Domingo, 20 Xullo de 2025

A Deputación de Pontevedra reparte as áreas de goberno

“Hoxe é o inicio da nosa andaina como goberno provincial”. O presidente Luis López deu conta do reparto das áreas do novo goberno da Deputación de Pontevedra, composto por “un equipo que vén de sitios distintos pero que estamos unidos por Pontevedra”. O presidente asegurou que se sente “privilexiado por compartir esta nova etapa cun conxunto de mulleres e homes de traxectoria recoñecible e recoñecida, con novas ideas e cunha innegable vocación de servizo”.

Luis López asegurou que a provincia de Pontevedra precisa tres cuestións: “da mellor xestión, e aquí hai xestores con experiencia; dinamismo, e aquí hai deputados con ganas e iniciativa; e talento, e estes son os mellores en cada posición”. Así, o novo goberno provincial “aseméllase ao que somos como provincia e ao que queremos ser, porque nel se reflexan as nosas prioridades estratéxicas do mandato”. Deste xeito, a vicepresidenta primeira da Deputación de Pontevedra, Marta Fernández-Tapias, encargarase das áreas de Deportes e Cultura mentres que o vicepresidente Rafa Domínguez será responsable de Economía e Impulso ao Emprego, Museo Provincial e do convento de Santa Clara.

O alcalde da Estrada e deputado provincial, José López Campos, dirixirá Cooperación Local e Emerxencias, e a alcaldesa de Ponteareas e deputada, Nava Castro, a área de Turismo. Reto Demográfico, Xuventude e Desenvolvemento Rural será xestionada polo alcalde de Cerdedo-Cotobade e tamén deputado provincial, Jorge Cubela, mentres que Asistencia aos Concellos, Transparencia e Administración Xeral será responsabilidade de Jesús Vázquez-Almuíña, alcalde de Baiona. A alcaldesa de Marín, María Ramallo, encargarase de Fondos Europeos, Innovación e Axenda Dixital; o alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, de Xestión Tributaria, Patrimonio e Formación; e o da  Guarda, Roberto Carrero, de Cooperación Transfronteiriza e Relacións Institucionais. O deputado provincial Marcos Guisasola levará Medio Ambiente e Mar; Sandra Bastos liderará Igualdade e Benestar Social; Isabel Couselo Infraestruturas Públicas, Mobilidade e Contratación;  e Javier Tourís farase cargo de Acción Comunitaria e Equipamentos Públicos.

O novo equipo da Deputación “aspiramos a ser o equipo da mellor Pontevedra: a que fan realidade cada día o preto de millón de habitantes desta provincia”, asegurou o presidente Luis López, que lles agradeceu “a súa dedicación e compromiso, como xa amosaron nestas primeiras semanas”. López sinalou que “temos por diante unha marea de catro anos moi intensa, e contamos coa mellor tripulación para chegar a bo porto”.

Este domingo, curro das moscas en Torroña

0

Este domingo día 6 de agosto celebrarase o tradicional curro das moscas de Torroña, que este ano prevé reunir arredor de 600 bestas e cerca de 200 poldros.

Desde as 9.00 horas comezarase a xuntar os cabalos para conducilos ata o recinto do curro de Torroña (parroquia de Burgueira), a onde chegarán sobre as 11.30 ou 12.00 horas. Xa pola tarde, a partir das 17.00 horas, desenvolveranse a actividade de desparasitado dos animais, que posteriormente volverán quedar libres no monte.

Despois dos curros que se celebran na primavera, onde se rapan, marchan e desparasitan os animais, no verán celébranse os curros das moscas para un reforzo do desparasitado.

A xornada, que como todos os anos será gratuíta para o público asistente, transcorrerá co tradicional ambiente festivo que a caracteriza. A seguinte cita no calendario será o domingo 13 de agosto en Mougás.

Avisos

En relación á próxima celebración dos curros, lémbrase que non está permitido acampar. As autoridades realizarán accións de vixilancia en días previos a fin de evitar este tipo de actividades non autorizadas.

Finalmente, solicítase a colaboración das persoas asistentes á hora de respectar o medio ambiente, evitar danar o arborado e zonas especialmente sensibles, así como de manter a contorna libre de lixo.

Areeiro recomenda aplicar un tratamento contra a botrite despois das infeccións

Ante as infeccións por botrite detectadas nesta semana, consecuencia do estado fenolóxico da uva (moi próxima á maduración) e as choivas que se rexistraron recentemente, a Estación Fitopatolóxica Areeiro acaba de lanzar un novo aviso fitosanitario no que aconsella tratar as viñas nas que non se tivese realizado ningunha aplicación con anterioridade.

As precipitacións dos últimos días provocaron un rápido incremento do tamaño dos grans, o que nalgunhas ocasións fixo rebentar a súa pel. Isto, xunto coas perforacións nalgúns predios de eirugas de Lobesia e ataques de paxaros nas uvas, deron lugar á aparición de micelio en acios de moitas viñas. Por esta razón, Areeiro recomenda aplicar un antibotrítico se non se realizou este tratamento con anterioridade. O persoal sinala que no Rexistro de Produtos Fitosanitarios do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación existen funxicidas autorizados para o control desta enfermidade con características e prazos de seguridade moi diferentes, polo que debe ser considerado cada caso concreto segundo o estado de maduración da uva e a presenza actual de síntomas e/ou feridas nos grans.

Por outra banda, o aviso volve referirse de novo á enfermidade da flavescencia dourada. Areeiro sinala que segue a haber capturas do Scaphoideus titanus nas trampas, agás nas viñas nas que se realizaron os tratamentos insecticidas recomendados, e lembra que loitar contra este insecto é un dos escasos medios para loitar contra esta patoloxía. Neste senso, advirte de que as poboacións deste insecto vector que queden este ano estarán fortemente relacionadas coas da campaña seguinte e, polo tanto, coa dispersión da enfermidade.


Respecto do mildio, o aviso sinala que coa entrada no pintado a uva xa non é sensible a este patóxeno, e só poden aparecer síntomas na vexetación e nos acios dos brotes netos, nos que apareceron precisamente nas revisións efectuadas esta semana. Coa previsión de altas temperaturas para os vindeiros días, o centro indica que en principio non será necesaria ningunha intervención máis que, opcionalmente, nos predios que tiveron fortes ataques nesta campaña se a densidade de manchas é tan elevada que pode provocar defoliación e comprometer a maduración en curso. 

Por último, o aviso da Estación Fitopatolóxica refírese tamén ás hortícolas. Lembra que os restos vexetais son o soporte que utilizan varias pragas e patóxenos para pasar o inverno, de xeito que neste momento, cando se están a levantar algúns destes cultivos, Areeiro aconsella que se eliminen estes restos para reducir a problemática que se poida ter o próximo ano.

Visita da concelleira de Deportes de Baiona aos distintos campus que se ofrecen na vila

0

A concelleira de Deportes, Ana María Iglesias Rodríguez, realizou distintas visitas aos campus que se están a celebrar durante esta semana nas instalacións do Pavillón Municipal de Deportes.

Entre as modalidades ofertadas estas semana figuran:

O Campus de Runnig cuxo corpo técnico estña comporto por Carlos Barroso García, Licenciado en Ciencias da Actividade Física e Deporte e tamén Diplomado en Educación Física, Educación Especial e TAFAD; e Ana Sánchez Quintas, monitora deportiva e adestradora persoal. As actividades de running sumáronselle actividades complementarias acuáticas e deportivas na praia, saídas polas rúas e parques da vila e tamén por algún monte cercano.

Outras das modalidades ofertadas foi o Campus de Multideporte, neste caso o corpo técnico estuvo composto por persoas licenciadas en actividade física e deporte e monitores de ocio e tempo libre. Como actividades complementarios os nenos e neas disfrutaron de sáidas á praia, senderismo e actividades de animación.

Por último, o Campus de Rítmica estivo capitaneado por Nahir, licenciada en Ciencias do Deporte; Carla, adestradora de Ximnasia rítmica e Pablo, monitor de ocio e tempo libre.

A concelleira de Deportes realizou unha visita a todos estos campus deportivos ofertados polo Concello de Baiona.

O MUMI anuncia as bandas que participarán no intercambio tecido coa Fira Mediterrània de Manresa

A feira das industrias musicais galega e portuguesa avanza o timeline da súa próxima edición e desvela cales son as bandas escollidas dentro do acordo de colaboración que se inicia este ano coa Fira Mediterrània de Manresa, o mercado de referencia para as músicas que utilizan a raíz, a tradición e a cultura popular como motor creativo.

Grazas a este intercambio, a Fira recibirá na súa próxima edición en outubro a proposta musical de Caldo, que foi escollida entre as bandas participantes na anterior edición do MUMI dentro da alianza entre as dúas feiras, e grazas ao acordo de colaboración asinado entre a Fira e a Axencia Galega das Industrias Culturais que financiará a participación da banda galega. Caldo terá a oportunidade de realizar un showcase para presentar o seu novo disco Lugar A Ponte neste importante mercado onde se dan cita programadores de todo o mundo. Lugar A Ponte, publicado o pasado mes de maio, é unha proposta íntima, moderna e potente, chea de honestidade e de responsabilidade tanto coa tradición coma con elas mesmas. Con este traballo, Caldo abre paso e reivindica o seu espazo no panorama actual coma unha das agrupacións imprescindibles á hora de entender a renovación e posta en valor da música tradicional a través da experimentación sonora. Neste segundo disco, Caldo incorpora lírica propia, textos coidados que asina Anaïs Barbier e que se fusionan naturalmente con outros aprendidos da tradición oral, reinterpretados desde unha ollada actual. En Lugar A Ponte todas as letras falan dun momento de cambio, dun vínculo, dunha perda ou dunha relación. Son, ao final, episodios vitais que conforman un álbum que narra, dalgún xeito, as sensacións dentro do fogar, ese lugar ou núcleo que se constrúe amodiño, da man da xente máis próxima e querida.

Este ano a Fira Mediterrània de Manresa vai acoller tamén a outras bandas galegas como Caamaño & Ameixeiras, que tamén e a súa proposta, dentro do Focus Galiza-Portugal que o mercado catalán ten programado neste edición.

Na outra punta do intercambio, o MUMI vai contar na súa programación cunha proposta musical catalá seleccionada pola Fira. Trátase de Alba Careta & Henrio,  un delicado proxecto no que a trompetista e cantante Alba Careta e o cantautor e produtor Henrio presentan unha viaxe onírica por varias cancións de berce catalás recollidas no cancioneiro popular de “Càntut, cançons de tradició oral”, onde se recompilan máis de 1.700 cancións e gravacións de cancións de tradición oral. Este proxecto nace da necesidade de recuperar as cancións utilizadas nos momentos máis tenros da crianza e que pasaron de xeración en xeración co obxectivo de acougar e durmir aos máis pequenos. O concerto contará con algunhas das cancións de berce máis coñecidas en Cataluña como ‘O noi da mare’ ou ‘Son son’, pero tamén nos descubrirá melodías e letras únicas que, sen o traballo incansable de recompilación de cancións do cancioneiro popular de Càntut, caerían no esquecemento.

Este showcase súmase aos xa anunciados de Antía Muíño, Mondra, Anxo Araújo, Diego Alonso 5tet, Habelas Hainas, Lontreira, Moura e Xurxo Fernándes pola banda galega; e as propostas de Aníbal Zola, Expresso Transatlântico , María Monda, Maze, Retimbrar e Virgem Suta pola banda portuguesa.

Unha decena de ‘barcos tolos’ inundarán o domingo a Foz no Miñor no “Flota como Poidas”

0

O Concello de Nigrán prepárase para festexar este domingo, 6 de agosto, o seu evento máis surrealista e hilarante do verán: a concentración de artefactos flotantes ‘Flota como Poidas’. Un total de 30 tripulantes con idades comprendidas entre os 7 e os 65 anos e distribuídos en dez ‘pseudoembarcacións’ construídas por eles mesmos competirán desde as 17:30 horas na Foz do Miñor por premios tan delirantes como o ‘Titanic’ ao primeiro que afunda ou o artefacto máis ‘cutre’ e máis ‘currado’ ou á tripulación máis ‘intrépida’ e ‘simpática’.

O evento, que cada ano reúne a centos de persoas na contorna da ponte romana, apunta á diversión absoluta ao tenor dos nomes dos artefactos flotantes inscritos: ‘Juan Sebastián de Elpalo’, ‘As Chuzas’, ‘Escenas de matrimonio’, ‘¡Mandacaballo!’, ‘Gondoleros en apuros’, ‘Can de Palleiro’, ‘Petrogran’, ‘A bicichoca’, ‘Equipo Firulais’ e ‘Villa Cousa’

Como é xa habitual, o ‘Flota como poidas’ coincidirá coa celebración da festa de comerciantes ‘Portobelo’ organizada coa asociación de empresarios Ovalmi na Alameda de A Ramallosa durante todo o día, polo que o Concello abrirá excepcionalmente este domingo de 10:00 a 22:00 horas o parking municipal gratuíto da rúa Argonautas (ao carón da Piscina Mancomunada) para facilitar a asistencia (o horario habitual é de luns a sábado de 8:00 a 22:00 horas e tamén gratis).

O Concello de Salvaterra escolle os festivos locais de 2024

O pasado luns 31 de xullo, na sesión ordinaria do Pleno Municipal de Salvaterra de Miño, aprobáronse os festivos locais para o ano 2024.

O vindeiro ano, ao coincidir a festividade de San Lourenzo, o 10 de agosto, en sábado, trasladouse ao día 13 de maio, festividade Fátima. A outra data aprobada foi o luns do Cristo, o 10 xuño, como xa é habitual.

Polo que finalmente os dous días de festividade local fixados na vila do Condado serán o 13 de maio e o 10 de xuño, a maiores dos festivos nacionais e autonómicos.

A Cañiza preparase para a LVII edición da Festa – Feira do Xamón

0

O vindeiro 15 de agosto, a vila da Cañiza, celebra os “57 anos de Feira do Xamón”, unha festa gastronómica que, a excepción dos anos da Covid, 2020 e 2021, vén celebrándose dende o ano 1967. Unha cita ineludible do verán galego co bo xamón que, ademais, ten o valor de congregar e reunira veciños e turistas.

Na xornada do 15 de agosto, o Concello preparará 10.000 racións de xamón en diferentes especialidades, sendo o xamón curado o abandeirado. Tamén tortilla de xamón, empanada, xamón asado e xamón empanado. As racións que se poderán comprar nas típicas pallozas da Feira véndense a 7 € e inclúen ademais do xamón, pan, un vaso de viño albariño da Cañiza ou auga. Destacar que un dos albariños que ofreécese na xornada, Abelán (de Terras de Abelán), da D.O. Rías Baixas, foi elexido como un dos mellores viños da terra nas Catas de Galicia 2023 organizadas por AGACAL, conseguindo o prezado Acio de Ouro.

Abriu a presentación desta festa o alcalde de Melón lembrando os seus anos da infancia e adolescencia, cando tiñan como referente das mellores festas, á Feira do Xamón. Uns anos nos que a Feira se celebraba agasallando cun lisco de xamón e pan aos conductores e ocupantes dos vehículos que circulaban pola N-120, ao seu paso pola Praza Maior. O rexedor agradeceu a invitación e felicitou ao Concello pola organización desta grande Feira.

Pola súa banda, o deputado David Regades, novamente aceptou a invitación do Concello de estar presente na Cañiza para ponderar e vender un dos mellores activos da Cañiza: o xamóns e a súa feira que promociona este produto.

Na presentación, o alcalde da vila avanzou a programación das festas que podedes consultar neste enlace https://caniza.org/gl/actualidade/axenda-actividades/programacion-da-57-feira-do-xamon-15-de-agosto-2023, destacando a celebración da cata comentada de curados e viños, o obradoiro do bocadillo xigante de xamón, o VIII concurso nacional de cortadores de xamón e a propia Xornada Gastronómica do 15 de agosto.

Tamén adiantou que o Concello traballará para conseguir a declaración desta Festa de Interese Turístico Nacional, distinción que xa ten a nivel galego e para acadar a denominación IXP, poñendo en valor o microclima especial da Cañiza para o curado dos xamóns.

Luis Piña agradeceu e felicitou aos cociñeiros do Restaurante Os do Resero pola elaboración dalgunhas das tapas desta presentación e moi especialmente a Víctor Burgos pola calidade e o deseño dos seus  senlleiros pratos de xamón.

Rematou a súa intervención recordando o traballo excepcional desenvolvido por todos os homes e mulleres que dende os inicios da Feira, ala polo año 1967, traballaron para que hoxe A Cañiza sexa coñecida como “a Terra do Xamón”.

Visita aos muíños do Tripes o próximo venres

0

“Coñece o noso patrimonio rural: Os Muíños do Tripes” é o título da visita guiada que o próximo venres, 11 de agosto, ás 10 h terá lugar á case unha trintena de muíños situados na senda do río Tripes. A actividade está organizada pola Asociación Cultural Muiñeiros do Río Tripes en colaboración co Concello de Tui.

A participación nesta actividade é gratuíta pero é preciso inscrición previa en [email protected].

Trátase dun percorrido sinxelo de dificultade baixa e apto para a toda a familia. A duración estimada é de 2 horas. Partirá da área recreativa de Circos.  As persoas participantes poderá coñecer os muíños construídos á beira do río Tripes, e coñecer polo miúdo o seu funcionamento, a importancia que tiveron no seu día, e terán a oportunidade de ver algún deles en funcionamento. Máis aló destes importantes elementos etnográficos a ruta conta tamén cun gran valor natural pola flora e fauna visible ao longo do percorrido, xa que cómpre lembrar que os muíños están situados no Parque Natural do Monte Aloia, o que foi o primeiro espazo natural protexido de Galicia.

A segunda fase das obras do parque da Alameda do Porriño avanzan a bo ritmo

O alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, e o concelleiro de Vías e Obras, Ramón Porto, comprobaron de primeira man os avances da segunda fase das obras de mellora e humanización que se están a desenvolver no parque da urbanización Alameda, na Avenida de Galicia.

As continuas filtracións que se daban neste espazo de uso público estaban a causar danos estruturais no soporte da praza e afectando ao garaxe que se atopa baixo a mesma, algo que estaba a causar numerosos perxuízos aos usuarios destas prazas de aparcamento.

Co fin de resolver este problema, o Concello do Porriño acometeu as obras de impermeabilización deste espazo, que abrangue unha superficie de 2.000 metros cadrados, aproveitando a actuación para levar a cabo a humanización da outra parte da praza e o seu acondicionamento como espazo público de lecer, creando un novo parque infantil para disfrute dos máis pequenos.

“Coa primeira fase xa executada, continuamos coa humanización da praza cunha segunda intervención de substitución do pavimento existente e a impermeabilización do soporte estrutural da propia praza”, explicou Lorenzo. “Ademais, facilitarase a accesibilidade ás vivendas e baixos comerciais con acceso ao interior da praza, xa que algún deles presentaba desniveis que dificultaban a accesibilidade”.

O orzamento desta segunda fase do proxecto ascende a 83.182,61 euros. A humanización e mellora desta céntrica praza supuxo unha inversión de 138.868 euros, financiada na súa totalidade a través dun convenio de colaboración asinado coa Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes da Xunta de Galicia.

16 parellas estrearán as gamelas tradicionais restauradas de Baiona na Regata de 2023

0

A tradicional Regata de Gamelas que servirá de pistoletazo de saída este venres ás 17:00 h para as Festas da Anunciada  que se celebrarán a primeira fin de semana de agosto en Baiona, concretamente o 4,5,6 e 7 de agosto.

Un total de 16 parellas varias embarcacións masculinas e femininas participarán na proba denominada Regata de Gamelas Vila de Baiona Gran Premio EuroRed. En concreto, 10 masculinas e 6 femininas, chegadas desde A Guarda, Tui, Moaña, Vigo, Cangas, e como non pode ser doutra maneira, as da propia Vila de Baiona.

Trinta e  seis anos leva celebrando esta tradicional regata na Vila mariñeira e o Concello de Baiona, a través da Concellería de Actividades Marítimas, realizou un restauración destas tradicional embarcacións baionesas.

O Alcalde de Baiona, Jesús Vázquez Almuíña, destaca que “para a regata de gamelas de 2023 realizouse unha restauración integral das embarcacións, deixándoas nunhas condicións óptimas para a competición: Estes traballos de restauración engloban os traballos de lavado, lixado, reparación de golpes e orificios con fibra de vidro, reposición da cabullería e elementos de amarre, reclavado dos reforzos do plan e finalmente os traballos de pintura e marcaxe, consistentes nunha man de imprimación, dúas mans de pintura e a colocación de todos os vinilos para a súa personalización”.

Así mesmo, todos os remos foron sometidos a unha restauración completa mediante tarefas de lixado e pintado, reparación de remadoiras e a preparación das empuñaduras para un correcto equilibrado dos remos.

Todos estes traballos foron realizados baixo o patrocinio de Grupo Eurored en colaboración co Excelentísimo Concello de Baiona.

Precisamente, a regata leva o título de Regata de Gamelas” Gran Premio Euro Rede Vigo 2023”.

O campo de regatas estará instalado como manda a tradición no porto pesqueiro o venres da Anunciada, día 4 de agosto, e as probas clasificatorias comezarán ese mesmo día ás 17:00 horas, rolda de clasificación feminina, ás 17:30 horas, rolda de clasificación masculina. Ás 20:00 horas dará comezo a randa final feminina e media hora máis tarde a masculina.

Ás 21:00horas terá lugar a entrega de trofeos e premios en metálico para vos tres premios clasificados de ambas as categorías. Primeiro clasificado 300 €, segundo clasificado 200 € e terceiro clasificado 100 €.

Homenaxe á lamprea en Arbo os días 11, 12 e 13 de agosto

0

Este ano a Festa da Lamprea Seca celebrará a súa XXVIII edición os días 11, 12 e 13 de agosto durante as tres xornadas festivas de exaltación nosa afamada lamprea durante a chamada «Festa da Lamprea do verán» na xa tradicional «Carballeira de Turbela».

É a consecuencia da repercusión e a demanda do visitante, ávido de seguir gozando dunha exquisitez única que cada vez desestacionaliza máis o seu consumo ao ir coñecendo o público asistente esas outras deliciosas receitas coas que os cociñeiros e cociñeiras de Arbo son capaces de preparar este exclusivo manxar do Miño fóra da tempada de pesca.

Ademais, Arbo é considerada como a capital mundial da lamprea. Como se adoita dicir, non sabe igual se se saborea en Arbo coma se elabórase en calquera outro punto da xeografía española ou do mundo.

A primeira Festa da Lamprea Seca tivo lugar no ano 1996, sendo concelleiro de cultura o actual alcalde, Horacio Gil, co obxectivo de dar continuidade á promoción desta delicia gastronómica, poñendo en valor estoutras formas de preparar a lamprea fóra de tempada, que permiten, desta maneira, degustala durante todo o ano.

Programación

  • Venres 11 de agosto
    • 21.00h: Apertura de postos de degustación
    • 22.00h: Actuación do grupo “Prysma”
  • Sábado 12 de agosto
    • 10.00h: Andaina popular, saída dende o Museo “Arabo” e chegada á Carballeira de Turbela. Inscrición no correo electrónico [email protected]
    • 11.00h Apertura de postos de degustación
    • 13.00h a 15.30h: actuación do grupo “Tonichi e Pacheco”, na Carballeira de Turbela
    • 22.00h: Concerto do grupo arbense “Mel de Meiga”
  • Domingo 13 de agosto
    • 10.00h: Festa dá Bicicleta. Saída dende a Praza do Concello e chegada chegada á Carballeira de Turbela. Inscrición na páxina web www.festadalamprea.gal
    • 11.00h: Apertura de postos de degustación
    • 12.00h: Actuación do grupo folclórico “A.C. A Barca de Loimil”
    • 13.00h a 15.30h: actuación do grupo “Ou son dás tabernas”, na Carballeira de Turbela

Durante os tres días, tamén haberá postos de artesania e comida e visitas guiadas ao Museo Arabo.

Segundo manifesta o alcalde Horacio Gil, que ademais é o responsable da área de Turismo e promoción do Concello de Arbo, «desde o Concello seguimos na mesma liña de promocionar e poñer en valor o noso Turismo único, a lamprea, os viños das nosas Adegas con D.Ou. Rías Baixas, a gastronomía, o enoturismo, o patrimonio, a paisaxe, a natureza, o deporte de aventura, as pesqueiras, os carreiros….».

Presentación do libro sobre a Historia do Traxe Galego nas Festas do Monte

0

O vindeiro sábado día 5 de agosto, ás 20.00 horas, o Centro Cultural da Guarda acolle a presentación do libro coordinado por María del Carmen González sobre a historia do traxe galego na vila mariñeira da Guarda dende o século pasado ata a actualidade, unha acción promovida dende a Asociación pola Recuperación do traxe galego.

No acto de presentación, ademais da propia autora, participará tamén J. Luis Álvarez, membro do grupo “Sete Espadelas” de Pontevedra, que realizará unha intervención sobre o traxe tradicional e as súas particularidades no sur da nosa provincia.

O acto estará amenizado polo grupo de gaitas tradicional Raigames, de Vigo.

Ademais, dende o día 5 ata o día 11 de agosto haberá una exposición de traxes tradicionais na sala de exposicións do Concello de A Guarda.

Esta fin de semana, no Rosal, será o Encontro de Corais e o Festival de Músicos Xoves

0

O Festival de Músicos Xoves e o Encontro de Corais serán os protagonistas desta fin de semana no Rosal.

O Festival de Músicos Xoves chega á súa edición número 32, e faino xuntando na Praza do Calvario, este sábado a partir das 20.30 horas, a tres bandas de música de enorme calidade: a Banda Escola de Música de Rianxo, a Banda de Música de Vilatuxe e a Agrupación Musical do Rosal.

Pola súa banda, o XXXII Encontro de Corais celebrarase este domingo , 6 de agosto, na Igrexa de Santa Mariña ás 20 horas, e nel participarán a Coral Polifónica de Tomiño, a Coral S. Martín de Meirás, de Sada, e mais o Coro Agrupación Musical do Rosal.

Ambas actividades, abertas ao público e de balde, realízanse no marco do IV Rosal Cámara Fest, que se celebra desde o 20 de xullo e ata o 8 de agosto. O concerto de peche será o próximo martes con Camerata Arven na Igrexa de Santa Mariña.

As festas patronais da Anunciada de Baiona contarán cunha “caravana morada”

0

A Concellería de Igualdade do Concello de Baiona informa de que a “caravana morada” estárá instalada no  Paseo Ribeira o venres 4 de agosto e o sábado 5 de agosto. Terá un horario de apertura dende ás 20:00 ás 04:00 horas para dar servizo nas festas patronais da Anunciada.

A caravana do punto lila estará atendida por un equipo técnico especializado en previr e orientar na loita contra a violencia de xénero , integrado por dúas profesionais expertas en violencia de xénero: unha psicóloga e unha traballadora social.

Ambas asistirán e asesorarán ás mulleres que así o necesiten e informarán  sobre os recursos dispoñibles a nivel local, comarcal , autonómico e nacional. Asimesmo, ofreceráse un servizo de prevención, información e acompañamento a violencia de xénero.

O obxectivo do punto lila é por unha banda concienciar e visibilizar o compromiso social e rexeitamento comunitario das violencias informando sobre os recursos dispoñibles contra a violencia de xénero e  por outra parte ofrecer atención técnica, psicolóxica e  de coordinación.

O punto Lila “Caravana Morada” está financiado con cargo aos créditos recibidos do Ministerio de Igualdade Secretaría de Estado de Igualdade e contra a Violencia de Xénero. 

Tomiño pon a punto os parques infantís para o verán

0

O Concello de Tomiño pon a punto os parques infantís do municipio tras finalizar diversas obras de construción e mellora, cunha inversión total que superou os 380.000 euros. Estas actuacións teñen como obxectivo facer dos parques espazos máis inclusivos, pensados para nenos e nenas con todo tipo de capacidades, e que conviden ao xogo en grupo.

Son dous os novos parques que foron construídos, o parque do Campo da Feira e o de Goián. O parque de Goián foi financiado polo Plan Concellos da Deputación de Pontevedra. Ambos espazos foron realizados por petición expresa do Consello da Infancia e da Adolescencia de Tomiño e  en colaboración con el.

No caso do Campo da Feira, conta cun espazo verde e de descanso no que se realizou unha reordenación do espazo e colocáronse novos elementos de xogo, potenciáronse  os espazos de sombra que achega a vexetación existente e renováronse o  mobiliario urbano e mais as luminarias.

Pola súa banda, o parque da Praza da Mina, no Seixo, foi totalmente renovado, acondicionándose para que os máis pequenos, incluíndo bebés, poidan xogar nel, con chan acolchado e xogos inclusivos. Desde que remataron os traballos de mellora, todos os eventos ao aire libre que organiza o Concello para público infantil realízanse neste parque da Praza da Mina, que se converteu nun espazo moi acolledor.

En canto ás diferentes parroquias do municipio, no Parque de Cristelos tamén se realizaron obras completas de renovación. Entre os elementos de xogo colocados neste parque, destacan a tirolina, a excavadora  e a pirámide de cordas.

No parque de Pinzás, levouse a cabo unha acción de mantemento integral, mentres que se realizaron outro traballos no resto de espazos, dentro do Plan de Mellora dos Parques Infantís. En concreto, actuouse nos parques de  Vilachán, Cotro, Carregal, Taborda, Vilachán do Monte, Fontenova e Cruceiros en Forcadela, e Gándara, en Sobrada, entre outros. Con estas accións, boa parte dos parques infantís do municipio foron mellorados ou renovados.

O Concello emprendeu ademais, coa Policía Local, unha acción conxunta para manter os parques limpos de defecacións de cans e mais de cabichas, colocando cartelería na contorna de cada un deles. A finalidade é que a cidadanía entenda que son espazos de especial protección e os respecte como tales, especialmente as áreas de céspede artificial, que son utilizadas diariamente por bebés, nenos e nenas para quen o chan é tamén un espazo de xogo.

O Porriño incrementa en máis dun 84 % as axudas ás traídas de augas

O Concello do Porriño destinará 175.000 euros a axudas para as comunidades de usuarios de auga do municipio. A administración local suma 80.000 euros aos 95.000 consignados no orzamento prorrogado, incrementando nun 84,21 % as subvencións para a mellora e mantemento das instalacións das traídas.

Esta nova convocatoria, a de maior contía proposta desde a administración local,  suma unha nova liña destinada a inversións. Así o obxecto destas axudas comprenderá non só o mantemento e reparación das instalacións senón tamén a súa mellora. As beneficiarias poderán optar a financiación para a contratación de obras de reparación, substitución ou ampliación de redes de distribución, analíticas de control sanitario ou mantemento e conservación en captación, mantemento das instalacións ou sistemas de almacenamento e potabilización.

O concelleiro, Marcos Martínez, adiantou que “nas próximas semanas publicaranse as bases da convocatoria de axudas, á que poderán optar todas as comunidades de augas do Porriño que estean formalmente constituídas. En calquera caso, informaremos a todas as traídas para explicarlles máis polo miúdo o obxecto destas bases e facilitarlles a tramitación das solicitudes”.

“Con estas axudas queremos axudar ás traídas a aumentar a calidade do servizo que prestan á veciñanza, contribuír a mellorar tanto o sistema de abastecemento como a calidade da auga. Ademais, por suposto, de promover un uso máis eficiente dos recursos hídricos dos que dispoñemos, algo de vital importancia nun momento no que as alertas por seca son cada vez máis habituais”, explicou o alcalde, Alejandro Lorenzo.

Volve a campaña Galicia sabe aMar á Guarda

0

Despois da primeira visita na primavera, a furgoneta da campaña GALICIA SABE AMAR repite no concello e veciños e visitantes poderán degustar os petiscos elaborados con produtos certificados galegos destacando así a gran variedade e calidade dos mesmos. Ademais de por en valor o traballo dos profesionais do mar e da terra.

Esta segunda visita será os días venres 4 e sábado 5 de maio e a furgoneta estará instalada na Praza de Avelino Vicente (As de Copas) ofrecendo os petiscos gratuítos a todos aqueles que se acheguen nas horas da degustación, durante a mañá de 11:30 a 14:00 e na quenda de tarde entre ás 18:00 a 21:00 horas.

GALICIA SABE AMAR é unha campaña da Xunta para animar á cidadanía a consumir produtos do mar a través de petiscos mesturados coa retranca galega e os dobres sentidos. Esta iniciativa conta con 4 furgonetas que están a percorrer 260 municipios de España vencellados ao Camino de Santiago.

Máis info da campaña na ligazón:

https://mar.xunta.gal/sites/default/files/galiciasabeamar/index.html

Dez matrimonios danse cita o domingo na Praza do Concello de Arbo

0

Xa fai máis dunha década que o concello de Arbo o Concello de Arbo, organiza as Vodas de Ouro, galardoando a todas as parellas da localidade que cumpren 50 anos de casados.

10 matrimonios daranse cita para ser galardoados polos seus 50 anos de amor  e que foron convidados polo Concello para ser  homenaxeados nun acto que se realiza na Praza do Concello o vindeiro 6 de agosto ás 21:00 horas.

Ao acto acudirán un total de 10 matrimonios e outras parella máis recibirán a visita do Alcalde no seu domicilio ao non poder acudir ao acto por motivos persoais. Neste evento preténdese recoñecer que o Amor pode durar a través dos anos e manterse vivo, se a comprensión, devoción e agarimo vaise coidando cos anos. Para estas parellas participantes adoita ser un momento moi emotivo e significativo.

O Concello, e eu como alcalde, sentímonos orgullosos de poder realizar este merecido homenaxe en nome de todos os vosos veciños e veciñas, ofrecéndo o mellor agasallo que podemos adicar, unha mostra do respecto, a admiración e o cariño que profesan estes matrimonios, xunto coa vosa familia e seres queridos, toda á sociedade arbense – manifesta o alcalde do Concello Horacio Gil

Durante o evento, os matrimonios poderán desfrutar da actuación do artista Antonio Barros con “ialma”, un directo acustico de boleros e baladas.

Antonio Barros e coñecido polo seu paso polo concurso televisivo Recantos do recoñecido programa Luar da TVG, concurso do que foi coñecido.

Da man do alcalde, os homenaxeados recibirán un pin co escudo do Concello no caso dos homes e un ramo de frores no caso das mulleres, así como unha placa conmemorativa que lles recorde o seu paso por este evento.

Aumenta o servizo de buses Vigo-Baiona, Vigo-Gondomar e o servizo diario do Porriño, Tui e Ponteareas cara a Praia América

A Xunta incrementa en agosto máis de 200 frecuencias de autobús á semana na liña Vigo-Baiona e Vigo-Gondomar, e nos servizos diarios do Porriño, Ponteareas e Tui cara a Praia América, en Nigrán.

Os servizos que conectan estas localidades e as zonas de praia refórzanse para atender a demanda de transporte público específica durante esta época para os desprazamentos aos areais.

Dúas das liñas de autobús que atenden a conexión Vigo-Baiona contan en agosto con servizos reforzados, unha delas, con paradas nas praias de Nigrán: Praia América, Panxón e Patos.

Estas liñas realizarán 187 servizos máis á semana con respecto aos meses de setembro a xuño, 27 máis ao día de luns a sábado, e 25 máis os domingos e festivos.

Así, entre Vigo e Baiona os autobuses teñen frecuencias de ata 15 minutos en moitas horas do día, en momentos de maior demanda, e hai servizos cada hora durante a tarde na conexión cos areais de Nigrán.

Entre Vigo e Gondomar, a liña que realiza paradas en Praia América, Panxón e Patos terá en agosto 29 servizos máis á semana que nos meses de setembro a xuño. Son 5 máis ao día de luns a venres e 2 máis sábados, domingos e festivos.

Estes reforzos permiten ter autobuses case cada hora durante a tarde entre semana, e nas fins de semana, horarios adecuados aos desprazamentos á praia.

Ademais, a oferta de servizos facilita as viaxes en transporte público á praia desde outros concellos da área do sur de Vigo, con liñas directas sen paradas intermedias desde O Porriño e Tui a Praia América, en Nigrán.

Desde O Porriño, os cidadáns dispoñen en agosto dun servizo de ida e outro de volta todos os días da semana, con saída ás 15,00 horas e regreso ás 20,30 horas desde o areal. Ao non realizar paradas intermedias, a duración é de só 30 minutos.

Esta liña directa pode ser empregada polos usuarios de Ponteareas, tras os axustes realizados desde o 1 de agosto para mellorar a coordinación cos servizos que conectan Ponteareas e Vigo e facilitar os enlaces no Porriño.

Desde Tui tamén hai unha liña directa a Praia América cunha expedición de ida e outra de volta de luns a domingo, con saída de Tui ás 12,00 horas e volta ás 19,00 horas.

Con esta oferta de servizos de autobús, a Xunta atende a demanda de mobilidade que existe no verán nesta área e facilita os desprazamentos á praia en transporte público, como principal alternativa ao vehículo particular, evitando a saturación de tráfico e as emisións contaminantes nos desprazamentos aos areais.

Nestes servizos, como en todos os autobuses da Xunta, os menores de 21 anos poden viaxar gratis empregando a tarxeta Xente Nova.

Tamén o resto de usuarios do transporte público da Xunta poden beneficiarse dos descontos da tarxeta TMG.

Os horarios dos autobuses da Xunta e toda a información relativa aos servizos está dispoñible para a súa consulta na páxina web www.bus.gal.

Tui prepara visitas guiadas para o mes de agosto

0

A próxima semana proseguen as visitas do programa “Coñece o noso patrimonio” organizadas polo Instituto de Estudios Tudenses coa colaboración da concellería de Patrimonio e Turismo do Concello de Tui.

O obxectivo desta actividade é  realizar un achegamento a diversos espazos patrimoniais da man persoas especialista en distintas ámbitos e pertencentes ao Instituto de Estudos Tudenses.

A primeira das propostas tivo lugar, o pasado xoves, 27 de xullo, con cunha gran acollida xa que preto de noventa persoas coñeceron da man de Patxi Pérez Ramallo a investigación realizada na necrópole de San Bartolomeu. 

A próxima cita será o mércores, 9 de agosto, ás 20.30 h cunha visita guiada polo historiador tudenses José Ramón Fernández Fernández titulada “Igrexa de San Domingos, un singular templo entre o gótico e o barroco”. Comezará no adro da igrexa de San Domingos.

O luns 14, ás 20.30 h, no lavadoiro de Riomuíños comezará o percorrido guiado polo historiador tudenses Suso Vila sobre “O barrio histórico de Riomuíños”.

O martes 22 ás 20 h na praza de San Fernando terá lugar a visita “A Catedral de Tui no medievo. Un percorrido exterior a través do románico e o gótico”,   a cargo da profesora da Universidade de Santiago de Compostela Marta Cendón Fernández.

O programa pecharase o venres, 25 de agosto, ás 20 h na praza de San Fernando co arqueólogo Juan José Perles Fontao coa visita  “As murallas de Tui”.

O aforo das visitas está limitado, polo que é preciso inscrición previa enviando un correo a [email protected] co nome, apelidos, e teléfono de contacto. É preciso enviar unha mensaxe por cada ruta na que a persoa se desexe inscribir indicando no asunto o día da ruta elixida.

A concelleira de Turismo e Patrimonio, Ana Núñez Álvarez, indica que o éxito da conferencia e visita do pasado xoves sobre as intervencións arqueolóxicas en San Bartolomeu de Rebordáns, con máis de noventa participantes que desbordou as expectativas do Instituto de Estudios Tudenses e o Concello de Tui, evidencia o acerto desta iniciativa de achegamento aos nosos bens patrimoniais a cargo de destacados especialistas do Instituto de Estudios Tudenses.

Programa de visitas

  • Mércores, 9 de agosto. 20.30 h
    • “Igrexa de San Domingos, un singular templo entre o gótico e o barroco” guiada polo historiador José Ramón Fernández Fernández.
    • Inicio no adro na igrexa de San Domingos 
  • Luns, 14 de agosto. 20.30 h
    • “O barrio histórico de Riomuíños” guiada polo historiador Suso Vila
    • Inicio no Lavadoiro de Riomuíños
  • Martes, 22 de agosto. 20.00 h
    • “A Catedral de Tui no medievo. Un percorrido exterior a través do románico e o gótico” acorrerá a cargo da profesora da Universidade de Santiago de Compostela Marta Cendón Fernández.
    • Inicio na Praza de San Fernando
  • Venres, 25 de agosto. 20.00 h
    • “As murallas de Tui” guiada  polo arqueólogo Juan José Perles Fontao.
    • Inicio na Praza de San Fernando 
  • Inscrición previa enviando un correo a [email protected] co nome, apelidos, e teléfono de contacto. É preciso enviar unha mensaxe por cada ruta

O comercios prepáranse para o “Shopping night Redondela”

0

A Asociación de Empresarios está a repartir entre os comercios participantes o kit de material decorativo que inclúe bolas de discoteca, guirnaldas, etiquetas especiais para marcar de prezos e descontos exclusivos da xornada así como a cartelería das promocións personalizadas de cada establecemento.

Os mais de 40 comercios participantes súmanse a preparación dunha decoración especial moi discotequeira. Nos establecementos, ademais do anunciados descontos, sorteos e promocións tamén poderemos atoparnos con actuacións de Dj´s.

Os Dj´s participantes aseguran que a música dos oitenta está garantida nesta noite musical e de compras que culminará coa actuación da Banda homenaxe a Sabina, que servirá a moitos para retrotraerse a unha década que deixou unha pegada moi especial, e Sabina foi un dos máximos expoñentes.

A longo da vila tamén nos poderemos atopar con photocall para que a clientela fágase fotos, comparta nas redes e participe nas promocións e sorteos que algúns dos establecementos teñen preparadas baixo esta divertida modalidade de participación. Para participar haberá que seguir as indicación de cada establecemento que basicamente consistirán en subir a foto e etiquetar ao establecemento no que se realizara a compra.

A praza da Constitución albergará tendas efímeras que se localizarán en carpas e actividades organizadas polos propios establecementos alí desprazados.

As actividades da xornada darán comezo sobre ás 19:30 h co pasarúas da compañía Chocolitos e a partir das 20:00 h sucederanse distintas actuacións ao longo de toda a vila.

O programa completo está dispoñible na seguinte ligazón https://www.empresasredondela.gal/noticias/shopping-night-2023.

Xisco Feijoó cabeza de cartel no Son do Pazo 2023

0

O Festival Intercéltico ‘O Son do Pazo’ é unha cita estival, que naceu en 2015 coa intención de consolidarse e converterse nun referente da música galega tanto en Mos como na área Metropoilitana e en toda a zona sur de Galicia e Norte de Portugal. Os días 2 e 3 de setembro, nun escenario único e cheo de historia como a contorna exterior do Pazo de Mos, terá lugar a VIII edición, cun programa musical atractivo coa presenza de grandes grupos do mundo folk como Xisco Feijoó como cabeza de cartel e acompañado por grandes artistas como Mondra, De Ninghures, O fiadeiro, Airiños do Castelo…

O evento, que está organizado polo Círculo Cultural e Deportivo Santa Eulalia de Mos en colaboración coa Xunta de Galicia,a Deputación de Pontevedra, o Concello de Mos e a Fundación Pazo de Mos, presentábase oficialmente onte á tarde nun acto presidido conxuntamente pola alcaldesa, Nidia Arévalo, o director Xeral de Política Lingüística Valentín García, a vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Marta Fernandez Tápias, o presidente do Círculo Cultural e Deportivo Santa Eulalia, Ramón Alfaro, e unha representación da Fundación Pazo de Mos. A alcaldesa Nidia Arévalo, expresou o seu “agradecemento” a todos os que fan posible co seu traballo e colaboración este Festival contribuindo así ao seu éxito. Valentín García, eloxiou o evento como espazo “necesario” de difusión da música e a cultura galegas.

O Son do Pazo é un festival con gran variedade de estilos e riqueza da música galega e de raíz. Durante os dous días do festival poderase gozar tamén da gastronomía, o sábado con porco ao espeto, e o domingo con sesión vermut e pulpeira. Non faltará a presenza do baile tradicional, cunha actuación o sábado da mán do grupo O Fiadeiro, e un Obradoiro de baile impartido por Adrao o domingo. A entrada un ano máis será gratuíta e poderase gozar dos seguintes artistas e expectáculos:

  • Sábado:  TREBOEIROS DA MUIMENTA DE SOBRADA –  O FIADEIRO – AIRIÑOS DO CASTELO – ELIZABHET DAVIDSON – BLYTHE & DANIEL QUAYLE  – DE NINGHURES – XISCO FEIJOÓ E MONDRA
  • Domingo: BRAIS DAS HORTAS – TANTO NOS TEN – ADRAO

O Mago Teto chega á Guarda con Rock&Magic

0

O vindeiro xoves día 10 de agosto chega á Guarda unha das citas máis agardadas deste verán, Rock ‘n’ Magic, o novo show do Mago Teto, que terá lugar ás 20:30 h no auditorio de San Benito.

Rock ‘n’ Magic, dirixido por Fran Rei, é mais que un espectáculo de maxia; é un concerto de rock and roll. O Mago Teto, un dos mellores e máis populares magos do noso país, une o seu talento ao de Fer Risco na batería e Mon Orencio na guitarra, para construír un espectáculo onde a maxia convive con algúns dos clásicos do rock and roll.

Aparicións sorprendentes, xogos de adiviñanzas e pequenas e grandes ilusións máxicas comparten protagonismo coa música rock. Led Zeppelin, Bob Dylan, Los Suaves e infinidade de rock stars están presentes neste espectáculo a través dunha banda en directo que son o complemento perfecto á maxia do xenial Mago Teto.

Unha gran posta en escena, unha iluminación espectacular, participación do público, humor, maxia son os elementos que fan de Rock ‘n’ Magic un espectáculo único, posiblemente a experiencia teatral máis parecida a un concerto de rock.

O venres pecha o prazo de inscrición para o “Flota Como Poidas” de Nigrán

0

O Concello de Nigrán pecha este venres 4 de agosto ás 12:00 horas o prazo de inscrición para participar na xa tradicional concentración de “artefactos flotantes” chamada “Flota Como Poidas”, que terá lugar o domingo 6 de agosto ás 17:30 horas desde a ponte de Ramallosa, no Río Miñor. Os interesados deberán anotarse no formulario web do Concello en www.nigran.es. A recollida de dorsais será no punto de saída o mesmo día de 16.00 a 17.00 horas. Entre tódolos participantes sortearase un kayak e os premiados levarán cadansúa cesta de froitas e o seu diploma e agasallo sorpresa. O evento, como é habitual, coincidirá coa celebración da festa de comerciantes ‘Portobello’ organizada coa asociación de empresarios Ovalmi, polo que abrirá o parking municipal de A Ramallosa para facilitar a asistencia (gratuíto e aberto de 10:00 a 22:00 horas).

É obrigatorio o uso de chaleco salvavidas, correndo a cargo de cada participante. O Concello premiará o artefacto flotante máis ‘currado’ e máis cutre, a tripulación máis simpática, a familia máis intrépida e participativa, o tripulante máis vello e máis novo e ao “Titanic” da edición.

Cociña e música en directo este sábado na Mostra de Produtos de Covelo

0

Cosmética natural, xoiaría, maquetería, textil, moda, cestaría, panadaría, horta eco, caracois de terra, cerámica polimérica, artesanía, madeira, tambores chamánicos, queixos, caracois de mar, xoias con cortiza e aceiro, tatuaxes de henna, prata, prantas e moito máis por descubrir para as persoas que se acheguen este sábado á Mostra de Produtos de Covelo. Como cada primeiro sábado de mes de 10 a 14 horas a praza Mestre Cerviño ateigarase de produtos de proximidade, artesanía e segunda man.

O posto de polbo non faltará e tampouco as actuacións e os obradoiros. A partir das 11:30 horas haberá cociña en directo na que aprenderemos a realizar dúas receitas. A continuación, todas as persoas presentes poderán degustar estas saborosas viandas para logo gozar da sesión vermú que virá acompañada de música tamén en directoa partir das 12:30 horas.

O Porriño adianta a redacción dos proxectos necesarios para completar o saneamento ao 100 %

O Concello do Porriño adianta a redacción de proxectos de obra de saneamento en todas as parroquias do termo municipal e no centro urbano, co obxectivo de axilizar ao máximo os trámites administrativos necesarios.

A tal fin, o Goberno Municipal aprobou este luns no pleno a súa proposta de inversión  para a redacción dos proxectos e os traballos de topografía. O gasto total da execución das actuacións pendentes de proxectar, derivadas do Plan director do Consorcio de Augas do Louro ascende a 9.383.912 euros, e a estimación dos gastos para a redacción dos proxectos ascende a 404.709 euros.

“Contar cos proxectos listos, con todos os informes sectoriais das correspondentes administracións e, no caso de ser preciso, a cesión de terreos por parte de particulares é necesario para executar as obras.  Todo este procedemento é algo que soe retrasar bastante os traballos”, explicou o alcalde, Alejandro Lorenzo, “Ademais ao dispoñer dos proxectos e a documentación necesaria preparada podemos optar de maneira case inmediata ás diferentes subvencións ou axudas que se oferten”.

Trátase pois de dar unha resposta máis áxil e eficaz a este problema que arrastra O Porriño dende hai anos e que é, sen dúbida, unha das maiores necesidades que presentan as súas parroquias. “Traballamos para avanzar da maneira máis rápida e eficaz cara o saneamento integral do municipio”, concluíu o rexedor, “Este foi sempre un dos nosos principais compromisos e o será ata que consigamos que todas as vivendas do Porriño estean conectadas á rede de saneamento”. Cabe destacar que hai un ano o municipio tiña pendente de execución obras de saneamento por valor de 14 millóns de euros e na actualidade restan 11 millóns.

O cuarteto Caramuxo actúa hoxe no Rosal

0

Continúa a programación da cuarta edición do Rosal Cámara Fest deste verán, desta volta co concerto de Caramuxo, un cuarteto de clarinetes que deleitarán ao público cun repertorio de música tradicional adaptada a este instrumento.

O concerto terá lugar hoxe, 3 de agosto, na Praza do Calvario a partir das 22 horas. É un evento aberto ao público e a entrada é de balde.

Despois de tres exitosas edicións, este ano o Rosal Cámara Fest, organizado pola Agrupación Musical do Rosal, coa colaboración do Concello, propón un ambicioso programa, que inclúe o concerto de Cuarteto Caramuxo, o Festival de Músicos Xoves e o Encontro de Corais durante esta fin de semana, e un concerto de feche do festival con Camerata Arven.

Chega o décimo segundo concurso gastronómico Festas Patronais de Covelo

0

O Concello de Covelo convida a toda a cidadanía a participar no XII concurso gastronómico Festas Patronais de Covelo que terá lugar o domingo día 6 ás 20 horas na praza Mestre Cerviño.

As persoas interesadas poderán participar no concurso de croquetas, no concurso de postres ou no concurso de tortillas. Tan só terán que presentarse na praza ás 20 horas coa sua deliciosa receita. O xurado premiará cun cheque agasallo de 100 € á mellor tortilla e cun cheque de 75 € e outro de 100 €, respectivamente, ás croquetas e postres co mellor sabor.

As bases dos tres concursos poden consultarse na páxina web do Concello de Covelo.

O luns continúa no mercado de Sabarís o ciclo de conferencias “O Falar das Pedras”

0

Continúa o IV Ciclo de Conferencias “O Falar das Pedras” que se impartirán todos os luns lectivos de xullo e agosto no Multiusos Mercado de Sabarís ás 20:30 horas. O vindeiro luns, 07 de agosto ás 20:30 h, é o turno da ponencia de Ricardo Viéitez Pérez “Nosotros teníamos los relojes pero ellos tenían el tiempo”.

Este ciclo de conferencias está organizado desde o Arquivo Histórico e Biblioteca Pública Municipal de Baiona. Iniciouse no ano 2019, sendo interrompidas no 2020 pola pandemia. Una vez superada a crise sanitaria  retomouse  a súa celebración e fíxose nunha nova localización, o novo edificio rehabilitado Multiusos Mercado de Sabarís (Benito Fariña, 3).

O ciclo, está formado por un corpus de presentacións de libros e charlas divulgativas como misión potenciar o patrimonio cultural e a actualidade editorial.

Máis de 500 persoas participan esta semana no programa “En Ruta coa Depo”

A Deputación de Pontevedra organiza esta semana 10 saídas no marco do programa provincial “En Ruta coa Depo”, unha iniciativa que ofrece aos colectivos sociais da provincia a posibilidade de pasar un día de convivencia, ocio e tempo libre en lugares emblemáticos do territorio provincial. Entidades dos concellos de Arbo, A Estrada, Gondomar, Marín, Mondariz, Mos, As Neves, Salceda de Caselas, Tomiño e Vigo mobilizarán un total de 540 persoas (54 cada unha) para coñecer emblemas da provincia como a Illa de Ons, Portonovo, as Illas Cíes, o barrio mariñeiro do Berbés, a Illa de San Simón ou a Ruta das Maceiras da Estrada.

5 entidades da provincia sairán con “En Ruta coa Depo” este sábado 5 de agosto. A Asociación de Veciños de Forcadela, de Tomiño, e a Asociación Anpas Landras, de Salceda, viaxarán á Illa de Ons e á localidade mariñeira de Portonovo (Sanxenxo). Ademais, as Illas Cíes e o barrio mariñeiro vigués do Berbés recibirán a visita de tres colectivos: a Asociación de Veciños de Santa Apolonia de Guimarei, da Estrada, a Asociación de Nai e Pais de Alumnos do CEIP Peña de Francia, de Mos, e a Asociación Veciñal Cultural e Deportiva de Cernadela, de Mondariz.

O día seguinte, o domingo 6, terán lugar as outras 5 rutas da semana. Membros da Asociación de Veciños e Amigos Kenchodiría de Barcela, en Arbo, e da Asociación de Veciños Laberinto de Mogor de Marín, descubrirán a Illa de Ons e a localidade mariñeira de Portonovo. A Asociación Cultural San Roque de Morgadáns de Gondomar e a Asociación de Veciños San Cibrán de Ribarteme, das Neves, realizarán a ruta “Camelias señoriais e Ruta das Maceiras” na que visitarán os pazos de Lourizán e Gandarón (Pontevedra) e mais o pazo de Oca e a Ruta das Maceiras de Callobre (A Estrada). Por último, a Asociación Veciñal, Cultural e Deportiva de Cabral, en Vigo, viaxará ata a Illa de San Simón nunha ruta que parará tamén no Castelo de Soutomaior, Ponte Sampaio (Pontevedra) e o Museo Meirande de Redondela.

A través de “En Ruta coa Depo”, a Deputación de Pontevedra ofrece 33 rutas temáticas nas que este ano participarán preto de 20.300 persoas e case 400 asociacións. Todas as prazas do programa, que conta cun orzamento próximo aos 480.000 euros, están subvencionadas pola institución provincial. Delas, 300 prazas son financiadas ao 100% co obxectivo de achegar a iniciativa ás persoas con dificultades económicas ou en risco de exclusión social. O programa inclúe o desprazamento de ida e de volta en autobús, unha visita guiada cunha persoa habilitada como guía de turismo especializada de Galicia, e mais un xantar.

A ludoteca de Ponteareas pecha con éxito as actividades de xullo

A ludoteca de Ponteareas pechou con éxito as súas actividades do mes de xullo. Uns corenta rapaces, de entre 6 e 12 anos, divididos por idades, gozaron dunhas actividades lúdicas e educativas moi variadas.

No comezo do mes, a Ludoteca contou coa presenza de dúas voluntarias francesas que se integraron nas actividades ofrecendo inmersión lingüística en francés aos nenos e nenas. Cada día a Ludoteca deseñou actividades diferentes: xogos educativos, busca do tesouro, expresión corporal, música, manualidades, sesións de defensa persoal, saídas ao río, e unha sesión de hípica, na Escola de Hípica “Char” de A Freixa, entre outras.

A Ludoteca celebrou o final do mes de xullo cunha saída á praia e unha visita ao Bosque Encantado en Aldán.

As actividades continúa no mes de agosto, ofrecendo un programa diferente aos nenos que participan na ludoteca.

A Xunta facilita os desprazamentos en autobús desde Redondela ata a praia de Cesantes

0

A Xunta facilitará durante todo o mes de agosto 40 frecuencias de autobús para o desprazamento durante a semana entre Redondela e a praia de Cesantes.

A liña de transporte público interurbano da Xunta dirixida a atender os desprazamentos á praia entre o municipio pontevedrés e o areal conta durante este mes con 8 expedicións ao día de luns a venres, tres de ida e cinco de volta.

Un dos servizos de ida, con saída ás 15,45, realiza o traxecto Cedeira-Redondela-Praia de Cesantes, con paradas en Cedeira (O Cruceiro), Redondela (A Farola, Fonte de Santiago, ambulatorio), Cesantes (Cruceiro), San Pedro de Cesantes, Alto de Cesantes e punta praia de Cesantes.

Para a volta ata a parroquia de Cedeira están dispoñibles tres servizos ao día, con saída do areal ás 19,00 horas, 19, 45 horas e 20,15 horas.

As outras catro expedicións realizan o traxecto Redondela-Praia de Cesantes, mantendo o resto das paradas intermedias. Para a ida, os servizos saen da parada Redondela (A Farola) ás 13,00 horas e ás 16,30 horas e, para a volta, o autobús sae do areal ás 13,15 horas e ás 16,15 horas.

Con esta oferta de servizos de autobús, a Xunta facilita os desprazamentos á praia en transporte público durante o verán, como principal alternativa ao vehículo particular, evitando a saturación de tráfico e as emisións contaminantes nos desprazamentos aos areais.

Nestes servizos, como en todos os autobuses da Xunta, os menores de 21 anos poden viaxar gratis empregando a tarxeta Xente Nova. Máis de 1.700 mozos e mozas de Redondela xa dispoñen da súa tarxeta.

Tamén o resto de usuarios do transporte público da Xunta poden beneficiarse dos descontos da tarxeta TMG.

Os horarios dos autobuses da Xunta e toda a información relativa aos servizos estará dispoñible para a súa consulta na páxina web www.bus.gal.

Exposición do pintor guardés “Cachi” na Casa dos Alonsos

0

A Casa dos Alonsos acolle do 4 ao 16 de agosto a exposición “Inmersiva” do pintor guardés “Cachi”.

A exposición será inaugurada este venres día 4 de agosto ás 19:30 h e estará en horario de 10:00 a 13:00 horas e de 19:00 a 21:30 horas.

“Cachi” é un pintor moi coñecido na Guarda con case 5 décadas dedicadas á pintura, un camiño que califica de atractivo e espectacular no apaixoante mundo da pintura.

Ten participado en numerosas exposicións dende o ano 1979 en Galicia e Portugal, e realizado murais, outra das súas obras, que se poden ver na Guarda no local do Clube de Remo Robaleira ou na Praza de Avelino Vicente (As de Copas).

O autor dedica esta exposición a vila da Guarda e aos seus veciños e visitantes, que serán espectadores que vivirán esta exposición chea de sensacións e de momentos sutís.

“Cachi” plasma na súa obra a natureza, as paisaxes, os momentos da súa infancia, do mar… cunha traxectoria chea de descubrimentos, experiencias, riscos, algúns fracasos e sobre todo, conquistas.  Horas de traballo e dedicación, con moita perseverancia, chea de poesía “colorística” do estudo da súa paixón, a pintura.

Agrupación Musical da Limia actuará en Artealdea

0

Grazas á exitosa iniciativa de Luis Alberto García Tejedor (Gigi) e Cristina Maniglia Perasso (Francis) o Festival Cultural de Artes Escénicas e Tradición Popular Artealdea vive hoxe a súa cuarta xornada. En palabras de Gigi Artealdea, o festival pretende “enxalzar as raíces culturais das aldeas cuxo legado histórico non podemos esquecer, recuperamos vellos costumes, cantos, danzas e tradicións populares para poder devolverlles a súa importancia e preservalas para as futuras xeracións”.

Así, con este obxectivo, levan dezasete anos traballando de xeito totalmente altruista dende a pequena aldea de Piñeiro de Arriba, en Covelo, que revive coa chegada de Artealdea para acoller a persoas chegadas de todo o mundo.

Nas tres primeiras xornadas desta edición xa pasaron polo escenario de Artealdea As Retranqueiras de Barcia de Mera; o espectáculo de Maica Álvarez, Queimada Cabaret, e, Toma de Terra-Electroserán, de Eva Outeiro. Tamén deleitaron os sentidos do público os artistas arxentinos Juan Carlos Cambas, Julio Tere, Nestor Martín, Leo Amoroso, Patricia Carlasara Spilere e Daniel Castelli. Houbo clases de baile galego con Zita Florentino e performances e obradoiros para as máis cativos e cativos. Tamén vivimos a música con Rianxeira e Michaela e as súas cancións para o recordo ademais de gozar co recital poético de Eloy Portela Amor por mi tierra e as sesións de rap con The Last Row.

Como cada día, abren o programa as sesións de ioga de Alex Méndez ás  10 horas na campa dos columpios seguidas do taller de cerámica de Lourdes na Casa das Botellas ás 11 horas. Hoxe martes día 1 de agosto tivo lugar a excursión ao bosque máxico e, xa pola tarde, ás 18:30 comezarán os xogos e obradoiros infantís. Ás 20 horas será a actuación de Mateo Gil, Daniel Castelli e Antonio Castillo. Ás 21:30 horas actuará Héctor Rial e novamente pechará a sesión o micro aberto da Cova, como cada noite ata o final desta XVII edición.

Mañá mércores día 2 volve ás 11 horas o obradoiro de baile galego e ás 18:30 horas o paiaso Pepón porá a nota de humor. Tielas dirixirá á agrupación musical da Limia Esmuli ás 20 horas para dar paso a unha nova sesión de cancións para o recordo. Ás 21:30 chega o momento Bailoca cunha mestura musical que vai dende o flamenco ata Michael Jackon con sorprendentes performances.

O xoves 3 de agosto ás 11 horas terá lugar o campionato de xadrez con Burujabeak que tamén dirixirá a realización do mural colaborativo de Artealdea a partir das 17 horas. Ás 18:30 horas comezan os shows infantís; ás 19:50 horas a sesión de teatro con Arritmia de Leonel Giacometto e ás 21:40 chega a percusión afrobaiana de Xurxo Troncoso con Alentea Batuke.

A telepatía e as capacidades sobrenaturais chegan a Artealdea da man de Burujabeak o venres día 4 ás 17:30 horas, a continuación actividades de animación e ás 20 horas performance Folkcorop Lab porá en escena As árbores de Piñeiro. Ás 21:15 actuará Sonia Vargas con Volta ao campo de Sor Marijuana. A guitarra española e flamenca soará conÓscar Gallardo e co seu espectáculo Armonia en Vivo ás 22 horas.

A visita á praia fluvial dos Patos será en coche o sábado día 5 ás 11 horas. A esta mesma hora comezará o obradoiro de no que tecerán unha alfombra circular con camisetas recicladas. Pola tarde a partir das 17:30 horas traballarán no mural colectivo; ás 18:30 horas cita con Breaking Vigo; ás 19 horas será o concerto de Sueño de Calíope; ás 20:30 danza extracórporea con Folkorp seguida de cancións para o recordo e ás 21:30 Nova Trova Cubana. O dúo flamenco Leisa actuará ás 22:15 .

Unha ginkana nutrirá a programación do domingo 6 de 11 a 13:30 horas e de 14 a 16 horas será a gran comida popular na que participará o público, as persoas colaboradoras, artistas e  organización cunha contribución de 6€ por persoa. A mostra dos produtos realizados nos obradoiros abrirá de 17 a 18 horas. Ás 18:30 horas haberá actuacións musicais ata as 21 horas con música popular e tamén freestyle para dar paso xa a gran queimada que pechará o programa.

Pero a programación da XVII edición de Artealdea non remata aquí, o venres día 12 de agosto de 10 a 14 horas Marta Martula impartirá o obradoiro de de Clown. Ás 11 horas e ata as 14 horas Helena de Kafteria ofrecerá totalmente de balde un taller de costura. De 11 a 18 horas volve o taller de cerámica. Este día tamén haberá clases de baile galego e de tango a partir das 12 horas.

Artealdea nace en 2007 cando a sensibilidade de Gigi, nado en Bilbao, detecta a necesidade dun encontro anual que conserve e difunda o folclore popular. Cada ano este festival atrae a centos de persoas ao rural da montaña galega, máis concretamente a Piñeiro de Areas, ao pé da Serra do Suído. Cristina Maniglia Perasso (Francis) acompáñao na súa viaxe a través da recuperación da sabedoría das xentes. Ela é directora de escena, deseñadora de iluminación e decoradora, ademáis de cantante, bailarina e actriz de longa traxectoria en teatro e en ópera, con amplia formación artística e técnica.

Grazas á exitosa iniciativa de Luis Alberto García Tejedor (Gigi) e Cristina Maniglia Perasso (Francis) o Festival Cultural de Artes Escénicas e Tradición Popular Artealdea vive hoxe a súa quinta xornada. En palabras de Gigi Artealdea, o festival pretende “enxalzar as raíces culturais das aldeas cuxo legado histórico non podemos esquecer, recuperamos vellos costumes, cantos, danzas e tradicións populares para poder devolverlles a súa importancia e preservalas para as futuras xeracións”.

Así, con este obxectivo, levan dezasete anos traballando de xeito totalmente altruista dende a pequena aldea de Piñeiro de Arriba, en Covelo, que revive coa chegada de Artealdea para acoller a persoas chegadas de todo o mundo.

Nas tres primeiras xornadas desta edición xa pasaron polo escenario de Artealdea As Retranqueiras de Barcia de Mera; o espectáculo de Maica Álvarez, Queimada Cabaret, e, Toma de Terra-Electroserán, de Eva Outeiro. Tamén deleitaron os sentidos do público os artistas arxentinos Juan Carlos Cambas, Julio Tere, Nestor Martín, Leo Amoroso, Patricia Carlasara Spilere e Daniel Castelli. Houbo clases de baile galego con Zita Florentino e performances e obradoiros para as máis cativos e cativos. Tamén vivimos a música con Rianxeira e Michaela e as súas cancións para o recordo ademais de gozar co recital poético de Eloy Portela Amor por mi tierra e as sesións de rap con The Last Row.

Como cada día, abren o programa as sesións de ioga de Alex Méndez ás  10 horas na campa dos columpios seguidas do taller de cerámica de Lourdes na Casa das Botellas ás 11 horas. Onte martes, día 1 de agosto, tivo lugar a excursión ao bosque máxico e, xa pola tarde, ás 18:30 comezarán os xogos e obradoiros infantís. Ás 20 horas tivo lugar a actuación de Mateo Gil, Daniel Castelli e Antonio Castillo; ás 21:30 horas a de Héctor Rial e novamente pechou a sesión o micro aberto da Cova, como cada noite ata o final desta XVII edición.

Hoxe mércores día 2 volve ás 11 horas o obradoiro de baile galego e ás 18:30 horas o paiaso Pepón porá a nota de humor. Tielas dirixirá á agrupación musical da Limia Esmuli ás 20 horas para dar paso a unha nova sesión de cancións para o recordo. Ás 21:30 chega o momento Bailoca cunha mestura musical que vai dende o flamenco ata Michael Jackon con sorprendentes performances.

O xoves 3 de agosto ás 11 horas terá lugar o campionato de xadrez con Burujabeak que tamén dirixirá a realización do mural colaborativo de Artealdea a partir das 17 horas. Ás 18:30 horas comezan os shows infantís; ás 19:50 horas a sesión de teatro con Arritmia de Leonel Giacometto e ás 21:40 chega a percusión afrobaiana de Xurxo Troncoso con Alentea Batuke.

A telepatía e as capacidades sobrenaturais chegan a Artealdea da man de Burujabeak o venres día 4 ás 17:30 horas, a continuación actividades de animación e ás 20 horas performance Folkcorop Lab porá en escena As árbores de Piñeiro. Ás 21:15 actuará Sonia Vargas con Volta ao campo de Sor Marijuana. A guitarra española e flamenca soará conÓscar Gallardo e co seu espectáculo Armonia en Vivo ás 22 horas.

A visita á praia fluvial dos Patos será en coche o sábado día 5 ás 11 horas. A esta mesma hora comezará o obradoiro de no que tecerán unha alfombra circular con camisetas recicladas. Pola tarde a partir das 17:30 horas traballarán no mural colectivo; ás 18:30 horas cita con Breaking Vigo; ás 19 horas será o concerto de Sueño de Calíope; ás 20:30 danza extracórporea con Folkorp seguida de cancións para o recordo e ás 21:30 Nova Trova Cubana. O dúo flamenco Leisa actuará ás 22:15 .

Unha xincana nutrirá a programación do domingo 6 de 11 a 13:30 horas e de 14 a 16 horas será a gran comida popular na que participará o público, as persoas colaboradoras, artistas e  organización cunha contribución de 6€ por persoa. A mostra dos produtos realizados nos obradoiros abrirá de 17 a 18 horas. Ás 18:30 horas haberá actuacións musicais ata as 21 horas con música popular e tamén freestyle para dar paso xa a gran queimada que pechará o programa.

Pero a programación da XVII edición de Artealdea non remata aquí, o venres día 12 de agosto de 10 a 14 horas Marta Martula impartirá o obradoiro de de Clown. Ás 11 horas e ata as 14 horas Helena de Kafteria ofrecerá totalmente de balde un taller de costura. De 11 a 18 horas volve o taller de cerámica. Este día tamén haberá clases de baile galego e de tango a partir das 12 horas.

Artealdea nace en 2007 cando a sensibilidade de Gigi, nado en Bilbao, detecta a necesidade dun encontro anual que conserve e difunda o folclore popular. Cada ano este festival atrae a centos de persoas ao rural da montaña galega, máis concretamente a Piñeiro de Areas, ao pé da Serra do Suído. Cristina Maniglia Perasso (Francis) acompáñao na súa viaxe a través da recuperación da sabedoría das xentes. Ela é directora de escena, deseñadora de iluminación e decoradora, ademáis de cantante, bailarina e actriz de longa traxectoria en teatro e en ópera, con amplia formación artística e técnica.

Volve a Tomiño o Cine na Rúa para o público familiar

0

O Cine na Rúa volve a Tomiño este mes de agosto con tres propostas para o público familiar. As proxeccións comezarán este mesmo venres, 4 de agosto, con ‘Canta 2’, unha divertida historia do mundo do rock. Será na Praza do Seixo ás 22 horas.

A segunda proxección trasládase á Praza Pintor Antonio Fernández, o venres 11 de agosto, tamén ás dez da noite. Desta volta será ‘La vida de calabacín’, unha historia de amizade que estivo nominada ao Oscar.

A terceira cita será de volta na Praza do Seixo, co aclamado filme ‘Coco’, unha historia que afonda nas tradicións mexicanas relacionadas coa morte.

Todas as proxeccións son de balde e están abertas ao público familiar. O Cine na Rúa repite en Tomiño, tralo éxito que tiveron as edicións anteriores entre o público infantil.

Abertas as inscricións na I Carreira de Empresas de Galicia

O 8 de outubro as empresas galegas teñen unha cita deportiva no Porriño, celébrase a primeira edición da Carreira de Empresas de Galicia, un formato novo nas carreiras populares de running que fomenta a práctica deportiva nas empresas apostando polo benestar a nivel persoal e laboral. O evento está organizado por Interrunning Club e conta coa colaboración do Concello do Porriño.

As inscricións están abertas e todo aquel que queira participar pode apuntarse de maneira online en www.ccnorte.com . O importe íntegro da inscrición será doado á Asociación Bicos de Papel, asociación de axuda aos nenos oncolóxicos do Hospital Álvaro Cunqueiro.

Na Carreira de Empresas poden participar todas as persoas maiores de 16 anos, de maneira individual ou por equipos, camiñando na andaina ou correndo nas carreiras de 5K ou 10K. Non só está aberto a empresas, tamén se pode inscribir quen queira de maneira individual.

Os equipos poden ser de 2, 3 ou 4 participantes (homes, mulleres ou mixtos) cunha clasificación individual e por equipos sumando os tempos dos integrantes. Para participar de maneira individual basta con ser maior de 16 anos.

A Andaina que se celebrará a partir das 9 h non é competitiva, ao igual que a carreira de Pitufos (nenos e nenas nados a partir do 2019) e que terá lugar ás 13 h, en ambas probas as inscricións son individuais.

A clasificación oficial por equipos establecerase tendo en conta a suma de tempos de cada un dos compoñentes do equipo. Se algún dos corredores non participase ou terminase a proba, o seu equipo non aparecerá nas clasificacións. Si o farán os tempos individuais dos corredores que finalicen na clasificación xeral. A maiores da clasificación por equipos hai unha xeral individual masculina e feminina para as distancias de 5K e 10k. As clasificacións oficiais publicaranse na web da empresa de cronometraxe así como na web do patrocinador principal do evento https://lasergalicia.com/ .

A organización do evento tamén pon a disposición das persoas ou empresas que non poidan asistir á carreira un DORSAL CERO, co que se poderá participar cunha donación para Bicos de Papel.

O Concello de Nigrán organiza un simulacro en materia de prevención de incendios

0

O Concello de Nigrán mantén durante este verán á disposición do Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) e de Protección Civil a súa brigada municipal de prevención de incendios, a única propia de toda a comarca. Con este fin, e despois de estar realizando desde inicios de ano tarefas de prevención no monte, este sábado levaron adiante simulacros conxuntos e mantén o seu labor de vixiancia sobre o terreo.

“O obxectivo dos simulacros é adiantarnos e estar preparados en caso de que salte a alarma. O sistema de coordinación, de mando, e funcións está totalmente establecido e a nosa brigada se atopa en alerta 24 horas e localizable”, explica o alcalde, Juan González, quen destaca que os 5 brigadistas contratados de xeito directo polo Concello teñen experiencia previa en labores de extinción. “Como o verán pasado, en Nigrán temos os deberes feitos no monte desde inicios de ano; esta brigada é un apoio máis a todos os medios da Xunta e Goberno Central, incide o alcalde”. “A brigada estaría en caso de lume a disposición do GES, que sería o seu mando superior”, engade Diego García, edil de Medio Ambiente, quen lamenta a falta de colaboración da Xunta de Galicia pese a ter un convenio firmado ao respecto.

“Compre recordar que está totalmente prohibido realizar queimas en terreos de monte nestas datas porque facilmente podería provocar un incendio”, subliña González, quen destaca “todos estes meses de traballo previo no sobre o terreo”. “Os incendios de verán hai que evitalos meses atrás, e iso é o que facemos en Nigrán”.

O goberno local optou pola contratación directa e posta en marcha da brigada en abril de 2022 despois de que as experiencias anteriores dependentes de subvencións da Xunta de Galicia retrasasen o seu funcionamento a setembro por cuestións meramente administrativas. Deste xeito, contratáronse catro peóns forestais con experiencia e unha xefa de brigada que traballan durante todo o ano e dotóuselles do equipamento preciso.

A realidade é que desde inicios de ano a brigada ven traballando en labores de prevención de incendios forestais abrindo camiños no monte para o correcto acceso de vehículos de emerxencia en caso de necesidade, eliminando biomasa, rozando as contornas de vivendas en risco ou incluso limpando de forma subsidiaria este ano 25.000 metros cadrados de fincas con expedientes sancionadores porque os propietarios non as manteñen conforme obriga a lei de seguridade anti-incendios. A isto súmase as labores propias de vixiancia.

“Ao igual que se contratan socorristas para manter as praias seguras durante a tempada estival, o Concello de Nigrán contrata directamente a brigadistas con experiencia para manter o seu servizo propio e, con elo, previr incendios na tempada de máis risco”, resume González.

Nigrán comeza a programación de agosto co ‘Parrulas Fest’

0

O Concello de Nigrán ofrece no esteiro de A Foz da Ramallosa desde o mércores 2 ao sábado 5 de agosto a cuarta edición do Parrulas Fest, festival gratuíto producido desde a cooperativa Charlatana e dirixido a público infantil e familiar. Nesta ocasión, a cita contará con 9 das mellores compañías de artes escénicas de todo o país (6 delas galegas) e unha arxentina de renome internacional. Clown, circo, acrobacias, teatro, malabares e outras disciplinas serán os protagonistas deste festival que, como é xa tradición, rematará coa gala solidaria de ‘Pallasos sen fronteiras’ conducida por Peter Punk, nome artístico do nigranés Isaac Rodríguez, director do Parrulas. Toda a programación pode consultarse na web do Concello de Nigrán www.nigran.es.

“O ‘Parrulas’ é xa unha parte imprescindible na programación de verán do Concello de Nigrán, cada ano reúne a centos de familias moi fieles ao festival e de visitantes que veñen a desfrutar nunha contorna marabillosa de espectáculos de altísima calidade e sempre moi divertidos”, destaca o alcalde, Juan González.

Os espectáculos arrancan o mércores co ‘Consertasso na horta’ de Brais das Hortas (19:30 h) e ‘Unha volta polo mundo’ da clown Minerflu (20:30). O xoves continúa con A Vela Circo, ‘O último que apague a luz’ (19:30); e o inocente pallaso ‘Nono’ (20:30). A maiores, o venres e o sábado ao mediodía (12:00 horas) haberá unha sesión especial destinada á primeira infancia (función musical con Martiña Soñadora o primeiro día, e de narración oral o segundo, con Caxoto). A tarde do venres prosigue co mago José Mari (Premio Nacional de Maxia Infantil 2022) e Mai Clown (19:30 e 10:30 horas). O sábado culmina o Parrulas Fest co clown arxentino de renome internacional Niño Costrini, nome artístico de Sebastián Guz, que presenta o espectáculo ‘Humanus Comicus’, unha parodia do mundo do circo; a continuación, como xa é habitual e conforme aos valores de compromiso social do festival, celebrarase a gala a favor de Pallasos sen Fronteiras (o fin é que o recadado mediante a ‘gorra solidaria’ dos artistas participantes vai directamente a esta entidade que traballa a nivel nacional e internacional a favor da infancia máis desfavorecida co obxectivo de mellorar a súa situación emocional).

“Regresamos cunha programación moi variada e coidada na que, como sempre buscamos, destacan valores como a igualdade, o coñecemento, a escoita e o humor. Ao mesmo tempo favorecemos a socialización con familias e amizades e sementamos nos cativos o amor pola cultura e a lingua galega”, destaca Isaac Rodríguez, quen ten como obxectivo “situar a Nigrán no mapa dos festivais de artes escénicas en Galicia”.

Tui recuperará a senda do río Caselas pondo en valor este espazo natural e patrimonial

0

O Concello de Tui fai unha aposta decidida pola recuperación das contornas naturais e patrimoniais do municipio.  Nesta liña de traballo vai realizar a recuperación ambiental do río Caselas cunha senda fluvial e a restauración de dous muíños.

Para iso o Concello de Tui asinou un convenio coa Confederación Hidrográfica do Miño Sil, CHMS, para o financiamento, execución e entrega das obras de mellora da accesibilidade e recuperación ambiental do río Caselas en Tui.

O convenio foi asinado o pasado 19 de xullo entre o presidente da CHMS, José  Antonio Quiroga, e a tenente de alcalde e concelleira de Turismo e Patrimonio, Ana Núñez. Onte luns, 31 de xullo,  foi publicado no Boletín Oficial do Estado.

A primeira fase desta actuación consistirá nas obras de restauración e posta en valor dos muíños consistirán no acondicionamento das estruturas do Muíño do Medio no Souto de Arriba e do Muíño da Seña. En concreto levarase a cabo a limpeza, estabilización e consolidación dos paramentos e cubertas. Tamén se procederá a acondicionar as zonas exteriores, creando elementos de interpretación e posta en valor destes elementos patrimoniais. O convenio tamén contempla a creación de elementos de interpretación e posta en valor do antigo acueduto sobre o cauce do río Caselas.

A segunda fase comprende a execución dunha senda peonil na marxe dereita do río Caselas no termo municipal de Tui.

O investimento previsto ascende a 935 mil euros dos que a Confederación aportará 748 mil euros (80 %) e o concello de Tui 187 mil euros (20 %).  Tres son as anualidades previstas, así este ano investirán 86 mil euros,123 mil en 2024 e 726 mil en 2025.

Agora tras a sinatura do convenio a Confederación Hidrográfica do Miño Sil asumirá a redacción dos proxectos, licitación e adxudicación das obras a executar. Unha vez completados os traballos o Concello de Tui recibirá as obras sendo o encargado do seu mantemento e conservación.

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, salienta a aposta que dende o Concello de Tui se ten realizado pola  recuperación das marxes do río Miño e doutros  ríos no termo municipal pondo en valor a súa riqueza tanto natural coma patrimonial. Nese senso apunta coma estas actuacións son de interese tanto para a poboación local coma para visitantes polo seu gran atractivo turístico.

A tenente alcalde e concelleira de Turismo e Patrimonio, Ana Núñez, destaca a importancia de recuperar e pór en valor todos os elementos patrimoniais e naturais do municipio, o que redunda tamén na dinamización turística e económica de Tui. Avanza a concelleira que o Concello de Tui vén de solicitar unha obradoiro de emprego para acondicionar o tramo de senda fluvial dende a praia de Areeiros até a senda do Caselas.

Nesta liña de traballo que busca a recuperación dos espazos naturais e patrimoniais en 2016 executouse a senda peonil dende a rúa Olímpicos Tudenses até a vella Ponte Internacional. Este ano realizouse o tramo dende a Mariña até a Metralla, e instalouse unha pasarela de madeira na desembocadura do río Louro, co que se deu cumprimento a unha demanda histórica, ao comunicar este tramo até a praia de Areeiros en Guillarei. Amais en breve estará rematada a senda do río Furnia, nas parroquias de Malvas e Pexegueiro, que está levando a cabo o Obradoiro de Emprego.