Xoves, 18 Setembro de 2025

O Baixo Miño

A Mancomunidade do Baixo Miño porá un autobús para asistir á manifestación en defensa da sanidade pública en Vigo

A Mancomunidade Intermunicipal do Baixo Miño, formada polos concellos da Guarda, O Rosal, Tomiño e Tui, súmase á manifestación convocada pola Xunta de Persoal da Área Sanitaria de Vigo.

O Museo presenta as obras dos nenos de Tui e Redondela, entre outros, realizadas nos obradoiros de ‘O Museo en Camiño’

O Museo de Pontevedra acollerá ata o vindeiro 24 de outubro a mostra que pecha o programa ‘O Museo en Camiño’ con traballos feitos por rapazada de Tui, Ribadelouro, Redondela, Cesantes, Arcade, Barro, Caldas de Reis, Valga, Pontecesures e Padrón.

Adíase a inauguración do skatepark de Tomiño

Debido ás desfavorables previsións meteorolóxicas, a inauguración da nova área de espazos deportivos situada na Alameda de Goián será APRAZADA ao próximo sábado 2 de...

A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Guarda mobilizarase novamente

A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Guarda, xunto co resto das plataformas en defensa da sanidade pública da Área Sanitaria de Vigo, súmase a unha manifestación convocada pola Xunta de Persoal da Área Sanitaria de Vigo.

O Concello de Tui edita un caderno didáctico e un mapa coa peregrinación de León de Rosmithal

O Concello de Tui vén de editar un caderno didáctico e un mapa para conmemorar o 555 aniversario do paso por Tui de León de Rosmithal camiño de Santiago de Compostela.

‘O País das Bandas’ ofrece esta fin de semana concertos en Tui, O Rosal, Baiona e Gondomar

Os concellos de Tui, O Rosal, Baiona e Gondomar acollen esta fin de semana senllos concertos do ciclo O País das Bandas, promovido pola Xunta en colaboración coa Federación Galega de Bandas de Música Populares no marco da programación cultural do Xacobeo 21-22.

Tui reformará o Centro Municipal de Piragüismo Quique Míguez

O Concello de Tui vén de recibir a comunicación por parte da subdirección Xeral de Promoción e Innovación Deportiva da concesión por parte do Consello Superior de Deportes dunha subvención de 599.863,23€.

Tomiño inaugurará este sábado un dos maiores skatepark da provincia

Este sábado terá lugar a inauguración da nova área de espazos deportivos situada na Alameda de Goián, que estará composta por unha pista de skatepark e unha pista polideportiva.

A Agrupación Musical de Vincios porá ritmo a noite do sábado do Rosal

A Agrupación Musical de Vincios porá o ritmo a noite rosaleira deste sábado. O grupo ofrece un concerto ás 21.00 horas na Praza do Calvario onde compartirá coa veciñanza todo o seu gran repertorio musical.

A Biblioteca Municipal do Rosal da voz aos ‘Contos de nenas grandes e pequenas’

Os contacontos no Rosal esta semana teñen voz feminina coa actuación de Tropa de Trapo, que traen o seu ‘Contos de nenas grandes e pequenas’ ao xardín da Biblioteca Municipal.

O Rosal aposta por ‘Educar en familia’

O Concello continúa apostando por acompañar ás familias rosaleiras na educación dos seus fillos. Por este motivo pon en marcha o proxecto ‘Educando en familia’, un espazo para que pais e nais poidan atopar resposta a moitas das inquedanzas que se dan no día a día, así como ferramentas para poder afrontalas.

Tui acollerá a celebración do II Congreso FEMUPO

Federación Pola Igualdade Das Mulleres Da Provincia de Pontevedra (Femupo) organiza por segundo ano consecutivo un congreso sobre igualdade, que nesta edición leva por título ‘Protocolos de atención a vítimas de violencia de xénero’.