Venres, 14 Novembro de 2025

Comarcas

Mos celebra o pleno organizativo da nova Corporación Municipal

Onte pola mañá celebrouse, no salón de sesións do Concello de Mos, unha sesión plenaria extraordinaria que constituíu o Pleno Organizativo da nova Corporación Municipal.

Tui humanizará a rúa Augusto González Besada e a Corredoira con fondos da Deputación

O Concello de Tui humanizará a rúa Augusto González Besada e a Corredoira Sur, incluíndo a praza da Inmaculada. Deste xeito, reunificarase a rúa Augusto González Besada, a praza da Inmaculada e a Corredoira nunha plataforma única.

Presentación da terceira fase de excavacións do “Castro de Pereiras”

O vindeiro venres 30 de xuño, no local da comunidade de montes de Pereiras, celebrarase a presentación da terceira fase de excavacións do "Castro de Pereiras".

O grupo de Facebook “Camiño portugués. Tui” acada os 6.000 seguidores

O grupo “Camiño Portugués. Tui” na rede social Facebook, promovido polo Concello de Tui en xullo de 2020, acadou estes días a cifra de 6.000 seguidores.

Curso sobre o cambio climático na aula UNED do Porriño

A aula UNED do Porriño acolle este verán o curso de extensión universitaria “Efectos do cambio climático en España e a problemática da súa comunicación”, impartido por profesionais da AEMET. A formación desenvolverase do 5 ao 7 de xullo e contempla un total de 20 horas lectivas (1 crédito ECTS).

O Concello da Guarda celebrou o obradoiro “As abellas e as aromáticas”

O Concello da Guarda celebrou o pasado venres día 23 de xuño un obradoiro o aire libre para os máis pequenos no Castelo de Santa Cruz.

Adxudicada a humanización da contorna da ermida de San Eleuterio en Mos

A Xunta de Galicia vén de adxudicar por máis de 786.000 euros a obra para a humanización da contorna da ermida de San Eleuterio, localizada na parroquia de Tameiga, no concello pontevedrés de Mos.

O Comité de Xestión Estratéxica da Eurocidade Cerveira-Tomiño define a dinámica para os vindeiros meses

A reedición en 2024 dos 'Xogos Eurocidade - Sen Fronteiras' e a definición das actividades conxuntas para os vindeiros meses foron algúns dos temas abordados o pasado mércores polo Comité de Xestión Estratéxica (CGE) da Eurocidade Cerveira-Tomiño.

O Ciclo Mestre Mateo 2023 continúa na Guarda este xoves coa proxección de “Life is life”

Continúa na Guarda o Ciclo Mestre Mateo, unha iniciativa da Academia Galega do Audiovisual que conta coa colaboración das catro deputacións provinciais, para poder amosar o mais novidoso e relevante do noso cinema nas vilas de Galicia.

Chegan as escolas deporitvas de verán a Ponteareas

O Concello de Ponteareas xa ten aberto o prazo de inscrición para participar nas escolas deportivas gratuítas que se desenvolverán durante os meses de verán.

O Porriño leva a pleno a proposta de orzamentos para o que resta de 2023

O goberno municipal do Porriño, que preside Alejandro Lorenzo, levará nas próximas semanas a pleno a súa proposta de orzamento para o que resta de ano.

Nigrán valora novas medidas para o vindeiro San Xoan

O Concello de Nigrán recibíu na pasada noite de San Xoan unha aglomeración de xente seguramente sen precedentes na historia do municipio.