Alerta!!! Cambio Climático

Os nenos e nenas e mestres e mestras do C.E.I.P Pintor Antonio Fernández escribimos hoxe aquí para pedir axuda e berrar ben forte que estamos moi preocupados e preocupadas.

O noso planeta está moi enfermo, está morrendo pouco a pouco: os bosques desaparecen, os animais extínguense, os polos derrétense, o aire contamínase, os mares e océanos inúndanse de plástico, a capa de ozono desintégrase, o clima cambia perigosamente de forma drástica poñendo en perigo a vida de todos os seres vivos .

Por iso estamos aquí, porque a situación é moi grave e queremos pedir a todas as persoas do planeta que actúen xa!

Todos e todas podemos colaborar para que o noso planeta non siga enfermando, temos que parar esta situación tan grave e axudar a que a Terra se recupere.

Pedimos aos mandatarios e ás mandatarias do planeta Terra que tomen decisións inmediatas, e aos cidadáns e cidadás pedímoslles que sexan responsables co seus actos no día a día para non empeorar esta situación.

Temos dereito a desfrutar dun planeta limpo e san!

Non tedes dereito a estragar o noso futuro!

TEMOS QUE COIDAR O NOSO PLANETA!!!!!