Venres, 14 Novembro de 2025

Comarcas

A música clásica volve soar en Ponteareas co XI Festival Groba

O Festival Groba volverá converter este verán a Ponteareas no epicentro galego da música de cámara. A alcaldesa, Nava Castro, presentou este venres a undécima edición dunha cita que cada ano reúne a ducias de intérpretes de prestixio internacional.

A Xunta completa a distribución de bandeiras azuis 2023 coa entrega de dúas insignias á Guarda

A Xunta de Galicia vén de completar a distribución das Bandeiras Azuis 2023 na provincia de Pontevedra coa entrega, na xornada de onte, das cinco insignias pendentes aos concellos de Poio, A Guarda e A Illa de Arousa nun acto que tivo lugar no edificio administrativo de Campolongo.

Alejandro Alonso reforzará a atención ás persoas e a prestación de servizos

O alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, anunciou a nova estrutura do goberno local e delegacións de competencias. O rexedor aposta polo proxecto iniciado dende que preside a corporación dando continuidade ao labor que levaron a cabo os concelleiros no último ano.

Tui comeza o mes de xullo coa celebración do III Festival da Cultura Tradicional e Folk

A praza de San Fernando, o Paseo da Corredoira e o Teatro Municipal de Tui van ser este ano os escenarios do III Festival da Cultura Tradicional e Folk que organiza a Asociación Cultural San Telmo de Tui co patrocinio do Concello de Tui xunto a outras entidades.

A Entidade Local Menor de Pazos de Reis constituíu a súa nova corporación

Nun sinxelo acto de constitución, a nova corporación da Entidade Local Menor de Pazos de Reis quedou constituida este mediodía con Óscar Méndez coma novo presidente electo.

Carlos Núñez estará en Monteferro o vindeiro 6 de agosto

O Concello de Nigrán ofrece o 6 de agosto unha segunda oportunidade de ver a Carlos Núñez en Monteferro ante o 'sold-out' para o solpor do día anterior.

A contorna da igrexa das Eiras convértese nun espazo máis accesible

O Concello do Rosal vén de rematar as obras de transformación e mellora da accesibilidade da contorna da igrexa de San Bartolomeu, nas Eiras, uns traballos enmarcados no proxecto de recuperación da zona de elevado valor natural e patrimonial que vai dende a Ribeira ata a Madalena.

Ponteareas prepárase para celebrar o XIII Open Vila do Corpus de Pontevedra

Ponteareas quenta motores para acoller a treceava edición do Open Vila do Corpus de tenis, un dos eventos deportivos máis destacados da vila que se celebrará do 23 de xuño ao 2 de xullo nas pistas da Freixa.

Comezan as xornadas de “Almorzos Saudables” na Cañiza

Esta semana desenvolvéronse, nos centros escolares da Cañiza e de Valeixe, as primeiras xornadas sobre hábitos alimenticios, coincidindo cos últimos días das clases deste curso 2022-2023. Quedando programadas para o vindeiro curso novas accións neste mesmo eido.

Tomiño diploma a 15 novas persoas auxiliares en atención sociosanitaria a domicilio

O Concello de Tomiño entregou este mércores os diplomas acreditativos ás 15 persoas que participaron no último curso de formación como auxiliares de atención sociosanitaria a domicilio impartido pola empresa adxudicataria da prestación do servizo de axuda no fogar.

Redondela fai unha chamada de responsabilidade á veciñanza para a celebración de San Xoán

O Concello de Redondela anuncia as fogueiras programadas para celebrar San Xoan este venres 23 de xuño, todas elas contando coa autorización do goberno local por cumplir cos requisitos establecidos.

Volve a Baiona o festival de maxia “Baiona Pinta Maxia”

Baiona acolle este sábado 24 de xuño o Festival de Maxia “Baiona Pinta Maxia”. O evento, organizado polo Concello de Baiona, congregará a artistas de recoñecido prestixio dentro do ilusionismo como: Carlos Tomico e Sara Rodríguez, da cooperativa “Mangia na Manga”, Samuel Moreno ou Wocky.