Venres, 14 Novembro de 2025

Comarcas

Tui alberga este domingo o IX Campionato Ibérico de Kung Fu tradicional e moderno

Este domingo, o pavillón municipal Gustavo Rodríguez de Tui acollerá a novena edición do Campionato Ibérico de Kung Fu en modalidade tradicional e moderna.

Nigrán estrea a torre de xogo “máis alta da comarca” para dar una nova vida á praza Rosalía de Castro

A Praza Rosalía de Castro cobrou xa unha nova vida. O Concello de Nigrán abríu onte ao público a gran torre escalable de 10 metros de altura e con forma de foguete que preside o espazo central (no mesmo lugar que ocupaba unha fonte ornamental inutilizada). Aínda que xa en uso, será inaugurado oficialmente o luns 26 de Xullo a partir das 18:30 coa presencia de 'Benito e Rufina', de Troula Animación.

O PSOE de Ponteareas acusa á Xunta e PP local de ter paralizado “premeditadamente” a declaración BIC do Corpus

Tralo anuncio da alcaldesa de Ponteareas, Nava Castro, que a Xunta de Galicia inicia o procedemento para a declaración do Corpus Christi como Ben de Interés Cultural (BIC), o Partido Socialista ponteareán subliña que dito anuncio non fai máis que confirmar o que o PSOE leva dicindo nos últimos anos "que a Xunta de Galicia tiña a documentación metida nun caixón e nin sequera abrira o expediente para a súa tramitación".

Rematadas as obras de seguridade viaria na EP-2102 de Nigrán

A Deputación de Pontevedra vén de rematar as obras de mellora da seguridade viaria desenvolvidas na EP-2102 Nigrán-Vincios, no Concello de Nigrán, ao abeiro do modelo de mobilidade sostible promovido pola institución.

Últimos días de inscricións para o obradoiro “as abellas e as aromáticas” deste venres na Guarda

O Concello da Guarda continúa a terceira edición do ciclo “Sostendo o Futuro” coa finalidade de tomar conciencia en torno aos valores de sostebilidade e coidado da contorna.

Abertas as inscricións para o XXVII torneo de fútbol sala “Vila de Arbo”

O Concello de Arbo no seu interese para apoiar e promocionar o deporte, organiza o XXVIII torneo de fútbol sala “Vila de Arbo”. O torneo, xogarase en grupos. Os grupos dependerán dos equipos anotados.

Baiona acolle a presentación Campaña de Turismo de Galicia 2023

O alcalde de Baiona, Jesús Vázquez Almuíña, exerceu de anfitrión onte pola tarde na presentación da campaña de Turismo de Galicia 2023 “Galicia Senta Ben”.

Tui celebra o CXXXII Aniversario dos Xogos Florais de Galicia

O Concello de Tui conmemorará esta semana o CXXXII aniversario da celebración na cidade dos Xogos Florais de Galicia, que tiveron lugar do 24 ao 26 de xuño do ano 1891 e que marcaron un singular fito na historia de Galicia.

A 15ª edición da Policía Local Agasp realiza prácticas no Porriño

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, recibiu hoxe no Porriño xunto co alcalde Alejandro Lorenzo aos 78 integrantes da 15ª promoción de Policía Local que se está a formar na Academia Galega de Seguridade Pública (Agasp).

Concentración de autocaravanistas na estrea da nova área de estacionamento de Goián

O Concello de Tomiño vén de dar un paso adiante no turismo de autocaravana. Decenas de autocaravanistas déronse cita esta fin de semana en Goián na estrea da área de aparcadoiro situada preto da Escola de Música, unha zona con 8 prazas sinalizadas e que conta con todos os servizos necesarios para acoller a este novo tipo de visitantes.

Remata o obradoiro de defensa persoal de Salvaterra

Hoxe finalizou unha das accións a prol da igualdade e dentro das iniciativas enmarcadas no Pacto de Estado contra a violencia de Xénero a través do Ministerio de Igualdade, que é o Obradoiro de “Defensa Persoal”.

O Concello de Nigrán colabora coa programación da festividade de San Xoán

O Concello de Nigrán colabora un ano máis coa programación festiva de San Xoan en Panxón, os anos pasados organizándoa directamente ao non terse constituído comisión de festas e este a través do programa municipal 'Música nas Parroquias'.