vento. Entón Almanzor dixo que quería ver o seu corpo morto, polo que foron a muralla onde tiraran o vello, a medida que se achegábanse, o vento sopraba máis forte e mellor se escoitaba a triste melodía. Cando viron o corpo, quedaron aterrados o ver que as mans mutiladas, seguían tocando a zanfona.

Aquilo foi unha maldición para Almanzor, conseguiu saquear Santiago de Compostela, pero morreu catro anos despois, despois de sufrir a única derrota en batalla de súa vida en Catalañazor, Soria.

Tamén se di, que se na Galiza o vento comeza a soprar forte, con un son melancólico, triste como de llanto, e a zanfona do vello, alertando que a terra galaica sufrira unha invasión ou desgraza.

Desta vez dende aquí quero recomendar un libro, da historia do propio castelo, chamado ‘Sobroso, baluarte histórico de Galicia’, escrito polo historiador local e amigo José Márquez Paramés.