Xoves, 18 Setembro de 2025

Comarcas

O Goberno da Guarda denuncia que o PP «intenta estrangular a xestión municipal»

O Concello da Guarda celebrou, ounte, 14 de xaneiro de 2020, un Pleno extraordinario co fin de aprobar a Conta Xeral do ano 2018 como estipula a lei. A conta xeral, segundo o Goberno local, "cumpre todos os requisitos para a súa presentación e aprobación no pleno, como son: o dictame da Comisión de Contas e a exposición publica da mesma, (sen que ninguén fixese alegacións) ademais de contar co informe favorable de intervención".

Francisco Conde e Digna Rivas visitan os obradoiros de emprego «Redondela Sostible» e «Redondela Vila Bela III»

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia Francisco Conde, acompañado pola alcaldesa de Redondela, Digna Rivas e membros do Goberno local, visitaron na mañá de hoxe as instalacións do Pousadouro, onde 36 persoas en situación de desemprego participan nos obradoiros ‘Redondela Sostible’ e ‘Redondela Vila Bela III’, iniciativas que se desenvolven ao abeiro do Plan Galego de Formación para o Emprego.

Comezan en Ponteareas as obras de ampliación e mellora do vial público en Duca

A concelleira de Vías e Obras, Chus Garrote, visitou xunto cos técnicos responsables do proxecto o vial de Duca no que mañá comezarán as obras de ampliación e mellora. As obras deste vial público, sito na parroquia de Santiago de Oliveira, foron adxudicadas por 128.109,04 € e dotarán dunha axeitada accesibilidade á zona de actuación.

O campamento de Nadal do Rosal amosou aos nenos e nenas as culturas do mundo

Un percorrido polo mundo e polas tradicións de Nadal en diferentes culturas. Así foi o campamento de Nadal organizado polo Concello do Rosal durante o mes de decembro e os primeiros días de xaneiro, posto en marcha co obxectivo principal de axudar ás familias rosaleiras a conciliar a vida laboral e familiar a través de actividades educativas e lúdicas coas que dinamizar o tempo libre dos nenos e nenas durante o período de vacacións escolares.

As e os participantes no curso de Teatro en Fozara, Ponteareas, reciben os seus diplomas

A concelleira de Formación e Emprego do Concello de Ponteareas, Vanesa Fernández, a tenenta de alcalde Cristina Fernández e a deputada de Cultura, María Victoria Alonso entregaron os diplomas do Curso 'Teatro' do programa 'Conectadas' da Deputación de Pontevedra no que participaron unha quincena de persoas

Juan Ángel Vaquerizo desvela en Nigrán canto hai de verdade nas películas de ciencia ficción

Juan Ángel Vaquerizo, investigador do Centro de Astrobiología, impartirá mañá mércores ás 19:30 horas no Salón de Plenos a charla ‘Ciencia “Fricción”: algo chirría en la pantalla’ co fin de desvelar canto hai de verdade e de ficción no que contan as películas.

O Concello da Guarda convoca unha reunión co comercio local para valorar a Campaña de Nadal

A Concellería de Desenvolvemento Local da Guarda vén de convocar unha reunión co sector do comercio local de cara a facer unha análise da pasada Campaña de Nadal 2019/2020. Neste encontro tamén terán cabida as proposta e ideas que permitan perfilar futuras liñas de actuación de cara á dinamización comercial durante esta e as vindeiras anualidades.

O IES Pazo da Mercé das Neves acolle a mostra integradora da Deputación «Sorrisos Transformadores»

A Deputación de Pontevedra e a Asociación de Familias de Menores Trans* de Galicia (ARELAS) levan este xoves ás Neves a exposición 'Sorrisos Transformadores', o proxecto fotográfico para a visibilización do colectivo LGTBI. A exhibición, que pode visitarse no IES Pazo da Mercé, inaugurarase cunha visita guiada e unha charla de Cristina Palacios, presidenta de ARELAS.

A biblioteca de Ponteareas premia ás súas usuarias e usuarios

O concelleiro de Cultura, Fernando Groba e o responsable da Biblioteca Municipal de Ponteareas, cos pequenos lectores agasallados

Carlos Costal gaña o «IV Torneo Intercentros de Xadrez» de Ponteareas

Hoxe 13 de xaneiro, e baixo a dirección de Alejandro de León (persoal administrativo do centro educativo), celebrouse no IES Val do Tea de Ponteareas a 'IV edición do Torneo Intercentros de Xadrez' coa participación dos alumnos do IES do Barral o IES Pedra da Auga e o IES Val do Tea.

Concello e escolares de Nigrán plantan 30 abetos no recen creado «Bosque de Nadal»

O Concello de Nigrán realizou este mediodía no parque público de Poutón (Vilariño) a plantación de 30 abetos reunidos na primeira campaña municipal de...

Veciñanza e comerciantes da Avenida Castelao de Ponteareas, convocados a unha xuntanza participativa

A Sala Multiúsos do Auditorio Reveriano Soutullo de Ponteareas acollerá, mañá martes 14 de xaneiro, ás 19:30 horas, unha xuntanza participativa á que está convidada toda a veciñanza e comerciantes da Avenida Castelao. A xuntanza, que se desenvolve no marco do Plan de Mobilidade elaborado polo Concello de Ponteareas, tratará temas relativos para definir "unha nova Avenida Castelao".