Domingo, 20 Xullo de 2025

7 cativos saharauis pasan a tempada estival en Mos

0

Hoxe recibiuse no Concello de Mos aos 7 nenos e nenas saharauis que pasan as súas Vacacións en Paz en Mos. Trátase de Sara, Galia, Jadiya, Mulay, Muna, Salem e Marua, que gozan do verán con familias mosenses de acollida das parroquias de Louredo, Dornelas, Pereiras, Cela, Guizán e Mos.

Foron recibidos pola alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, a concelleira mosense de Política Social, Sara Cebreiro, e demais membros da Corpoción Municipal.

Os cativos asentados en Mos durante o verán poderán gozar do Campamento Municipal Infantil ‘Mañás de Verán’ así como saídas á piscina ao aire libre de San Eleuterio, entre outras iniciativas organizadas polo Concello.

O Concello de Mos participa no programa Vacacións en Paz organizado pola Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharaui desde fai moitos anos.

“Fai moita falla que poidan saír dos campamentos o maior número de nenos posibles, xa que están a pasar por momentos moi duros, con moita falla de axuda humanitaria. Coa acollida as familias poderán darlles unha alternativa para evitar a súa estancia nos Campamentos durante os meses de xullo e agosto, por teren as temperaturas máis altas (máis de 50º C), facilitar a asistencia sanitaria e de alimentación, e promover os valores de solidariedade entre o Pobo Galego e o Pobo Saharaui”, declarou a este respecto a concelleira de Política Social, Sara Cebreiro.

É xa histórica a estadía dos nenos saharauis que pasan a tempada estival no municipio de Mos grazas ao programa Vacacións en Paz promovido pola Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharaui.

Desde sempre, e igualmente este ano como non podía ser doutro xeito, os cativos saharauis poden participar ao longo de todo o verán en iniciativas organizadas pola administración local como o campamento infantil estival Mañás de Verán, así como coñecer a piscina ao aire libre de San Eleuterio, acudir a festividades e actividades municipais, deportivas, etc.

Asistencia médica

Un dos principais obxectivos do programa Vacacións en Paz é a asistencia médica dos nenos e nenas saharauis que veñen en acollida durante o verán. Existe un convenio co Sergas polo cal os cativos saharauis recén chegados poden beneficiarse de todo tipo de revisións médicas e se lles poñen as vacinas necesarias e correspondentes ás súas respectivas idades. Facilitar a atención sanitaria a estes nenos que non poden acceder á mesma no seu país de orixe é, sen dúbida, unha das finalidades máis importantes desta iniciativa solidaria.

117 nenos participaron na Escola de Verán do Concello de Baiona

0

A Escola de Verán 2023 de Baiona chega o seu fin con gran éxito de participación. Un total de 117 nenos participaron nesta iniciativa da Concellería de Igualdade do Concello de Baiona a través do Centro Municipal de Información á Muller, que cumple unha dobre función: promover a conciliación da vida familiar e laboral e ao mesmo tempo facilitar un espazo educativo e de entretemento para os nenos e nenas, favorecendo o seu desenvolvemento integral. A actividade é cofinanciada pola Deputación de Pontevedra no marco do Plan Concellos 2023(Liña 2).

O Alcalde de Baiona, Jesús Vázquez Almuíña, e a Concelleira de Igualdade, Sheila María González Martíns, achegáronse ata o CPI Covaterreña ao acto de clausura do programa municipal e intercambiaron opinións cos cativos e cativas sobre a súa experencia.

Os nenos e nenas participantes puideron gozar coas numerosas e variadas actividades organizadas, que incluíron desde xogos ata talleres e manualidades. A programación da escola deseñou un programa de actividades de lecer e tempo libre previamente programado para que os máis pequenos e pequenas disfruten do verán e coñezan diferentes lugares da localidade na que residen. Programouse unha saída semanal, na que puideron coñecer de primeira man o renovado museo flotante da Carabela Pinta, a Casa da Navegación…. Neste calendario de saídas colaboraron diferentes entidades locais, como o Viveiro de Sabarís que ofreceu un interesante percorrido polas súas instalacións.

O programa desenvolveuse ao longo deste mes de xullo, de luns a venres de 8:00 a 15:00h. no CPI Covaterreña e no CEP de Sabarís. Houbo flexibilidade no horario de entrada (de 8:00 a 9:15h. ) e no horario de saída (de 13:45 a 15:00h) para facilitar a conciliación das familias.

A Concelleira de Igualadade, Sheila María González Martíns, destacou que o vindeiro ano “ten como obxectivo prolongar a escola e que de comezo a fináis de xuño para favorecer a conciliación”. 

A escola de verán consolidouse como un servizo municipal de conciliación imprescindible que se iniciou como experiencia piloto no municipio en 2009 no CPI Cova Terreña como experiencia piloto ampliándose logo aos dous centros escolares.

Nava Castro visita as instalacións da empresa Kauman no 40 aniversario

A alcaldesa de Ponteareas, Nava Castro, achegouse onte ás instalacións da empresa ponteareá Kauman para coñecer os seus plans de futuro e expansión no ano no que a empresa celebra 40 anos.

Acompañada da Concelleira de Urbanismo, Silvia Fernández Táboas, e o Tenente de Alcalde, Jesús Cao, visitaron os interiores da fábrica da man do seu Director de I+D+i, Diego Rodríguez, e do Director de Márketing, Juan Rey, quen lles deron a coñecer o proceso de fabricación das bandas transportadoras de Kauman, unha das empresas líder neste sector.  A empresa prevé abrir proximamente novas liñas de fabricación.

Con máis de cen traballadores e traballadoras, Kauman é unha das empresas máis relevantes de Paradanta, e os representantes do Concello reiteraron o seu compromiso con facer todo o posible para seguir impulsando o crecemento de Kauman e de todo o tecido empresarial do municipio.

A Deputación de Pontevedra saca a poxa a colleita dos viñedos do Castelo de Soutomaior

A Deputación de Pontevedra saca a poxa pública a colleita e explotación da uva albariña e doutras variedades brancas dos viñedos situados na finca do Castelo de Soutomaior. Trala publicación do anuncio o pasado 26 de xullo, as empresas interesadas teñen de prazo ata este xoves 3 de agosto para presentar as súas ofertas. A Deputación inicia a poxa este ano cun tipo de saída de 1,40 euros por quilo de uva albariña e de 1,05 euros para outras variedades (prezos con IVE incluído), e cunha estimación de acadar os 20.000 quilos.

A adega que resulte adxudicataria (o único criterio que se terá en conta para a adxudicación será a poxa máis alta) farase cargo da vendima na finca do castelo e tamén do traslado da colleita. O ano pasado colleitáronse preto de 19.000 quilos de uva (máis de 16.000 quilos de albariña e outros preto de 2.500 quilos de godello) superando as previsións, estimadas en arredor de 12.000 quilos. Esta cifra supuxo, ademais, a maior colleita desde que a institución provincial implantou o sistema de poxa para a explotación dos seus viñedos.

A explotación vitivinícola do Castelo de Soutomaior remóntase ao ano 1984 e ocupa catro das 30 hectáreas coas que conta o complexo histórico e patrimonial no seu conxunto. Toda a uva do castelo é autóctona e albariña na súa maioría, pero nos viñedos tamén se atopan outras variedades brancas (godello, torrontés, loureiro e treixadura) e tintas (mencía e sousón).

Artealdea, en Covelo, rende homenaxe ós costumes, cultura e tradicións populares

0

Tras dezasete anos ofrecendo espectáculos e a oportunidade única de coñecer e gozar da man de artistas chegados de diferentes partes do mundo, o Festival de Artes Escénicas e Tradición Popular Artealdea ten as súas portas abertas na parroquia de Piñeiro de Areas, en Covelo, ata o vindeiro 6 de agosto. Grazas á exitosa iniciativa de Luis Alberto García Tejedor (Gigi) e Cristina Maniglia Perasso (Francis) o festival sigue difundindo os costumes, cultura e tradicións populares para que non queden no esquecemento. Recuperalas e poñelas en valor é o obxectivo co que traballa cada ano, de xeito totalmente altruista, o equipo de Gigi.

Cada día abren o programa as sesións de ioga de Alex Méndez ás  10 horas na campa dos columpios seguidas do taller de cerámica de Lourdes na Casa das Botellas ás 11 horas. Polo escenario de Artealdea xa pasaron As Retranqueiras de Barcia de Mera; o espectáculo de Maica Álvarez, Queimada Cabaret, e, Toma de Terra-Electroserán, de Eva Outeiro. Tamén deleitaron os sentidos do público os artistas arxentinos Juan Carlos Cambas, Julio Tere, Nestor Martín, Leo Amoroso e Daniel Castelli.

Hoxe luns de mañá tivo lugar a clase de baile galego con Zita Florentino e a partir das 18:30 chegan as performances e obradoiro de esculturas de barro para as máis cativos e cativos. A partir das oito chegará a música con Rianxeira e Michaela que ofrecerá unha sesión de cancións para o recordo. A partir das dez da noite será o recital poético de Eloy Portela Amor por mi tierra. Ás 22:30 chega a sesión rap con The Last Row e abrirase de novo o micro na Cova para rematar a sesión de luns.

Mañá martes día 1 de agosto arrincará dende o lavadoiro ás 11 horas a excursión ao bosque máxico e, xa pola tarde, ás 18:30 comezarán os xogos e obradoiros infantís. Ás 20 horas será a actuación de Mateo Gil, Daniel Castelli e Antonio Castillo. Ás 21:30 horas actuará Héctor Rial e novamente pechará a sesión o micro aberto da Cova, como cada noite ata o final desta XVII edición.

O mércores día 2 volve ás 11 horas o obradoiro de baile galego e ás 18:30 horas o paiaso Pepón porá a nota de humor. Tielas dirixirá á agrupación musical da Limia Esmuli ás 20 horas para dar paso a unha nova sesión de cancións para o recordo. Ás 21:30 chega o momento Bailoca cunha mestura musical que vai dende o flamenco ata Michael Jackon con sorprendentes performances.

O xoves 3 de agosto ás 11 horas terá lugar o campionato de xadrez con Burujabeak que tamén dirixirá a realización do mural colaborativo de Artealdea a partir das 17 horas. Ás 18:30 horas comezan os shows infantís; ás 19:50 horas a sesión de teatro con Arritmia de Leonel Giacometto e ás 21:40 chega a percusión afrobaiana de Xurxo Troncoso con Alentea Batuke.

A telepatía e as capacidades sobrenaturais chegan a Artealdea da man de Burujabeak o venres día 4 ás 17:30 horas, a continuación actividades de animación e ás 20 horas performance Folkcorop Lab porá en escena As árbores de Piñeiro. Ás 21:15 actuará Sonia Vargas con Volta ao campo de Sor Marijuana. A guitarra española e flamenca soará conÓscar Gallardo e co seu espectáculo Armonia en Vivo ás 22 horas.

A visita á praia fluvial dos Patos será en coche o sábado día 5 ás 11 horas. A esta mesma hora comezará o obradoiro de no que tecerán unha alfombra circular con camisetas recicladas. Pola tarde a partir das 17:30 horas traballarán no mural colectivo; ás 18:30 horas cita con Breaking Vigo; ás 19 horas será o concerto de Sueño de Calíope; ás 20:30 danza extracórporea con Folkorp seguida de cancións para o recordo e ás 21:30 Nova Trova Cubana. O dúo flamenco Leisa actuará ás 22:15 .

Unha ginkana nutrirá a programación do domingo 6 de 11 a 13:30 horas e de 14 a 16 horas será a gran comida popular na que participará o público, as persoas colaboradoras, artistas e  organización cunha contribución de 6€ por persoa. A mostra dos produtos realizados nos obradoiros abrirá de 17 a 18 horas. Ás 18:30 horas haberá actuacións musicais ata as 21 horas con música popular e tamén freestyle para dar paso xa a gran queimada que pechará o programa.

Pero a programación da XVII edición de Artealdea non remata aquí, o venres día 12 de agosto de 10 a 14 horas Marta Martula impartirá o obradoiro de de Clown. Ás 11 horas e ata as 14 horas Helena de Kafteria ofrecerá totalmente de balde un taller de costura. De 11 a 18 horas volve o taller de cerámica. Este día tamén haberá clases de baile galego e de tango a partir das 12 horas. Artealdea nace en 2007 motivada pola recuperación dos costumes e tradicións populares das aldeas. En palabras do seu presidente, Luis Alberto García Tejedor “Gigi”, o seu propósito é achegalas ás novas xeracións e potencialas a través de distintas actividades. Foi a sensibilidade de Gigi, nado en Bilbao, o detonante deste encontro anual que cada ano atrae a centos de persoas ao rural da montaña galega, máis concretamente a Piñeiro de Areas, ao pé da Serra do Suído. Cristina Maniglia Perasso (Francis) acompáñao na súa viaxe a través da recuperación da sabedoría e folclore popular. Ela é directora de escena, deseñadora de iluminación e decoradora, ademáis de cantante, bailarina e actriz de longa traxectoria en teatro e en ópera, con amplia formación artística e técnica.

O Concello instala unha caldeira de biomasa en dependencias municipais

0

O Concello de Tomiño renova a caldeira da Policía Local, Protección Civil e o Edificio de Benestar. Substituíuse a caldeira de gas propano existente por unha nova de biomasa, co obxectivo de reducir as emisións de carbono e mais o consumo de enerxía eléctrica en, polo menos, un 30%.

Esta actuación, cun orzamento total de case 40.000 euros, levouse a cabo no marco dun acordo de colaboración coa Deputación de Pontevedra, e forma parte do proxecto IDAE, cun financiamento do 80% Programa Operativo FEDER de Crecemento Sostible 2014-2020. A finalidade deste Programa é favorecer o paso a una economía baixa en carbono nas entidades locais.

A mellora no sistema térmico destas dependencias municipais é un avance máis no Plan de Acción para o Clima e a Enerxía Sostible (PACES) que o Concello de Tomiño botou a andar no ano 2020. O seu obxectivo é reducir as emisións de CO2 nun 40% de aquí a 2030, aumentar a capacidade de resiliencia do Concello minimizando o consumo enerxético, e incrementar o uso de enerxías renovables.

Con estas medidas, Tomiño avanza tamén no cumprimento do seu plan de Implementación dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible.

‘Skeirrum’ repite na Guarda tras o éxito da súa primeira edición

0

Cintia Lomba e Erea Rodríguez, lanzan a 2ª edición de Skeirrum “Atrapados na Guarda”. O día 6 de agosto, ás 19:00h, comezará na Praza de Avelino Vicente da Guarda a Street Escape “Atrapados na Guarda”, evento dirixido á poboación xuvenil e adulta con ganas de enfrontarse ao novo reto que propoñen as autoras. Tras o éxito que conseguiron en agosto de 2022 no seu lanzamento con “A Guarda Misteriosa” este ano repiten cunha segunda edición.

A presentación deste evento celebrouse na mañá deste luns día 31de xullo no Salónd e Plenos do Concello da Guarda, contando coa presenza do concelleiro Aser Estévez e Erea Rodríguez

[su_image_carousel source=”media: 75102,75103,75104″ crop=”5:4″ link=”lightbox” autoplay=”0″]

O xogo funciona a través dunha aplicación web para smartphones á que se accede mediante códigos QR. Esta experiencia terá lugar no centro histórico da Guarda poñendo así en valor todos aqueles recursos que ofrece o territorio.

Esta Street Escape da Guarda custará 9 € por persoa e será gratuíta para todos aqueles menores de 12 anos. Os menores de 12 anos deberán ir acompañados dun adulto. Todos os pagos efectuaranse a través da súa páxina web.

O obxectivo é pasar unha tarde divertida, convocando a moitos participantes e premiando aos gañadores. O comercio local da Guarda xunto co concello colaboraron para que aqueles participantes máis rápidos poidan acceder a numerosos premios.

Podes apuntarte ao evento a través da súa páxina web buscando en actividades “Atrapados na Guarda” www.skeirrum.com

O Campo Municipal de Dextros de Salvaterra de Miño pasará a chamarse ‘Antonio Bernárdez Gándara-Dextros’

Na sesión plenaria celebrada o día 31 de xullo de 2023 en Salvaterra de Miño a Corporación local aprobou, por unanimidade dos tres grupos políticos a modificación do nome do Campo Municipal de Dextros, que pasará a chamarse ‘Antonio Bernárdez Gándara-Dextros’ en homenaxe o eterno presidente da S.D. Salvaterra e das Escolas Deportivas.

Este merecido recoñecemento a título póstumo xa se iniciara antes do seu falecemento e Antonio era consciente. Trátase dun xeito de recoñecer o traballo inesgotable e a súa adicación e implicación durante toda a súa vida co deporte e os deportistas de Salvaterra.

Moitos veciños de Salvaterra de Miño foron xogadores da S.D. Salvaterra e todos coinciden en que nalgún momento da súa infancia a figura do presidente Antonio Bernárdez foi fundamental para o desenvolvemento da actividade deportiva, concretamente do fútbol local.

A maiores de presidir o equipo, en varias etapas da súa vida, sempre estivo ligado e traballou con distintas tarefas para o clube, pero todas elas cun denominador común: o ben da S.D. Salvaterra.

É por iso que a proposta da alcaldía tivo a aceptación de tódolos grupos políticos quenes en maior ou menor medida tiñan relación con este home tan entrañable como importante para o deporte local.

O Porriño mantén a súa aposta pola conciliación cunha nova actividade infantil

A concellería de Igualdade, que dirixe Carolina González, organiza unha nova actividade dirixida aos rapaces e rapazas de 3 a 12 anos de idade co fin de facilitar a conciliación da vida familiar e laboral. Terá lugar entre o 14 de agosto ao 8 de setembro en horario de mañá, de 9 h a 14h.

Esta actividade desenvolverase dentro do proxecto “Medidas de impulso por unha mellora na búsqueda de emprego e incorporación ao mercado laboral das mulleres con cargas familiares” cofinanciado pola FEMP e IMS, no marco do convenio suscrito o 31 de marzo de 2023.

O prazo de inscrición abrirase o 2 de agosto, ás 9 h, e pecharase o 8 do mesmo mes, tamén ás 9 h.

A folla de inscrición estará a disposición das/os interesadas/os , na páxina web do Concello a partir do 1 de agosto. A listaxe de persoas admitidas publicarase na web do Concello do Porriño o día 9 de agosto.

As prazas están limitadas a 50 participantes e a selección realizarase previa baremación por orde de rexistro de entrada, tendo prioridade as nenas e nenos empadroados no Porriño.

O Rosal mellora o tramo oeste da estrada vella de San Miguel, na contorna da Cumieira

0

A estrada Vella de San Miguel, na contorna da Cumieira, no Rosal, xa está a pleno rendemento despois de que se fixeran traballos de reconfiguración e asfaltado ao longo de 260 metros lineis o que supuso un total de máis de 1.500 m2 de vía nos que se realizaron estes traballos de mellora e que agora mesmo está plenamente operativa.

Cun orzamento de máis de 110.000 euros, os traballos incluíron unha renovación do muro de contención, que se atopaba en moi mal estado, así como unha mellora na xestión das augas, tanto as pluviais e de abastecemento como augas superficiais, e unha renovación do asfalto. Ademais, mellorouse a diferenciación das vías peonís, para dotar de maior seguridade todo o tramo.

Esta actuación resultou nunha mellora significativa na seguridade da veciñanza residente na zona, e dos numerosos vehículos que pasan diariamente por esta estrada da parroquia de San Miguel de Tabagón.

A Cañiza consolida o seu Entroido de Verán organizado polo Club Balonmán Cañiza

0

O que comezou como unha tímida aposta do Club Balonmán Cañiza por dinamizar o verán, organizando para a época estival un Entroido de Verán, precisou tan só de dous anos para consolidarse, seguir medrando e ser un elemento dinamizador do tempo de lecer, comercio local e a hostalaría. Do éxito desta segunda edición, celebrada o pasado sábado, falan ben ás claras as 2.000 persoas que participaron nun Entroido de Verán que chegou para quedarse. O evento, organizado polo CB Cañiza involucra ao comercio local, hostalería, asociacións de servizos sociais e ao propio concello.

Comezaba o día gris con nubes e choiva o que levo á organización para trasladar o pregón ás cinco da tarde. Un pregón que serviu para que A Cañiza fixese a súa particular homenaxe a José Castro, afamado deseñador cañicense, recentemente falecido. Como a el gustaríalle, moita cor, música e palabras alegres e festivas para arrincar oficialmente o entroido.

[su_image_carousel source=”media: 75076,75079,75077,75081,75080,75082″ crop=”5:4″ link=”lightbox” autoplay=”0″]

A Charanga SDK de Ponteareas foi a encargada de poñer música polas rúas do pobo animando á xente que enchía as terrazas dos locais, mentres que inchables, pintacaras e xogos organizados pola Asociación Redecría compoñían unha zona infantil para o goce dos máis pequenos.

Ás 19:00 h chegou o gran momento co desfile do entroido que partindo desde a emblemática Carballeira do Cacharado, percorreu todo o centro urbano ata chegar á Praza Maior onde se entregarían os premios aos mellores disfraces e comparsas. O certo é que desde a cabeceira do desfile non se vía o final da mesma de tantas persoas que participaron e outras tantas que asistían desde beirarrúas e balcóns ao espectáculo.

O xurado valorou durante o desfile a comparsas e disfraces para entregar os premios achegados pola asociación de comerciantes da Cañiza por importe total de 1500 €. “A voda do ano”, comparsa con noivos, padriños, convidados e ata un Seat 600 foi a gañadora dos 700 € que compoñía o primeiro premio. Durante a celebración o “Emperador Romano” Luís Piña, alcalde disfrazado para a ocasión, oficiou in situ a voda, iso si, baixo as leis romanas.
Xa para a noite, quenda da sesión DJ que encho de música e baile a Praza Maior da Cañiza ata altas horas da madrugada ao ritmo que marcaban os Djs Krhis Rguez, Gabry D e Diego Mei.

O entroido despídese, pensando xa na seguinte edición para seguir crecendo e enchendo de cor o verán cañicense.

A Xunta afronta a fase final da mellora do tramo de concentración de accidentes da estrada po-403 ao seu paso por Ponteareas

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, visitou esta mañá o antigo Tramo de Concentración de Accidentes (TCA) da estrada PO-403 ao seu paso polo Concello de Ponteareas, no que a Xunta de Galicia desenvolveu unha obra para mellorar a seguridade viaria do seu percorrido neste acceso de entrada á capital do Condado.

Xunto á xefa territorial de Infraestruturas e Mobilidade, María Martínez, a alcaldesa de Ponteareas, Nava Castro, e o responsable provincial da AXI, Manuel Juanatey, o delegado territorial comprobou o bo resultado conseguido coa obra. Cabe destacar que a actuación comezou co obxectivo de mellorar a intersección construíndo carrís de espera neste tramo da estrada que une a vila de Ponteareas con Salvaterra do Miño. Sen embargo, durante unha visita ás obras plantouse a posibilidade de construír unha rotonda, unha demandada da veciñanza da zona que axudaría diminuír a peligrosidade da vía. Tras examinala atentamente, esta opción foi aprobada.

Neste sentido, Reguera sinalou que “dende a Xunta sempre estamos dispostos a estudar novas posibilidades e a escoitar as opinións e peticións dos veciños que son quen mellor coñecen o terreo e quen se van beneficiar desta mellora”.

Con esta actuación, que contou cun orzamento de preto de 800.000 euros e que está a punto de rematar, a Xunta, a través da Consellería de Infraestruturas, conseguiu eliminar un TCA e mellorar a seguridade viaria nun tramo de preto de 1.600 metros. Ademais, a actuación supón a mellora das interseccións, o reforzo dos pasos de peóns, a ampliación das beirarrúas, a creación de prazas de estacionamento e a renovación da sinalización. Tamén se implantaron outras medidas para incrementar a visibilidade.

Agustín Reguera insistiu no compromiso da Xunta de Galicia por seguir mellorando as condicións das estradas de toda a Comunidade Autónoma, de forma a aumentar a seguridade nos desprazamentos de todos os galegos e galegas.

O espectáculo ‘Silforiña’ chega este martes ao castelo do Sobroso dentro do programa da Deputación «Tras as ameas»

Música e narración envolverán o Castelo de Sobroso este martes 1 de agosto co espectáculo Silforiña, de Golfiños, un concerto cheo de emocións para maiores de 3 anos que se enmarca no programa provincial Tras as Ameas, co que a Deputación de Pontevedra está a encher de cultura os castelos de Soutomaior e Sobroso este verán. A actuación comezará ás 19:00 horas e nela o grupo, formado por Elena Paz Alonso, Jesús Moares Lameiro e Javier Ricardo Álvarez Fernández, contan a historia de Silforiña, unha nena que mira a vida a través da súa ventá.

Desde a súa casa, Silforiña imaxina a cantidade de emocións e historias que pode atopar fóra: unha viaxe en barco, somerxerse nun poema, asustarse co ouveo dun lobo ou camiñar baixo a luz da lúa de noite. As cantigas dos Golfiños intentarán axudar a Silforiña a perder o medo e facer o seu propio camiño nun espectáculo que fala de superación e dos soños da infancia a través da música.

Tras as Ameas arrancou o 27 de xuño e inclúe ata o 29 de agosto un total de 13 accións entre concertos, obradoiros, contacontos ou espectáculos escénicos que inclúen maxia e circo divididas en cinco bloques: Noite no castelo (accións nocturnas); Música con historia (concertos para público familiar); Nin príncipes nin princesas (contacontos); O teatro vén de visita (teatro de rúa); Creando no xardín (obradoiros participativos de arte); Vaia circo este castelo! (espectáculos de circo exterior) e Entre muros de maxia! (espectáculos de maxia).

Ademais de Silforiña, no mes de agosto hai outras cinco actividades programadas: O circo Glamping de SU.MA., o 3 de agosto en Soutomaior; o concerto Paxaro amigo. Músicas para a paz de Mamá Cabra o 10 de agosto en Soutomaior; o espectáculo circense Nino & Mambrú de Nauta o 17 de agosto en Soutomaior; a actividade de maxia Superheroe de Fran Rei o 22 de agosto en Sobroso, e o obradoiro Lingoreteira de Xarope Tulú o 29 de agosto tamén en Sobroso.

Dende o 1 de agosto a Xunta mellora a coordinación dos autobuses entre Ponteareas e Praia América, Nigrán

A Xunta mellorará desde este martes, 1 de agosto, a coordinación dos servizos de autobús para facilitar durante este mes de verán os desprazamentos entre Ponteareas e Praia América, en Nigrán. A viaxe entre Ponteareas e este areal realízase a través dun enlace no Porriño coa liña directa que funciona de luns a domingo nos meses de xullo e agosto ata Praia América, cunha duración de só 30 minutos. Os enlaces dispoñibles ofrecen un servizo de ida e outro de volta todos os días da semana durante o verán.

Para ofrecer tempos de enlace reducidos aos usuarios de Ponteareas na viaxe de regreso, a Xunta axusta entre 10 e 15 minutos a saída desde Vigo das expedicións que teñen horarios de paso polo Porriño próximos aos da liña directa. Con estas melloras optimízase a coordinación co servizo de volta que sae do areal de Nigrán ás 20,30 horas, de xeito que o enlace cara a Ponteareas será entre as 21,08 horas e 21,18 horas.

Para a ida, de luns a venres, os cidadáns de Ponteareas poden empregar o servizo que ten hora de paso pola estación de autobuses cara ao Porriño ás 13,45 horas e os sábados, domingos e festivos, ás 14,20 horas. No Porriño realízase o enlace cara ao autobús que sae ás 15,00 horas da parada da avenida de Galicia ata Praia América.

A mellora da coordinación destes servizos incide na aposta da Xunta por facilitar os desprazamentos á praia en transporte público durante o verán, como principal alternativa ao vehículo particular, evitando a saturación de tráfico e as emisións contaminantes nos desprazamentos aos areais.

Desde a súa activación, a mediados de xullo de 2022, a liña directa do Porriño a Praia América tivo unha boa acollida social. Así o pasado mes de agosto, o primeiro mes completo de funcionamento, rexistrou máis de 900 usuarios.

O goberno de Salceda segue sen retribucións dende o 17 de xuño

O pasado venres celebrouse a primeira Xunta de Portavoces do Concello de Salceda de Caselas desta lexislatura, reunión á que asistiron as portavocías de Movemento Salceda, PSOE e BNG, ademais da alcaldesa Loli Castiñeira. O voceiro do PP declinou participar nin designar sustitución, a pesares de que por parte da alcaldía ofrecéuselle a posibilidade de establecer un horario e un día que lle fose máis acaído.

Logo do rexeitamento da oposición no Pleno do día 13 de xullo, a alcaldesa e o seu equipo de goberno seguen a realizar as súas funcións sen percibir ningún tipo de retribución dende o 17 de xuño, día en que tomaron posesión do cargo. Nesta Xuntanza de Portavoces, a alcaldesa presentou unha nova proposta de retribucións renunciando ao incremento do IPC proposto para as adicacións absolutas, proposta que tampouco foi aceptada por PSOE e BNG. Con esta nova proposta pasaríase do aforro do 20 % proposto inicialmente a un aforro do 23 % con respecto á lexislatura anterior.

O equipo de goberno confía en chegar a un acordo que garanta a gobernabilidade do Concello e a prestación dos servizos á veciñanza coa maior calidade posible.

“PSOE e BNG apoiaron a investidura de Movemento Salceda –explica a alcaldesa Loli Castiñeira– polo que agora son corresponsables de que o Goberno funcione con estabilidade e con capacidade de xestión”.

Para poder facelo, engade a rexedora local salcedense, “resulta imprescindible que as catro persoas que forman o equipo de Goberno poidan adicar a súa xornada ao Concello”.

A Xunta asegura que a futura Lei de Igualdade regulará os dereitos das mulleres do mar que terán prioridade nas políticas de emprego

0

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, puxo hoxe de relevo que a futura Lei de igualdade regulará os dereitos das mulleres do sector marítimo-pesqueiro e daralles prioridade nas políticas de emprego. Así o dixo no contexto dunha convivencia de mariscadoras na que participou, na illa de San Simón, onde engadiu que no marco desa norma se fomentará o asociacionismo e o traballo en rede e se creará o Observatorio das mulleres rurais e do mar, ademais dun premio Muller Rural e do Mar en Galicia para distinguir a súa singularidade.

Co gallo da visita, a conselleira aproveitou para enxalzar o labor das mariscadoras galegas, un “oficio feminino que forma parte do noso patrimonio cultural, pero tamén do noso presente e do noso futuro”. Nesa liña, apuntou á importancia de facer fronte á necesidade de relevo xeracional, ao tempo que se aposta por reter o coñecemento tradicional e a experiencia acumulada ata o de agora. Así mesmo, avogou por unha mellora das súas condicións laborais e por “visibilizar, dignificar e poñer en valor a profesión”.

Na súa intervención, Elena Rivo sinalou que o Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (ISSGA) ten entre os seus colectivos prioritarios de actuación as mulleres do mar, como as mariscadoras, as redeiras ou as percebeiras. Así, cada ano desenvólvense accións de sensibilización e asesoramento técnico co obxectivo de mellorar, sempre da man destas traballadoras, as súas condicións de seguridade e saúde laboral e facer prevención das patoloxías profesionais que as afectan.

Nigrán estrea a programación do agosto “máis familiar” cunha nova edición do «Parrulas Fest»

0

“O ‘Parrulas’ é xa unha parte imprescindible na programación de verán do Concello de Nigrán, cada ano reúne a centos de familias moi fieles ao festival e de visitantes que veñen a desfrutar nunha contorna marabillosa de espectáculos de altísima calidade e sempre moi divertidos”, destaca o alcalde, Juan González.

Os espectáculos arrancan o mércores co ‘Consertasso na horta’ de Brais das Hortas (19:30 h) e ‘Unha volta polo mundo’ da clown Minerflu (20:30). O xoves continúa con A Vela Circo, ‘O último que apague a luz’ (19:30); e o inocente pallaso ‘Nono’ (20:30). A maiores, o venres e o sábado ao mediodía (12:00 horas) haberá unha sesión especial destinada á primeira infancia (función musical con Martiña Soñadora o primeiro día, e de narración oral o segundo, con Caxoto). A tarde do venres prosigue co mago José Mari (Premio Nacional de Maxia Infantil 2022) e Mai Clown (19:30 e 10:30 horas). O sábado culmina o Parrulas Fest co clown arxentino de renome internacional Niño Costrini, nome artístico de Sebastián Guz, que presenta o espectáculo ‘Humanus Comicus’, unha parodia do mundo do circo; a continuación, como xa é habitual e conforme aos valores de compromiso social do festival, celebrarase a gala a favor de Pallasos sen Fronteiras (o fin é que o recadado mediante a ‘gorra solidaria’ dos artistas participantes vai directamente a esta entidade que traballa a nivel nacional e internacional a favor da infancia máis desfavorecida co obxectivo de mellorar a súa situación emocional).

“Regresamos cunha programación moi variada e coidada na que, como sempre buscamos, destacan valores como a igualdade, o coñecemento, a escoita e o humor. Ao mesmo tempo favorecemos a socialización con familias e amizades e sementamos nos cativos o amor pola cultura e a lingua galega”, destaca Isaac Rodríguez, quen ten como obxectivo “situar a Nigrán no mapa dos festivais de artes escénicas en Galicia”.

O domingo 13 de agosto Arbo celebra a Festa da Bicicleta ao abeiro dos actos da XXVIII Festa da Lamprea Seca

0

O Concello de Arbo, organiza a tradicional “Festa da Bicicleta” coincidindo coa XXVIII edición da Festa da Lamprea que terá lugar o día 13 de agosto na Carballeira de Turbela, coa a colaboración da Asociación LimpreBike. A saída esta proxectada para ás 10:30 h dende a Praza do Concello e as inscricións realizaranse a través da páxina web da Festa nesta ligazón.

A marcha arranca ás 10:30 horas dende a Praza do Concello e remata na Carballeira de Turbela donde os participantes poderan participar noutras actividades lúdicas e culturais que terán lugar ao longo do día na Carballeira organizadas con motivo da Festa da Lamprea. Así podeerán degustar lamprea nos postos habilitados este manxar nas súas diferentes variedades, asada, rebozada, rechea, con fideos… acompañada dos mellores viños da D.O. Rías Baixas, coa actuación grupos folclóricos, charangas, zona de picnic con mesas e sombra… e por suposto, non pode faltar a visita obrigada ao Centro de Interpretación do Viño e a Lamprea, “Arabo”, situado fronte ao recinto, que permitirá, a locais e foráneos, coñecer mellor nosos principais signos de identificación.

Os menores deberán ir acompañados de un adulto e é obrigatorio o uso de casco.

Setenta mulleres de catro concellos da provincia comezan esta semana as accións formativas do programa «Conectadas» da Deputación

O programa da Deputación de Pontevedra “Conectadas” continúa esta semana con novas accións formativas que comezan en Cambados, Cangas, Lalín e Ponte Caldelas para un total de 70 mulleres. O programa, que arrancou a pasada semana en Rodeiro, ten como obxectivo promover a participación e a formación de máis de 4.000 mulleres de 53 concellos da provincia a través de diferentes actividades.

O martes 1 de agosto a Asociación de Veciños O Batuqueiro, de Cambados, dará o tiro de saída ao seu curso de pilates, no que participarán 22 mulleres. Neste caso, impartirase no Antigo Colexio Infantil do Sineiro todos os martes de 20:00 h a 21:30 horas. Ademais, 16 mulleres de Cangas participarán no curso de pilates, organizado pola Asociación mulleres progresistas de Darbo. Neste caso comezarán o mércores 2 de agosto e desenvolverase na Escola Vella de Darbo todos os luns, de 18:00 h a 19:00 horas, e mércores, de 11:00 h a 12:00 horas.

En Lalín, 12 mulleres da Asociación Mulleres en Igualdade de Donsión, comezan tamén o 2 de agosto a acción formativa de ximnasia hipopresiva, que terá lugar os luns e mércores de 16:30 h a 17:30 horas no Local social de Donsión. Por último, o sábado 5 de agosto serán 20 as mulleres da Asociación Mulleres Rurais de Taboadelo, en Ponte Caldelas, as que iniciarán o seu curso de pilates, do que poderán desfrutar os sábados de 10:00 h a 11:30 horas na Casa do Pobo de Taboadelo.

Este ano participarán no programa “Conectadas” 219 entidades de 53 concellos da provincia (Agolada, Arbo, Baiona, Barro, Bueu, Caldas de Reis, Cambados, Campo Lameiro, Cangas, Catoira, Cerdedo-Cotobade, Covelo, Crecente, Dozón, A Estrada, Fornelos de Montes, Gondomar, O Grove, A Guarda, A Illa de Arousa, Lalín, A Lama, Marín, Meaño, Meis, Moaña, Mondariz, Moraña, Mos, Nigrán, Oia, Pazos, Poio, Ponte Caldelas, Ponteareas, Pontevedra, Portas, Redondela, Rodeiro, O Rosal, Salceda, Salvaterra, Sanxenxo, Silleda, Soutomaior, Tomiño, Tui, Valga, Vigo, Vila de Cruces, Vilaboa, Vilagarcía e Vilanova). As entidades beneficiarias puideron escoller entre 30 obradoiros ofertados dentro de cinco bloques temáticos: “Emprende, iniciativas sostibles para o emprego”, “ExpresARTE”, “Conéctate”, “Sementa sostibilidade” e “O teu momento. Coidado e benestar”. No marco destes bloques, algunhas das actividades máis solicitadas foron as de pilates, risoterapia, ioga, alfabetización dixital I (do papel ao ordenador), ximnasia hipopresiva, artesanía en coiro, musicoterapia, pintura ou iniciación ao patchwork, entre outras. Todas as accións formativas inclúen, de forma transversal nos seus contidos, o tratamento da igualdade efectiva entre homes e mulleres e terán unha duración de 35 horas.

A Deputación destina máis de 900.000 euros á mellora da EP-2106 entre a Ramallosa e Parada, no concello de Nigrán

0

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra presidida por Luis López acaba de adxudicar por máis de 923.000 euros a obra de mellora da EP-2106 entre A Ramallosa e Parada, no concello de Nigrán. A través desta actuación construirase unha senda peonil e dotarase de maior seguridade ao tramo final da estrada, no que se sitúa o cemiterio e a igrexa de Santiago de Parada.

O prazo de execución previsto para a mellora desta estrada provincial de máis de 4 quilómetros é de 8 meses. As obras terán lugar a partir do quilómetro 3,2, onde se concentran zonas moi transitadas por peóns, e realizaranse ata o tramo final da estrada. O obxectivo da actuación é impulsar a súa seguridade cunha senda peonil de 2,5 metros de ancho pola marxe dereita e unha plataforma única nun treito de 200 metros de lonxitude.

Ademais de impulsar a seguridade da EP-2106, con estas obras a Deputación de Pontevedra tamén pretende mellorar o espazo público, instalando mobiliario urbano e unha marquesiña de autobús, e renovar as dotacións a través da execución dunha nova rede de pluviais, soterrando as liñas de electricidade e renovando o alumeado por un máis eficiente.

Os curros volven a Oia este domingo co “das moscas” da Valga

0

A ancestral tradición dos curros volve a Oia esta fin de semana coa celebración do “curro das moscas” que terá lugar este domingo na Valga (Loureza). A actividade, que ao tratarse do “curro das moscas” consiste fundamentalmente en reunir aos animais para o seu desparasitado, comezará desde primeira hora da mañá e prolongarase ao longo da xornada, sendo o momento central arredor das 17.00 horas.

En total, estímase que haberá uns 350 cabalos. Segundo marca a tradición, a xornada transcurrirá con actividade desde a primeira hora da mañá e ata a tarde. A partir das 9.00 horas os gandeiros comezarán a xuntar as bestas e estímase que a chegada dos cabalos ao recinto da Valga se producirá arredor as 13.00 horas. Xa pola tarde, sobre as 17.00 horas procederase ao desparasitado e, finalmente, os animais volverán quedar libres no monte.

Despois do da Valga desenvolveranse os curros das moscas de Torroña (6 de agosto) e Mougás (13 de agosto).

O Concello lembra que ten colgada na súa canle de youtube un documental sobre os tres curros que se celebran no municipio. Pódese acceder ao vídeo na seguinte ligazón: https://youtu.be/ah4a7iG-NPY

Avisos sobremedio ambiente e acampadas:

En relación á próxima celebración dos curros, lémbrase que non está permitido acampar. As autoridades realizarán accións de vixilancia en días previos a fin de evitar este tipo de actividades non autorizadas.

Finalmente, solicítase a colaboración das persoas asistentes á hora de respectar o medio ambiente, evitar danar o arborado e zonas especialmente sensibles, así como de manter a contorna libre de lixo. Na zona haberá contedores para depositar os refugallos.

A Deputación aproba unha batería de axudas a entidades deportivas por valor de 800.000 euros

“O deporte –asegurou o presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López– será un auténtico piar estratéxico deste mandato e contará co respaldo do Goberno provincial”. Deste xeito, a Deputación de Pontevedra acaba de aprobar unha batería de axudas a entidades deportivas por valor de 800.000 euros. Medio millón de euros destinaranse a apoiar os gastos de competición, adestramento, material ou coberturas sanitarias de 50 clubs deportivos náuticos da provincia e outros 300.000 para que 163 entidades deportivas poidan organizar campionatos, eventos e actividades na provincia durante o 2023.

As axudas ao deporte náutico contemplan recursos para entidades de piragüismo, remo e vela que participan en competicións federadas oficiais no ano 2023. Do medio millón de euros, 280.000 dirixiranse a 25 clubs de piragüismo de 17 concellos da provincia entre os que se atopan Cambados, Cangas, Catoira, O Grove, A Illa de Arousa, Marín, Mondariz, Poio, Pontecesures, Pontevedra, Ribadumia, Sanxenxo, Tomiño, Tui, Vigo, Vilaboa e Vilagarcía. Outros 145.000 euros irán destinados a 14 clubs de remo de nove concellos: Bueu, O Grove, A Guarda, Marín, Moaña, Redondela, Tui, Vigo e Vilagarcía de Arousa. E, finalmente, beneficiaranse de 75.000 euros 11 clubs de vela de Baiona, Cangas, A Illa de Arousa, Marín, Nigrán, Sanxenxo e Vigo.

No que respecta ás axudas por valor de 300.000 euros para a organización de campionatos, eventos e actividades deportivas na provincia, das que se benefician 163 entidades, 180.000 € irán para 43 clubs que organizan este ano competicións deportivas federadas oficiais de ámbito estatal ou internacional. Neste caso, as axudas poden chegar aos 13.500 euros por entidade e beneficia a clubs dos concellos de Cangas, O Grove, Lalín, Marín, Nigrán, Pontevedra, Ribadumia, Sanxenxo, Tui, Vigo e Vilagarcía. Ademais, outros 120.000 euros destinaranse a 120 clubs que organizan no 2023 competicións deportivas oficiais e non oficiais, de todos os ámbitos territoriais, federadas ou non federadas. Trátanse, neste caso, de axudas que poden ascender aos 2.200 euros por entidade e benefician a clubs de 34 concellos da provincia: Baiona, Barro, Bueu, Cambados, Cangas, Cuntis, A Estrada, Gondomar, O Grove, A Guarda, A Illa de Arousa, Lalín, Marín, Meis, Moaña, Moraña, Mos, As Neves, Nigrán, Ponteareas, Ponte Caldelas, Pontevedra, O Porriño, Portas, Redondela, Ribadumia, O Rosal, Sanxenxo, Silleda, Tomiño, Tui, Vigo, Vilagarcía de Arousa e Vilanova.

Salvaterra clausura o curso de natación da piscina municipal do mes de xullo

A Piscina Municipal da Canuda acolleu onte o acto de peche da primeira quenda dos cursos de natación dirixidos pola Asociación ADA en colaboración co Concello de Salvaterra de Miño. Nesta iniciativa, nenos e nenas obtiveron o recoñecemento polo obxectivo cumprido cun diploma coa cor correspondente, que lles outorgaba o nivel acadado.

A xornadas lúdicas e formativas permitiron a rapaces e rapazas mellorar as súas habilidades no medio acuático ao mesmo tempo gozar de diversos xogos.

A partires do vindeiro martes comezará a segunda quenda deste curso de natación que se
prolongará durante o mes de agosto.

A Guarda recibirá unha subvención de máis de 318.000 €, froito da xestión do anterior goberno socialista, para modernizar o mercado municipal

0

O equipo de goberno socialista que encabezaba Antonio Lomba levaba anos apostando polo comercio local e introducindo melloras de habitabilidade, accesibilidade, etc na praza de abastos. Un mercado que o Partido Popular e o seu socio de Goberno, Celso Fariñas, deixaran en estado de abandono durante o seu último mandato.

A última acción neste sentido que levou a cabo o equipo de goberno socialista foi a solicitude dunha subvención de Fondos Europeos ao Ministerio de Industria, Comercio e Turismo por un importe de 318.458,40 €, da que se recibiu resolución positiva estes días.

Fai un par de meses o equipo de goberno reservara fondos do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra para afrontar a reforma estética do mercado que estaba planificada para despois do verán, pero grazas a esta subvención poderán destinarse eses fondos de Deputación a outras obras na Guarda, e financiar a reforma do mercado e outra serie de medidas que se inclúen neste proxecto e entre as que se atopan:

  • Instalación de taquillas refrixeradas intelixentes para que a clientela poda mercar e recoller pedidos fóra do horario de apertura do mercado.
  • Posta en marcha da “Cociña do mercado”, un espazo no primeiro andar no que se realicen obradoiros, charlas, showcooking e outros eventos nos que poñer en valor os produtos do mercado.
  • Publicidade e comunicación sobre o mercado en diferentes medios ou soportes dixitais.
  • Entrega de envases reutilizables á clientela para reducir o uso de plástico.
  • Creación dunha “Escola de comercio” para q tanto os/as placeiros/as coma outros comerciantes podan recibir formación útil para os seus negocios.
  • Ferramentas dixitais para coñecer hábitos de consumo e captar máis clientela.

O grupo municipal socialista móstrase profundamente orgulloso deste logro e espera que o actual equipo de goberno consiga poñer en marcha todas as accións deste proxecto de dinamización, e a praza de abastos poda ser aquilo que o goberno socialista soñaba.

O Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño avanza no seu Plan de Sostibilidade Turística en Destino PSTD

As alcaldesas, alcaldes e representantes dos catorce concellos que forman parte do Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño déronse cita hoxe no Salón de plenos do Concello de Tomiño. O Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño acadou unha subvención de fondos europeos por valor de 1,5 millóns de euros ao abeiro da convocatoria extraordinaria do ano 2022 de Plans de Sostibilidade Turística en Destino PSTD, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Goberno de España e do Fondo Next Genertion EU.

O encontro estivo presidido por Sandra González, alcaldesa de Tomiño e presidenta da Asociación de Desenvolvemento Galicia Suroeste Eu Rural, entidade que coordina o Xeodestino, e por Juan González, alcalde de Nigrán e representante institucional do Xeodestino.

Durante a reunión sentáronse as bases e concretouse a folla de ruta dos vindeiros meses, constituiuse un equipo de traballo e preparouse a firma do convenio que permitirá seguir avanzando na execución do PSTD “A Despensa de Galicia”, que porá en valor a calidade e diversidade dos produtos do territorio.

“Estamos nun momento moi importante no desenvolvemento dos territorios e desde Eu Rural soubemos ver a oportunidade para acadar financiación dos fondos europeos que permitirán seguir mellorando o noso turismo e os nosos municipios” declaraba a presidenta de Eu Rural, Sandra González.

Deste xeito, os concellos que conforman o Xeodestino (A Guarda, O Rosal, Tomiño, Oia, Tui, Gondomar, Baiona, Nigrán, Porriño, Mos, Redondela, Pazos de Borbén, Fornelos de Montes e Soutomaior) pechan o mes de xullo dando un paso máis na súa estratexia turística común.

O campo de voluntariado «Ruta de Palacios» pon en valor a vida e obra do arquitecto Antonio Palacios

O Porriño acolle estes días o Campo Internacional de Voluntariado Ruta de Palacios, unha actividade impulsada pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Xunta de Galicia en colaboración co Concello do Porriño e a cooperativa Avada.

15 mozos e mozas de entre 18 e 30 anos, chegados de México, Francia, Madrid, Sevilla, Ermua, Logroño ou a Coruña, desenvolven actividades culturais e visitas guiadas polo casco histórico do concello para poñer en valor a vida e obra do arquitecto Antonio Palacios, natural do Porriño.

En 2022 tivo a súa primeira edición e nesta segunda búscase dar continuidade ás actividades comezadas o pasado ano, cunha curtametraxe sobre Antonio Palacios e o seu legado no Porriño e contorna. Ademais dunha serie de vídeos divulgativos en varios idiomas que plasman todo o traballo realizado.

“Con estes campos de traballo buscamos fomentar os valores do voluntariado entre a mocidade, como a intercooperación e posta en valor do patrimonio, neste caso arquitectónico/artístico”, explicou o concelleiro de Xuventude, Antonio Barros, “O seu traballo non só será enriquecedor para eles, senón para todos”.

A rapazada de 31 concellos desfrutarán na Lanzada da sexta quenda dos campamentos de Depo Aventura

Os campamentos de “Depo Aventura” A Lanzada chega ao seu ecuador coa sexta quenda do programa, na que participarán a partir deste domingo 30 de xullo 140 nenas e nenos dun total de 31 concellos da provincia. Ao longo de seis días desenvolverán múltiples actividades lúdicas e formativas para o seu enriquecemento persoal e tamén de coñecemento de lugares fóra da contorna habitual. Neste verán e ata o 9 de setembro, serán en total 1.540 menores de 58 concellos da provincia os que participen nas once quendas en que se dividen os campamentos.

Nesta sexta quenda de Depo Aventura, as 70 nenas e 70 nenos (todas e todos elas/eles nadas/os entre os anos 2010 e 2015) proceden de Vigo (29); Pontevedra (17); A Estrada (9); Mos (7); O Porriño (7); Baiona (6); Cambados (6); Sanxenxo (6); Vilagarcía de Arousa (6); Redondela (5); Silleda (4); Covelo (3); Lalín (3); Ponteareas (3); Salceda de Caselas (3); Tomiño (3); Barro (2); Bueu (2); Cangas (2); Gondomar (2); Oia (2); Ribadumia (2); Soutomaior (2); Vilanova de Arousa (2); Arbo (1); O Grove (1); A Guarda (1); Marín (1); Moaña (1); O Rosal (1), e Tui (1).

Baixo o nome “A Lanzada, un paseo pola historia”, a Deputación ofrécelles ás nenas e nenos do campamento un programa de actividades destinado a favorecer a inclusión, a aprendizaxe da lingua inglesa, a igualdade de xénero, a arte, a cultura, a ciencia, o deporte, a lingua de signos, o respecto e o coñecemento da natureza e a dinamización e coñecemento da contorna. Amais, a cativada realizará un obradoiro para elixir a mascota oficial deste programa provincial e, entre as moitas iniciativas programadas no marco de Depo Aventura 2023, visitarán a Illa de Ons e realizarán unha segunda excursión relacionada coa natureza e o coidado do medio ambiente.

A selección absoluta de baloncesto de Costa de Marfil elixe Baiona para a súa preparación cara ao Mundial 2023

0

O alcalde de Baiona, Jesús Vázquez Almuiña acompañado pola concelleira de Deportes, Ana María Iglesias Rodríguez e o presidente da Federación Galega de Baloncesto, Julio Bernárdez recibiron no Concello de Baiona á selección absoluta de Baloncesto de Costa de Marfil, combinado que está a vivir na vila mariñeira a súa prepración de cara o Mundial 2023.

O rexidor baionés, a concelleira e o presidente da federación, amosaron a súa hospitalidade á Selección, comandada polo actual director técnico desa Federación, o inesquecible para todo o baloncesto galego, Anicet Lavodrama.

A selección de Costa de Marfil será, xa no Mundial, o primeiro rival de Baloncesto España. A cita será o 26 de agosto en Yakarta.

O Delegado do Goberno en Galicia reitera que “para este Goberno non hai límite de medios na resposta diante dun incendio forestal”

O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, reiterou onte que “para este Goberno non hai límite de medios na resposta diante dun incendio forestal en Galicia”. E lembrou o apoio estatal ao dispositivo de prevención e extinción de incendios forestais de Galicia, coa dispoñibilidade de preto de 4.000 efectivos e 10 medios aéreos, ademais doutros equipos especializados de vixilancia e investigación e distintos sistemas aéreos non tripulados.

Pedro Blanco remarcou este compromiso na presentación da “Operación Centinela Gallego”, coa que o Ministerio de Defensa colabora coa Xunta na vixilancia dos montes de 30 concellos con maior risco de sufrir lumes este verán. Este acto celebrouse na Base Helitransportada do Campiño (Pontevedra) coa asistencia do conselleiro do Medio Rural, José González; o xefe da Brilat, xeneral de brigada Alfonso Xeneral de Brigada Alfonso Pardo de Santayana; o coronel Xefe do Terzo Norte de Infantería de Mariña, Francisco Guerrero; e a subdelegada do Goberno en Pontevedra, Maica Larriba.

O delegado lembrou que o Goberno apoia o dispositivo da Xunta de Galicia a través do convenio que asinan ambos actores ao principio da campaña de máximo risco. Esta colaboración implica a tres ministerios, os tres exércitos, a UME, a Garda Civil e a Policía Nacional, nun operativo que pode ampliarse en función das necesidades de cada momento.
Así ocorreu en 2022, lembrou o delegado, no que Galicia foi a Comunidade Autónoma española que máis veces requiriu a participación dos medios estatais de extinción de incendios. Pedro Blanco apuntou que os medios estatais participaron na extinción de 118 lumes, dos que oito alcanzaron a cualificación de “Grandes Incendios Forestais” e esixiron a participación da Unidade Militar de Emerxencias.

pasado multiplicaron por cinco as intervencións do ano anterior e superaron as dúas mil horas de voo en incendio e as 8.100 descargas de auga. “Galicia rexistrou o 25% de todas as horas voadas polos avións do Ministerio en España”, apuntou Pedro Blanco.
A pesares deste incremento da actividade, “da gravidade dos lumes, e de que evacuamos a máis de 1.800 persoas”, Pedro Blanco destacou que non houbo perdas de vidas humanas.

“Operación Centinela Gallego”
O delegado do Goberno exemplificou na “Operación Centinela Gallego” a colaboración coa Xunta na prevención dos lumes forestais, a través dun acordo que cumpre 17 anos ininterrompidos de cooperación.
Pedro Blanco apuntou que, no ano 2022, este dispositivo integrado por 30 patrullas de militares percorreu 320.000 quilómetros polos montes de Galicia e realizou ao redor de 5.600 vixilancias, tanto de presenza en municipios como en diferentes observatorios. A estes números sumáronse 11.000 minutos de vixilancia e observación co emprego de sistemas aéreos tripulados de forma remota.

A VI edición do Torneo de Baloncesto Vila da Guarda terá lugar o 5 de agosto

0

Na xornada deste xoves día 27 de xullo de 2023, realizouse no Salón de Plenos do Concello da Guarda a Presentación da VI edición do Torneo de Baloncesto Vila da Guarda, un evento deportivo que terá lugar o vindeiro día 5 de agosto dende as 9:00h da mañá nas instalacións do C.T. Codesal.

No acto de presentación estiveron presentes os concelleiros Aser Estévez e Celso Rodríguez, así coma representantes do clube Baixo Miño Basket, organizador da proba deportiva que chega este ano á súa sexta edición.

As inscricións están abertas ata o 2 de agosto a un prezo de 10€/persoa e 8€/persoa para membros do BMB ou do C.T. Codesal, coa opción de comida de confraternidade post-torneo por 8€ máis.

En total o torneo terá un máximo de 10 equipos de entre 4 e 5 xogadores, puidendo ser os mesmos mixtos e para as categorías de júnior e sénior, a partir dos 16 anos con partidos 3×3 con cambios.

Haberá premios para os gañadores, concurso de triples, concurso MV, medallas e trofeos para os tres primeiros.

Dende o Clube Baixo Miño Basket se quere facer un chamamento a todas as persoas que lles gusta o deporte do baloncesto, de cara a promover a súa práctica na comarca, facendo especial fincapé na base ou canteira.

Máis información en [email protected] ou no teléfono 669 859 992.

Pódese acceder ao formulario de inscrición a través desta ligazón.

Mondariz Balneario acolle este sábado 29 o concerto de ‘Santana Swing’ ao abeiro do programa «Musigal» da Deputación

O son do jazz soará esta última fin de semana de xullo en Mondariz Balneario a través da actuación de Santana Swing, enmarcada no programa Musigal, posto en marcha pola Deputación de Pontevedra para contribuír á difusión e promoción da música galega e en galego nos concellos da provincia. O concerto terá lugar este sábado 29 a partir das 22:00 horas nos Xardíns do Gran Hotel da vila.

Nesta actuación, a artista Ariadna Santana fará un percorrido polas cancións das mulleres máis relevantes na historia do jazz e presentará algunha das súas composicións propias. Para elo, Santana Swing trasladará ao público asistente ás salas de festa de principios do século XX e incorporará a músicos influenciados por Django Reinhardt, así como polas correntes do jazz e da improvisación.

O Concello de Mondariz rexistra unha queixa formal para denunciar o traslado dun dos médicos do Centro de Saúde a Salvaterra

0

A concelleira de Servicios Sociais e Sanidade do Concello de Mondariz, Mª José Álvarez Rodríguez, ven de rexistrar unha queixa formal na Xerencia de Atención Primaria de Vigo, polo traslado temporal dun médico do centro de Saúde de Mondariz a Salvaterra. A esta situación engádese o feito que ata o 14 de agosto, non disporá o Centro de Saúde de servizo de Pediatría.

Tal e como figura na queixa formal, na xornada do martes 18 de xullo, un dos tres médicos que prestan os seus servizos no centro de saúde de Mondariz, foi desprazado ó centro de saúde de Salvaterra para cubrir ausencias de persoal de dito centro. Os pacientes citados miraron canceladas as súas citas, sen saber para cando poderán ser recitados.

As urxencias e trámites burocráticos que non poden ser aprazados, como partes de baixa, controis de Sintrom, foron atendidos polo persoal do Centro, incrementando a xa considerable sobrecarga asistencial habitual, nun centro con poboación moi envellecida, maiores con moita patoloxía e con asistencias diarias en domicilios. A día de hoxe o Concello afirma seguir sen resposta por parte das autoridades sanitarias e sen solución algunha.

Doutra banda, dende o luns 24 de xullo ata o día 14 de agosto, o centro de saúde de Mondariz carece de servizo do pediatría polo que, no caso de xurdir algunha urxencia, as e os usuarios terán que desprazarse ata o centro de saúde de Salvaterra que está a 30 minutos do centro de saúde de Mondariz, quedando sen poder axendar as revisións pediátricas do Programa do Neno San e as consultas.

O concello de Mondariz solicita “unha substitución na súa totalidade do persoal para poder prestar con garantías e eficiencia unha atención primaria adecuada á poboación de referencia”. Toda esta desorganización e falta de previsión –afirman– “tradúcese en non poder concertar citas, en consecuencia, danar á atención adecuada ó paciente e usuarios”.

1.200 mozos e mozas de Xetafe preparan en Tui a Xornada Mundial da XuventudeVai

0

Un total de 1.200 mozos e mozas da diocese de Xetafe están até o próximo luns en Tui preparando a súa participación na Xornada Mundial da Xuventude a próxima semana en Lisboa. Os dous pavillóns municipais, xunto ao pavillón do CEIP nº 2 e do IES San Paio e as instalacións do Colexio Maristas Santa María serven de aloxamento e centros de actividades.

[su_image_carousel source=”media: 74969,74968″ crop=”5:4″ link=”lightbox” autoplay=”0″]

Onte á tarde a tenente alcalde, Ana Núñez, e o concelleiro de Deportes, Rafael Estévez, achegáronse ás instalacións do Colexio Marista Santa María para darlle a benvida a estes 1.200 mozos e mozas que están en Tui acompañados polo bispo da diocese de Xetafe. Os representantes municipais desexáronlles boa estadía en Tui. A súa ledicia deixase contaxiar nas rúas de Tui por onde transitan os distintos grupos coñecendo a cidade, os seus valores artísticos, patrimoniais, históricos e naturais.

O próximo luns a primeira hora máis de 15 autobuses sairán dende Tui con destino a Lisboa.

O BNG alerta do risco de perder máis de medio millón de euros de fondos europeos

O BNG de Ponteareas vén de facer pública a súa preocupación ante a posibilidade de que o goberno do PP e Nava Castro perda máis de medio millón de euros de fondos europeos “pola súa teima de desfacer todo o traballo realizado polo anterior goberno que lideraba o BNG”.

Neste caso, a forza nacionalista refírese ao proxecto que estaba en marcha para rehabilitar a Nave de Aceiros, na Avenida de Galiza, e transformala nun novo equipamento sociocultural cunha gran praza cuberta para a celebración de eventos ou feiras e con espazos pechados para aulas, salas de ensaio, conferencias ou obradoiros. Esta actuación, que xa contaba coas correspondentes autorizacións e con orzamento reservado, sería posíbel grazas á obtención de fondos europeos a través da Estratexia “Ponteareas, Hábitat Saudábel”. O BNG sinala que “se non se executa a actuación antes do 31 de decembro, Ponteareas perderá eses fondos logrados polo anterior goberno”.

“En vez de avanzar no proxecto no que se traballou nos últimos anos, agora o Partido Popular, en minoría na Corporación, pretende cambiar o uso do equipamento, encargando un novo proxecto para crear un mercado e botando así por terra o equipamento sociocultural previsto”, sinala o Bloque.

Infografía da rehabilitación integral do Mercado de Abastos

En canto á necesidade de renovar o Mercado, o BNG lembra que xa existe un plan para a rehabilitación integral do actual Mercado Municipal. “Tras realizar unha diagnose pormenorizada sobre a situación e o futuro desta edificación e o seu uso, contratamos un anteproxecto para transformalo nun novo espazo comercial para persoas produtoras e emprendedoras locais, que sexa referente de toda a comarca e que se adapte ás necesidades actuais, con aparcadoiro interior, novos espazos gastronómicos, aulas de formación para comerciantes e unha estética moderna e funcional”.

Alejandro Sanz fai pequeno o auditorio de Castelos

Cando pasado o tempo fálese do acontecido ao longo do 2023 o concerto de Alejandro Sanz, nunha máxica noite de verán, nos virá a memoria. Moitos poderán dicir: “eu estiven alí”, nun Castrelos que, esta vez máis que nunca, quedou pequeno, moi pequeno para un artista que ten a virtude de ‘encher o escenario’ por máis grande que este sexa.

Mirar e escoitar a Alejandro Sanz reafirma o feito de que hay artistas que trascenden ao seu propio tempo e son capaces de conectar co público independientemente da idade deste. Castrelos foi testemuña de excepción de como un público sen idade emocionouse, vibrou e canto como se non houbera mañá, todos e cada un dos temas que o cantante madrileño, con fondas raíces andaluzas, ofreceu na noite viguesa

Abel Caballero, alcalde de Vigo, ante un abarrotado auditorio de Castrelos minutos antes de empezar el concierto

Como xa é habitual, o alcalde de Vigo, Abel Caballero, foi o encargado de presentar unha actuación que, nas súas propias palabras “non necesita presentación” e que comezou con certo atraso sobre o horario previsto. Porén, bastaron os primeiros compases de No es lo mismo, tema elixido para abrir o espectáculo, para calmar a impaciencia do público e marcar o inicio do que sería un concerto inesquecible.

Aos temas dos seus últimos traballos, unía Alejandro Sanz outros que, máis que cancións, son xa auténticos himnos como Corazón partío o Amiga mía.

[su_image_carousel source=”media: 74947,74944,74943,74945,74946,74948,74949,74950,74951,74952,74937″ crop=”5:4″ link=”lightbox” autoplay=”0″]

Soubo Alejandro Sanz facer o que está ao alcance de moi poucos, dar tempo ao seu concerto e conseguir que non perdera intensidade nin un só segundo. Si, Alejandro Sanz pasou por Vigo pero parte del, a bo seguro, queda aquí. Nesta terra non se lle canta A Rianxeira a calquera como cantoulla ao artista madrileño un público totalmente entregado.

Renovada a iluminación do campo de fútbol de Guillarei con tecnoloxía led

0

O Campo Municipal de Fútbol “A Gándara” de Guillarei conta con novo sistema de iluminación. O Concello de Tui vén de investir 4.500 € de fondos propios para a renovación das torretas de iluminación e o cambio a tecnoloxía led das luminarias.

Deste xeito o Concello de Tui segue apostando pola mellora das instalacións deportivas municipais para que reúnan as condicións máis axeitadas para a práctica deportiva.

Así en concreto no campo da Gándara, ante o mal estado das torretas estas foron substituídas por unhas novas. As novas torres de iluminación e as luminarias LED proporcionan unha iluminación máis potente, uniforme e eficiente enerxeticamente. Amais a tecnoloxía LED permite un maior aforro de enerxía en comparación coas luminarias convencionais, reducindo así o impacto ambiental.

O concelleiro de Deportes, Rafael Estévez, sinala que este investimento reflicte o compromiso do Concello co deporte mellorando  as condicións das distintas instalacións para a práctica deportiva. 

Novas zonas de xogo e lecer no parque Piñeiro do Porriño

O Concello do Porriño está a executar as obras de reacondicionamento e mellora do Parque Piñeiro, en Torneiros, unha área de xogo que constitúe o principal punto de encontro para os nenos da parroquia e da que gozan preto de 800 pequenos que residen na súa contorna, ademais do alumnado dos centros educativos próximos que o utilizan como espazo de aprendizaxe ao aire libre.

 “A situación que presentan moitos dos elementos instalados nesta área infantil poñen en perigo a seguridade dos nenos e nenas que diariamente concorren ao mesmo, polo que resultaba imprescindible a súa reparación”, explicou o alcalde, Alejandro Lorenzo.

O proxecto, que conta cun orzamento de 44.103 euros, reacondicionará un espazo de 1.300 m2 e inclúe a creación unha nova área de xogo, ampliando a oferta de actividades de lecer a nenos e nenas de idades post-infantís nunha área de 550 m2.

Os traballos contemplan a reparación e substitución de elementos de xogo danados, a reparación do pavimento, instalación de novos elementos como un novo tobogán, unha tirolesa de 20 metros de lonxitude ou unha pirámide de 3,5 m de altura, así como novo mobiliario urbano que fará deste un espazo verde para distrute de todas e todos.

Cabe destacar que se  integrarán os xogos habituais con xogos accesibles e adaptados para nenos e nenas con problemas de mobilidade, para todas e todos poidan facer uso por igual deste parque.

“Queremos ampliar a oferta de actividades de espazos e actividades de lecer en Torneiros e no resto do Porriño, ofrecendo  novas posibilidades de xogo activo para fomentar o desenvolvemento físico, cognitivo, emocional e social dos máis pequenos”, concluíu o rexedor.

Esta é unha das intervencións impulsadas polo Concello do Porriño para a posta en valor da parroquia de Torneiros, unha das máis poboadas do municipio con 3.950 habitantes. Os polígonos residenciais, onde se atopa o Parque Piñeiro, concentran o 98% da súa poboación e neste punto estase a intervir con diversas actuacións de mellora, entre as que destaca o proxecto de rehabilitación a nivel de barrio que achegará 1 M á veciñanza para a reparación das súas vivendas. Nas próximas semanas publicaranse as bases para a solicitude destas axudas.

Ademais, o Concello do Porriño adianta que destinará 300.000 euros máis de fondos propios a diferentes melloras e obras dirixidas a mellorar a calidade de vida da veciñanza desta parroquia.

O programa Depo Auga pecha esta fin de semana con percorridos de caiac e pádel surf pola illa de San Simón

0

O programa provincial “Depo Auga”, co que a Deputación de Pontevedra oferta actividades de pádel surf e caiac en contornas de ríos e rías da provincia, péchase esta fin de semana no concello de Redondela, con percorridos pola Ría de Vigo e a Illa de San Simón os días 29 e 30 de xullo. A actividade consistirá nun roteiro circular de aproximadamente 4 quilómetros a través do que se poderá ver o monumento ao capitán Nemo, as illas de San Simón e San Antón e fotografar a ponte de Rande desde unha perspectiva única.

O roteiro, dunha hora de duración, partirá da praia de Cesantes, en Redondela, e percorrerá a enseada de San Simón, situada na Ría de Vigo e pertencente á Rede Natura 2000, importante pola súa biodiversidade debido á gran presenza de bivalvos e numerosas especies de  aves. En total, ao longo da fin de semana daranse cita 32 persoas que se repartirán en 4 quendas: dúas o sábado e outras tantas na xornada do domingo.

Esta é a terceira e última das saídas de “Depo Auga”, programa que se enmarca dentro de “Depo Actívate”, o calendario de actividades deportivas que organiza a Deputación ata o mes de outubro para dinamizar, fomentar e promover o deporte, así como transmitir valores e hábitos saudables a través da actividade física. Antes desta ruta desenvolvéronse outras dúas: unha pola Illa de Tambo, no mes de xuño, e outra polo río Verdugo e as Salinas de Ulló, a principios deste mes, nas que participaron ata 64 persoas.

A Guarda prepárase para unha fin de semana chea de gastronomía, creatividade, música e malabares

0

A Guarda remata o mes de xullo con novas iniciativas para todas as idades, dende ORPAGU organízase a XVIII Festa do Peixe Espada, un evento gastronómico que será inaugurado este venres día 28 de xullo, ás 19:00 h, no Salón de Plenos do Concello da Guarda. O evento terá lugar nun total de 16 establecementos de hostalaría do municipio que dende o 28 e ata o 30 de xullo ofrecerán diferentes pratos especiais elaborados con Peixe Espada como a zorza, empanada, á cazuela, en escabeche, á brasa, entre outras elaboracións. A maiores a Festa inclúe diferentes actividades de dinamización con obradoiros, exposicións, pasarrúas… toda a información pódese consultar na web https://orpagu.com.

Seguindo coa programación da fin de semana, na xornada deste sábado terá lugar a III Mostra Creativa do Baixo Miño, unha aposta polo emprendemento e por visibilizar a gran cantidade de marcas e talentos creativos que temos na nosa comarca, xa sexan de artesanía ou en formas máis modernas de expresión. Ao igual que o ano pasado, a Mostra coincidirá en data coa Festa do Peixe Espada, polo que existirá unha programación de actividades conxunta e que complemente a ambos eventos. Xa son máis de 20 os inscritos para esta terceira edición, entre eles:  Acontravento(roupa), Anxo Ferreira (cantería), Vikensen (madeira), Merino Coqueta (Fieltro e lá), Little Vero (roupa), Vargas Lemos (xoieria), Mar.jewelrin (xoieria), Coco bisutería (xoieria), Sapone di Principesca (cosmética natural), É Fish (xoieria), Marina Alonso San Miguel (ilustracións), Sapoconcho (ilustracións), Tullavecord accesorios (en madeira, resina, etc.), Cuchituras design (accesorios para o pelo), La casa taller (pintura), Pazosketchbook (pintura), Luc&Luc (roupa), Sil Domínguez (roupa),  Breaktime (Ilustración sobre prendas) e Lana (Amigurumis).

O vindeiro sábado 29 de xullo ás 20:30h. terá lugar no Auditorio de San Benito unha das grandes citas culturais deste verán. Un concerto onde os malabares serán os bailaríns deste ballet aéreo, ao ritmo dos clarinetes, saxos e trompetas da Agrupación Musical da Guarda, que farán de pintores dun cadro expresionista no que as bolas, mazas e aros debuxarán no ar os sentimentos e emocións que transmiten a música e o circo. O espectáculo Concerto de malabares é na actualidade un dos proxectos máis orixinais e suxerentes no eido escénico en Galicia, concebido pola prestixiosa compañía de circo Pistacatro, está ideado para poder ser desfrutado por público de tódalas idades, albergando un especial valor familiar e educativo debido ó contido pedagóxico que inspira todo o proxecto. Sen dúbida a emoción e a diversión están garantidas, para crianzas, adultos, amantes da música, de pasar un bo rato e sobre todo para todo o que este aberto. Este espectáculo é financiado parcialmente con cargo ao programa do AGADIC-XUNTA DE GALICIA “CULTURA NO CAMIÑO 2023” e para facerse realidade precisou do traballo conxunto da compañía Pistacatro e a Agrupación Musical da Guarda, que se remonta a principios de 2023.

O Padroado Municipal de Santa Trega ofrece unha temporada máis as visitas guiadas ao Castro Santa Trega para que os visitantes e veciños poidan coñecer mellor o valor arqueolóxico deste monte. Para os meses de maior afluencia,xullo e agosto, amplíase a oferta con visitas de martes a domingo e 4 quendas ao día (12:00, 13:00, 18:00 e 19:00 horas). Deste xeito, os visitantes interesados terán a oportunidade de coñecela cultura castrexa e a nosa paisaxe. Tan só hai que estar a hora no punto de encontro(antiga casa forestal). Para calquera dúbida poden consultar directamente no Museo Arqueolóxico no tel. 690.01.70.38 (tamén WhapsApp) ou un mail a [email protected]. A visita guiada é gratuíta pero aqueles que accedan ao Monte Santa Trega en vehículo deberán abonar o prezo público.

A duración aproximada é 45 minutos e o punto de encontro é o aparcadoiro da Casa Forestal desde onde se partirá para comezar esta fermosa ruta polo interior do castro escavado.

O pasado día 18 de xullo inaugurouse na Casa dos Alonso a Exposición de Pintura “Catro médicos pintores en A Guarda”, unha exposición que recolle diferentes obras pictóricas de catro compañeiros de profesión que comparten tamén a súa paixón pola arte. Nela se poden observar diferentes maneiras de entender e plasmar as variadas percepcións dos seus actores, Leopoldo García, Pablo Galego, Jesús Vázquez e Tino Cuesta. A Exposición “Catro médicos pintores en A Guarda” estará aberta ao público ata o 31 de xullo en horario de 9:00h a 14:00h de luns a venres.

O Concello da Guarda colabora un ano máis coa Asociación Piueiro e durante os meses de verán vanse ofrecer saídas gratuítas de navegación pola costa co Volanteiro Piueiro para aqueles que queiran descubrir esta embarcación a vela que incluirá ademais de navegación polo exterior do porto. O prazo de inscrición abrirase o domingo anterior ás saídas desa mesma semana e poderase realizar presencialmente na Oficina de Turismo, mediante mail [email protected] ou chamando ao teléfono 986 61 45 46 a partir das 10:00h, horario de apertura do domingo.

O Concello de Baiona recibe a 70 mozos mexicanos que inician o Camiño Portugués da Costa na vila

0

Un total de 70 mozos mexicanos foron recibidos polo alcalde de Baiona, Jesús Vázquez Almuíña, no seu comezo do Camiño Portugués pola Costa.

O rexedor enxalzou as marabillas do municipio e informo os mozos das bondades do Camiño Portugués da Costa. Tamén resaltou durante a recepción que “Baiona sempre xoga un papel principal de acollida” e este caso non ía ser diferente”.

Ademais Vázquez Almuíña recalcou que “é para o min un orgullo recibilos e poder facerlles de anfitrión na súa estancia na nosa vila que cada vez é máis internacional, convidándoos a que sexan os nosos novos embaixadores unha vez regresen aos seus países de orixe, xa que se levaron unha grata impresión desta vila”. O grupo chega da man da axencia “El Camino”.

Os peregrinos son un grupo de mozos que veñen facer o camiño de Santiago iniciándoo desde Baiona, chegarán a Santiago o próximo día 31, para despois dirixirse a Lisboa á xornada mundial da mocidade, que se celebrará do 2 ao 6 de agosto. Trátase de dous grupos:O club de kaiak de Culiacan e, Northridge School de cidade de México.

Un total de 70 mozos, de entre 15 e 25 anos, inician a súa camiñada a Santiago de Compostela desde Baiona. Saíron da oficina de turismo municipal  e dirixíronse á ex-colexiata de Santa María de Baiona para selar as súas credenciais.