Atrapa os teus soños

Moitos deixan atrás os seus soños a metade do camiño sen chegar nunca a coñecer a felicidade que dá conseguilo, atrapar o teu soño e pensar: o conseguín. 

Pero ese non é o caso do equipo IBERCONSA AMFIV, un grupo de homes e mulleres baloncestistas que xogan en cadeira de rodas. Estes homes e mulleres loitaron moi duro por acadar o seu soño e aínda que fose un chisco máis difícil para eles non se rendiron e iso tivo recompensas, algunhas tan grandes como gañar unha Euroliga.

Son homes e mulleres cunha forza inmensa que se prepararon durante moito tempo e con moito sacrificio para chegar onde están.

O pasado 26 de abril, os alumnos e alumnas do CEIP Pintor Antonio Fernández , entre outros moitos coles, fomos testigos dese enorme traballo, asistimos ao primeiro partido da Euroliga deste ano. O equipo do Amfiv comezou perdendo pero nós pensabamos: " ese marcador so indica quen meteu máis canastras, eles xa gañaron".

Ese día, eu e os meus compañeiros berramos ata quedar sen forzas para animalos. Ese día, todos e nenos e nenas que estabamos naquel pavillón, sentimos e aprendemos cousas moi fermosas. Foi un día que non esqueceremos nas nosas vidas.

Queremos dicirvos algo xogadores e xogadoras do Iberconsa Amfiv. Se dar o mellor de ti significa quedar primeiro, xenial, e se significa quedar quinto, tamén xenial. Sodes os nosos heroes, aínda que non levedes capa.