Domingo, 20 Xullo de 2025

Adxudicadas as obras de mellora en varias parroquias do Porriño

O Concello do Porriño adxudicará nos próximos días varias obras de mellora do pavimento e extensión da rede de saneamento en varias parroquias do termo municipal. A inversión total das obras licitadas supera ascende a 262.000 euros, que beneficiarán ás parroquias de Mosende, Pontellas, Atios, Budiño, Chenlo e Cans.

“As mellora dos viais e a extensión da rede de saneamento son obxectivos prioritarios e seguimos traballando para avanzar e chegar a todas as parroquias e lugares do municipio”, explicou o alcalde Alejandro Lorenzo, “Sei que hai moitas necesidades e o meu compromiso é dar solución a todas elas”.

A primeira destas obras é a ampliación da rede de saneamento en Mosende e Atios,  unha obra subvencionada polo Plan Concellos 2022-2023 da Deputación de Pontevedra que conta cun orzamento 70.221 euros. O proxecto abrangue dous tramos emprazados na EP-2041, conectando á rede de saneamento existente, o que permitirá nunha próxima fase dar conexión ao barrio do Torrón en Pontellas. Inclúe tamén e un terceiro tramo, en camiños de titularidade municipal na parroquia de Atios.

A piques de adxudicar está tamén a pavimentación proxectada noutras tres zonas, a explanada destinada a aparcamento da Igrexa de San Salvador de Budiño, un vial situado no núcleo de As Cales e outro en Parada, en Chenlo. No caso do lugar de Parada, acometerase tamén a extensión dun tramo de 150 m de saneamento.  Estas tres obras contan cun orzamento de 89.667 euros.

Por último, xa conseguidos os permisos de Fomento, adxudicarase a mellora do saneamento de fecais na Droza, en Cans,  e a rehabilitación integral do pavimento no Covelo, en Atios,. Os traballos contan cun orzamento de 102.073 euros.

Salvaterra remata as obras de reparación e mellora das casas culturais

O Concello de Salvaterra de Miño vñen de rematar as obras de mellora e reparación nas Casas de Cultura de Fiolledo, Corzáns, Meder, Leirado, Soutolobre, Lourido e Alxén.

Estas obras enmárcanse dentro do plan de mellora nos servizos e infraestruturas que o Concello está realizando que consisten na reposición de tellas e arranxo no tellado, limpeza de cuberta, aplicación de hidrofugante, formación de caneletas, reparación de grietas e pintado exterior.

O plan de mellora dos servizos municipais, do que forman parte estas obras das casas culturais, é o Plan Concellos da Deputación de Pontevedra.

Máis de 600 persoas participan esta semana nas saídas de “En Ruta coa Depo”

A Deputación de Pontevedra organiza os próximos días un total de doce novas saídas no marco do programa provincial “En Ruta coa Depo”, unha iniciativa que ofrece aos colectivos sociais da provincia a posibilidade de pasar un día de convivencia, ocio e tempo libre en lugares emblemáticos do territorio provincial. Entidades dos concellos de Moraña, Cangas, Vilagarcía de Arousa, Vigo, Pontevedra, Mos, Salceda de Caselas, Catoira, A Estrada e Bueu mobilizarán un total de 648 persoas (54 por entidade) para coñecer diversos enclaves da provincia como o mosteiro de Poio, o santuario da Franqueira na Cañiza, a ría de Arousa, as illas Cíes e Ons ou a fervenza do río Toxa, entre outros.

Seis entidades da provincia sairán con “En Ruta coa Depo” hoxe martes 15 de agosto. A Asociación de Veciños do Igrexario do Hío A Fontenova en Cangas viaxarán ata Forcarei e Silleda, mentres que a Asociación de Veciños Nosa Terra de Alcabre de Vigo e a Asociación de Veciños de Faxilde de Vilagarcía desfrutarán dunha ruta por Poio onde visitarán a illa de Tambo ou Combarro. A ANPA do CEIP San Miguel de Marcón de Pontevedra participará nunha actividade nas illas Ons, mentres que a Asociación de Nais e Pais de Cela e Pereiras de Alumnos do CEIP Atín-Cela de Mos visitará as Illas Cíes. Por último, o Centro Cultural e Veciñal San Xorxe de Salceda de Caselas gozará dun paseo en barco pola ría de Arousa e dunha visita ao Museo da Salazón no Grove.

O mércores 16 de agosto dúas asociacións desfrutarán do itinerario polo mosteiro de Poio, a Illa de Tambo e Combarro: a Asociación de Mulleres de Cabral Rosalía de Castro de Vigo e a Asociación de Veciños San Xurxo de Salceda de Caselas.

A Asociación de Amas de Casa Muíños do Vento de Catoira fará unha ruta durante o xoves 17 de agosto que transcorrerá polos concellos de Forcarei, para visitar o mosteiro de Aciveiro e o mosteiro de San Lourenzo de Carboeiro, e Silleda, onde pararán no castro de Toiriz e a fervenza do río Toxa.

Por último, o venres 18 de agosto terán lugar dúas saídas: a Asociación Rural de Amas de Casa de Arnois da Estrada viaxará a Cambados, mentres que o Club de Xubilados e Pensionistas Vila de Bueu desfrutará dunha xornada polos concellos de Barro, Portas e Valga.

A través de “En Ruta coa Depo”, a Deputación de Pontevedra ofrece 33 rutas temáticas nas que este ano participarán preto de 20.300 persoas e case 400 asociacións. Todas as prazas do programa, que conta cun orzamento próximo aos 480.000 euros, están subvencionadas pola institución provincial. Delas, 300 prazas son financiadas ao 100% co obxectivo de achegar a iniciativa ás persoas con dificultades económicas ou en risco de exclusión social. O programa inclúe o desprazamento de ida e de volta en autobús, unha visita guiada cunha persoa habilitada como guía de turismo especializada de Galicia, e mais un xantar.

Hoxe regresa a popular baixada de ‘carros de bolas’ a Camos

0

Os auténticos ‘autos tolos’ regresan este martes 15 de agosto a Camos para deixar imaxes delirantes nesta parroquia que se pode considerar o auténtico berce dos ‘carros de bolas’ en Galicia (nome que se lle outorga a estes artefactos tradicionais construídos con rodamentos mecánicos coa función de rodas). Así, Concello de Nigrán e Asociación Eixo Tolo ofrecen a ‘XV Baixada’ na rúa San Roque e Xuncido con medio cento de carrilanas inscritas na categoría libre e 17 na de federados. Milleiros de persoas de toda a provincia acuden cada ano a presenciar as hilarantes estampas que deixa esta proba.

“É un evento tamén moi emotivo porque os veciños de Camos levan décadas divertíndose cos ‘carros de bolas’, forman parte da súa identidade como parroquia. Coma o ‘Flota como Poidas’ na Foz do Miñor, este é tamén moi divertido pola orixinalidade dos artefactos que participan, vibrante polas velocidades que acadan e simpático polo bo humor dos participantes”, explica o alcalde, Juan González.

A baixada comezará ás 9:30 horas cunha primeira manga de adestramento e, a continuación, dúas cronometradas, estimándose que remate sobre as 14:30 horas. O percorrido mantense igual que o ano pasado para manter a espectacularidade. Así, saen do Torreiro de San Roque para virar á esquerda na rúa Xuncido (barrio de Balinfra) e afrontar aí un desnivel aínda maior, cunha rasante e unha horquilla no trazado de 90 grados na propia meta. En total, a distancia é 1 km de lonxitude cun desnivel do 80% e os federados a completan nun minuto escaso, xa que ‘voan’ a case 100 km/hora e, no caso dos máis artesanais, a 80 km/hora. A maioría dos carros de bolas tradicionais inscritos son da comarca, e entre eles figuran unha parodia do ‘Nigranbus’ de Eixotolo ou unha ‘réplica’ do coche de Super Mario Bross que será conducido por Bryan (nenos de Camos de 5 anos) e o seu pai, ademais, están anotados o grupo de amigos de Vincios que soe gañar o premio ao máis elaborado tras competir o ano pasado cun dragón de tres cabezas ou outro ano cun mosquito.

A ‘Categoría Libre Eixotolo’, destinada aos carros máis artesanais, consta de premios para o máis elaborado, o máis rudimentario, o máis veloz e o ‘Era Visto’ para un que nin chegue á meta. Como requerimento imprescindible figura que os rodamentos sean de aceiro e que conten con sistema de freado (ademais de que os participantes leven casco, codeiras e xeonlleiras e, en caso de menores, conten con autorización). No caso dos federados, a clasificación será simplemente por tempos.

Esta proba de carrilanas en Camos foi realizada por vez primeira no 1985, sendo a máis antiga de Galicia da que se teña coñecemento. Entre os seus grandes impulsores está Gerardo Ferreira, participante dende a súa orixe e promotor grazas á Asociación Eixo Tolo. “As carrilanas forman parte da tradición de Camos, cada neno construía o seu carro de bolas e xogabamos con el. Agora facemos este campionato para garantir que non se perda. Un dos requerimentos obrigatorios que poñemos é que os partipantes veñan con bo humor, e sempre cumplen”, explica.

O PSOE de Tomiño acusa ao goberno local de “escurantismo” na modificación puntual do PXOM para implantación de solo industrial

0

Na sesión plenaria do Concello de Tomiño, celebrada o pasado xoves 10 de agosto, tratouse, entre outros temas da orde do día, a aprobación inicial da modificación puntual n° 10 do plan xeral de Tomiño para, nun futuro, implantar solo industrial no concello. Dita modificación abrangue unha zona comprendida dende Goián ata Estás –a maioría de solo rústico a industrial, urbanizable e de dominio público–, cunha lonxitude de 3 quilómetros e unha superficie de actuación de 1.134.000m2.

En marzo do ano 2021, tal e como sinalan as concelleiras socialistas Violeta de Santiago e Marta Misa, este proxecto foi presentado á Xunta de Galicia, “pero nin os propietarios e afectados nin a oposición tiveron coñecemento desta actuación ata o de agora”.

Preguntanse as concelleiras socialista como é posible que un proxecto desta envergadura leve oculto durante anos e, a vista dos feitos, denuncian unha vez máis “a falta de transparencia e o escurantismo practicado sistematicamente polo goberno nacionalista, neste caso, nun tema tan importante como a ordenación do noso territorio”.

O certo é que as e os afectados –engaden as concelleiras do PSdeG-PSOE– “queren saber si o desdobre da recta de Figueró está vinculado a este proxecto, si houbo algunhas persoas que se beneficiaron durante estes anos comprando terreos rústicos sabendo que ían a recalificarse como urbanizable ou empresarial e por que ao longo destes anos non houbo ningún contacto cos e coas propietarias para informarlles”.

A portavoz socialista, Violeta de Santiago explica a abstención do seu grupo neste punto “dadas as moitas preguntas que se fan os propietarios e propietarias dos terreos e para as que solicitamos resposta”. De Santiago afirma que “se ben é certo que Tomiño precisa urxentemente solo industrial, a transparencia, a participación veciñal e as boas prácticas son indispensables en procesos como este”.

Comisión de honras e distincións

As concelleiras socialistas levaron tamén a debate plenario a creación dunha comisión de honras e distincións en Tomiño, semellante á que existe na maioría dos Concellos, que permita regular a participación veciñal para elección de persoalidades no eido cultural e social para achegar o Concello á cidadanía e a transparencia do mesmo. A moción, transaccionada, foi finalmente aprobada por unanimidade.

Foi presentada tamén polo Grupo Socialista unha moción de urxencia, a petición da familia do pintor Mario Rodríguez –Tomiñés Distinguido no ano 2017–, na que piden o acordo do Pleno para que o Concello inicie negociacións para acometer a restauración dunha parte do seu legado pictórico e asine unha cesión temporal para que estes cadros sexan expostos na biblioteca municipal, Espazo Isaura Gómez, tal como era a vontade e desexo do artista.

A moción foi tamén aprobada por unamimidade, o que para Violeta de Santiago, “pon de manifesto a vontade do grupo socialista de facer política útil para os tomiñeses e tomiñesas”. Doutra banda tamén foi aprobada por unamimidade unha moción para esixir ao Sergas e á Xunta de Galicia a reapertura do consultorio de Goián, “demanda da veciñanza que segue sen cumplirse, e que as socialistas temen sexa unha estratexia electoralista de cara a vindeiras eleccións autonómicas”.

“Confiamos en que non sexa así –sinala Violeta de Santiago– e se reabra o consultorio médico de xeito inminente, pois é unha necesidade urxente da veciñanza, á que hai que darlle resposta xa”.

O PSOE de Tomiño esixe solucións ante a praga de moscas que invaden as parroquias e que supón “un grave problema de saúde”

0

O grupo municipal socialista de Tomiño volve a denunciar, unha vez máis, o que cualifica de “gravísima situación de saúde pública” que está a padecer a veciñanza do concello a causa da praga de moscas que, dun tempo a esta parte, invade as parroquias tomiñesas.

Veciños e veciñas da parroquia de Forcadela puxéronse en contacto coa concelleira socialista, Violeta de Santiago, para dar conta da situación que están a vivir nas súas casas que, explica a portavoz socialista no Concello de Tomiño, “está afectando seriamente o seu día a día e a súa calidade de vida e que supón un risco evidente para a súa saúde”.

Violeta de Santiago, esixe “respostas e accións” ao Goberno municipal nacionalista que, afirma, “está desaparecido e non actúa neste grave problema”. Pregunta a concelleira do PSdeG-PSOE que pasa co estudo encargado á Universidade de Vigo. “Estáse traballando nel?, hai conclusións? Se as hai cal é o motivo de no facelas públicas e actuar para atallar esta invasión?”, pregunta De Santiago.

Lamentan as e os socialistas tomiñeses que “nada se sabe” da mesa de traballo que foi constituída hai tres meses, en campaña electoral. A portavoz socialista asegura que a veciñanza “está farta de anuncios electoralistas que non achegan solucións aos seus problemas” e asegura que a cidadanía ten dereito demanda do Goberno local “información, transparencia e acción”.

Por último, as socialistas lembran á alcaldesa de Tomiño que baseou a súa campaña electoral en que “as persoas estarían no centro da acción política e que poría corazón”, algo que para Violeta de Santiago “nin o está facendo nin demostrando” xa que esta praga está afectando moi seriamente ás persoas “que demandan solucións e que se sinten abandoadas por este Goberno”, polo que lle esixen que “se poñan a traballar e que deixen de darlle as costas ás veciñas e veciños”.

Salvaterra acolle a exposición “Protempo” sobre o cambio climático nas emerxencias

Salvaterra de Miño acolle esta semana unha exposición itinerante enmarcada no proxecto “Protección Transfronteiriza de Emerxencias dirixida á Poboación da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal (Protempo)” que percorrerá a área transfronteiriza.

A iniciativa ten como obxectivo promover a concienciación sobre o cambio climático e a prevención e xestión de riscos, así como aumentar a resilencia territorial ante os perigos naturais nas zonas de fronteira.

A mostra consta de paneis e material audiovisual sobre situacións de risco na Eurorrexión e proporciona información sobre as causas, impacto e recursos para combatelas.

A Xunta de Galicia busca con este proxecto, no que participa tamén Portugal a través da Comunidade Intermunicipal do Alto Minho, incrementar a rapidez de resposta dos efectivos de emerxencias, e a súa coordinación coa ciudadanía, antes os desastres naturais.

A obra de construción de muro de contención no Piñeiro comezará o mes que vén

0

A pasada semana celebrouse unha nova sesión ordinaria semanal da Xunta de Goberno Local, na que se deu conta dos trámites de contratación da obra de muro de contención na subida á Cañoteira, no Piñeiro, parroquia de Sanguiñeda; procedemento que se atopa prácticamente finalizado, polo que está previsto que os traballos comecen o vindeiro mes de setembro.

Trátase da construción dun novo muro de contención que solucionará os desperfectos causados na zona polas últimas inundacións. Para elo, foille concedida á administración local mosense unha axuda provincial do Servizo de Cooperación da Deputación de Pontevedra. O obxecto da subvención é o de reparación de danos causados polas inundacións.

Concretamente o investimento realizarase no “proxecto de muro de contención na subida á Cañoteira, no Piñeiro, parroquia de Sanguiñeda”. A concesión de subvención faise polo mesmo importe do gasto a realizar na obra: 50.751,32 euros.

Para a acometida dos devanditos traballos o Concello posúe tódalas licenzas e permisos preceptivos para a execución do investimento ao abeiro do establecido nas bases reguladoras do Plan provincial de reparación de danos causados polas inundacións.

O prazo aproximado de execución das obras é de tres meses desde o seu inicio. Prevese que o muro quede finalizado antes de que remate o presente ano 2023.

Concerto hoxe de Fillas de Cassandra en Mondariz

0

O dúo Fillas de Cassandra ofrecerá hoxe luns, 14 de agosto, un concerto en Mondariz, dentro da programación das festas locais deste concello. A actuación, que comezará ás 23:00 horas no escenario da praza de España, enmárcase no programa provincial “Musigal”, posto en marcha pola Deputación de Pontevedra para contribuír á difusión e promoción da música galega e en galego nos concellos da provincia e tamén como instrumento para fomentar o uso e a normalización social da lingua.

O grupo Fillas de Cassandra está formado polas viguesas Sara Faro (voz e percusión) e MaríaSOA (voz, percusión e piano). A súa música é froito da aposta pola recuperación das melodías tradicionais e a creación de novas líricas, inspiradas no canto de tradición oral pero tamén influenciadas polo pop, a electrónica e a música clásica, viaxando dende o contrapunto do barroco ata o techno.

O espectáculo que propoñen en vivo apóiase no piano, percusións e harmonías vocais apoiadas por bases electrónicas. Está baseado nos temas incluídos no seu primeiro traballo discográfico, ‘Acrópole’, que bebe tamén do teatro. Fillas de Cassandra convidan o público a ser parte dun percorrido ao longo da historia, da man dos nomes das heroínas da mitoloxía clásica.

Galicia conta xa con 224 areais libres de tabaco

“A Rede Galega de Praias sen Fume conta xa con 224 areais libres de tabaco, logo de incluír 10 máis”. Dita rede, que ten un fin educativo e de sensibilización social, remarca a importancia da conduta da poboación adulta coa idea de que sirva de modelo para os máis novos. Así o destacou a directora xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade, Carmen Durán, na súa visita á praia da Magdalena, para dar conta das novas incorporacións á Rede Galega de Praias sen Fume, nun acto no que estivo acompañada do alcalde do Concello, Fernando Couce.

As dez praias que se engaden á rede son, ademais da Magdalena en Cabanas, as de Área Maior, Agrocovo, O Fogareiro, O Portiño do maio e Reimúndez, todas elas no Concello de Muros; e as do Espiñeiro, Mera, Naval-Santa Cruz e Santa Cristina desaugadoiro do río, no Concello de Oleiros.

Carmen Durán sinalou que o Programa Praias sen Fume botou a andar no ano 2016, “sendo Galicia a primeira comunidade que puxo en marcha un proxecto deste tipo”. Os seus obxectivos inciden na promoción dunha vida sen tabaco, a desnormalización do seu consumo na sociedade e o respecto e o coidado das praias e do medio ambiente.

A directora xeral amosouse moi contenta cos resultados e confía en que “nos acheguen ao obxectivo da Xunta de reducir no 2027 a incidencia do consumo do tabaco diario na poboación adulta por baixo do 15% e nos adolescentes por baixo do 5%”.

A finais do pasado mes de maio a Xunta de Galicia presentou o Plan Inspira Saúde con medidas multidisciplinares para diminuír o consumo de tabaco, e Carmen Durán dixo que o Executivo galego traballa na creación dunha rede de apoio á cesación tabáquica, “co seguimento dos nosos profesionais especialistas en tabaquismo a través da plataforma tecnolóxica TELEA”. Este plan tamén tratará ao mesmo nivel que o tabaco convencional os dispositivos tipo vapeadores ou cigarros electrónicos.

Inspira Saúde, -remarcou a directora-, “supón continuar coas liñas que xa estabamos a aplicar. Así, coa vontade de ampliar os espazos libres de tabaco, en xaneiro creamos a Rede galega de Parques sen Fume, coa incorporación dos primeiros 18 concellos”.

Na súa intervención, Carmen Durán deu as grazas ao Concello de Cabanas, así como a todos os que forman parte da Rede de Praias sen Fume, “por axudarnos a reducir o impacto do tabaco nos nosos areais”.S

O Rosal sitúase á cabeza da creación de comunidades enerxéticas para o uso de renovables

0

O Concello do Rosal vén de recibir unha axuda do Ministerio para a Transición Ecolóxica para crear unha Oficina de Transformación Comunitaria que impulse comunidades enerxéticas. É unha das cinco entidades galegas beneficiadas desta subvención, e recibirá 75.000 euros para poñer en marcha este proxecto pioneiro de promoción de enerxías renovables no eido local.

O obxectivo da Oficina de Transformación Comunitaria que se vai crear no Rosal é asesorar sobre eficiencia enerxética, tarifas eléctricas, enerxías renovables e calquera tipo de información relacionada coa transición enerxética.

A alcaldesa do Rosal, Ánxela Fernández Callís, expresou a ledicia que supón que O Rosal conte con esta axuda. “É unha moi boa nova recibir esta subvención, que nos vai axudar a avanzar desde o local no camiño das enerxías limpas, co que o Concello ten un compromiso”, e engadiu que “Coa creación desta Oficina de Transformación Comunitaria poderemos traballar directamente coa veciñanza en temas tan preocupantes como o consumo de enerxía e o aforro na factura de luz”.    

O propósito principal destas axudas do Ministerio é que se promocionen e asesoren as comunidades enerxéticas. Estas comunidades son conxuntos de persoas, pequenas empresas ou entidades locais que teñen como obxectivo desenvolver proxectos de enerxías renovables, eficiencia enerxética ou mobilidade sostible, cun impacto positivo a nivel medioambiental, económico ou social sobre os seus membros ou as zonas locais nas que desenvolven o seu labor.

Prevese que o impacto global destes proxectos inclúa grandes beneficios medioambientais, coa diminución do consumo de enerxía e a redución no uso de combustibles fósiles, mais tamén evitar a dependencia sobre as compañías eléctricas, e combater a pobreza enerxética a través do aforro de enerxía, así como outros beneficios sociais, como a creación de emprego local ou o fortalecemento do tecido comunitario.

Areeiro aconsella vixilar a botrite ata a vendima

A Estación Fitopatolóxica Areeiro, centro dependente da Deputación de Pontevedra, acaba de lanzar o último aviso fitosanitario previo á vendima no que, en liñas xerais, alude ao bo estado xeral das viñas, aínda que recomenda manter a vixilancia ante a botrite e advirte tamén da aparición masiva de acios afectados por golpe de calor.

No que atinxe á botrite, persoal da EFA lembra que aínda que esta semana non se detectaron novos síntomas da presenza desta enfermidade, antes da vendima poderán xurdir novos acios danados, en especial se hai humidade, polo que non hai que descoidar a vixilancia nin os labores culturais que favorezan a aireación dos acios. Areeiro sinala que no Rexistro de Produtos Fitosanitarios do Ministerio de Agricultura existen funxicidas sen prazo de seguridade, ou con prazos curtos ou moi curtos, que aínda poden ser utilizados en caso de condicións favorables, pero que é imprescindible respectar os prazos recollidos nas etiquetas.  

Areeiro sinala tamén no seu aviso que a calor destes días supuxo un estrés para as plantas, o que incrementou o número das que manifestan síntomas de alteracións da madeira e supuxo que haxa plantas pequenas con síntomas de seca. Ademais, as temperaturas máis elevadas e a luz solar intensa destes días provocaron a aparición masiva de uvas con golpes de calor ou de sol que poden ser confundidos con botrite, pero que na maioría de casos non o é. As uvas afectadas presentan unha cor semellante á que adquiren cando hai podres e, co tempo, estas uvas iranse deshidratando. En xeral, estes síntomas afectan á cara dos acios sobre a que incide directamente a luz solar, e as condicións de seca ou os esfollados excesivos e mal executados están tamén na orixe do fenómeno.

Por outra banda, respecto ao mildio, a EFA destaca que non se atoparon novos síntomas en follas nin acios rebuscos, que son os que a estas alturas da campaña poderían ter algunha sintomatoloxía. Tendo en conta as condicións meteorolóxicas para os vindeiros días, con posibilidade dalgunhas choivas débiles e a posterior mellora do tempo, o persoal da Estación indica que poden aparecer novas manchas ata a vendima debido ás posibles choivas débiles destes días, pero xa sen incidencia na maduración pola frondosidade que teñen en xeral as viñas.

Despois da vendima, e en especial naquelas viñas onde quede un elevado nivel de inóculo por ter sufrido este ano un ataque forte na floración, continuará o avance da enfermidade na vexetación sempre que haxa condicións climatolóxicas favorables. Nestes casos, antes da caída da folla será conveniente un tratamento cúprico para garantir o bo agostado da madeira e limitar a incidencia da enfermidade na seguinte campaña.

En canto á avelaíña da uva, non se detectaron máis danos nos acios nas viñas da rede de seguimento, pero a situación pode ser diferente noutras viñas, polo que a EFA recomenda manter a vixilancia ata a vendima debido á influencia que poden ter as perforacións das eirugas sobre as podres. En principio, estímase que non será preciso dar tratamento algún pola relativa proximidade da vendima, pero se nas revisións se atopan danos por riba do 3-5% de acios afectados nas variedades máis sensibles ou de 5-8% nas restantes, será conveniente realizal0 elixindo insecticidas con prazo de seguridade curto, que en todo caso debe ser respectado.

Por último, no caso dos cicadelidos, Areeiro advirte que seguen a ser recollidos nas trampas o ‘Scaphoideus titanus’, e lembra que controlalo é unha das poucas formas existentes para conter a grave enfermidade de corentena que transmite: a flavescencia dourada. No que se refire ás capturas de mosquito verde nas trampas instaladas nas viñas da rede de seguimento, estas foron baixas.

A 57 Feira do Xamón da Cañiza, a piques de comezar

0

O vindeiro martes, 15 de agosto, celébrase a esperada xornada gastronómica da Feira do Xamón e o VIII Concurso Nacional de Cortadores de Xamón.

Esta xornada desenvolverase chea de folclore e gastronomía, na que os productos da vila, o xamón e os viños da Paradanta, serán os grandes protagonistas.

Programa

Ás 11.00 horas  comezará a venda de tickets para a compra das racións da Xornada Gastronómica do Concello. Servirase xamón curado, asado, en empanada, en tortilla e xamón empanado.     

Todas as racións terán un precio de 7 €, incluindo a especialidade de xamón elexida, pan, auga e un vaso de viño da terra. Excelentes albariños brancos da D.O. Rías Baixas, das prestixiosas adegas EIDO DA FONTE e  TERRAS de ABELAN que tamén estarán presentes na Feira con stand propio cos seus mellores e premiados caldos. Ademáis, de agasallo un pano conmemorativo como lembranza da nosa Feira e unha rifa para participar no sorteo de dous xamóns.

E, ainda que o stand do Concello pecha pola tarde, durante todos os días, os establecementos da vila continuarán servindo xamón.

Tamén ás 11 da mañá dará comezo o VIII Concurso Nacional de Cortadores de Xamón na que xa están escritos os mellores profesionais. Todas as racións (agás as dos pratos creativos) se destinarán á venda.

Ás 12 horas terá lugar o desfile da comitiva do xamón dende a Casa Consistorial ata a Carballeira, encabezado polo tradicional carro  galego, cargado de xamóns e tirado polos espectaculares bois de Mario Nogueira. Participan tamén no desfile os cabezudos, os nenos ataviados co traxe rexional portando as bandexas cos pinchos de xamón, rememorando a tradición das primeiras edicións de agasallar aos visitantes á festa con este pequeno pincho. O Alcalde Luis Piña, Concelleiros e demáis invitados acompañaran esta comitiva. E como non podía faltar o noso benquerido grupo de Gaitas da Asociación Cultural Santa Cristina de Valeixe amenizará o desfile.

Na Carballeira tamén agardan os acordes do Grupo de Gaitas «BARALLOCAS» da Cañiza e da Charanga «NOROESTE».

Xa chegados ás 14.30h entregaranse os premios aos gañadores do Concurso de Cortadores e sortearanse entre todos os asistentes 2 xamóns da terra.

Pola tarde, ás 19.00 h, celebrarase o Torneo de fútbol “Trofeo Festa do Xamón” no campo de Fútbol de O Vieiro e á mesma hora pero na rua Oriente, diante do Concello, espectáculo infantil de animación «A Bailar no Verán», a cargo da COMPAÑÍA ANIMAR-T.

O día grande da Cañiza pecharase cunha verbena. A partires das 22.30 h, a festa estará amenizada polo Grupo LA NAVE (que actuará na Rúa Antonio Facorro) e a Orquestra GRAN PARADA dende a Praza Maior.

Salvaterra celebra a súa tradicional romaría na ermida de Monte Castelo

A Asociación Cultural Santa Mariña de Pesqueiras, de Salvaterra de Miño, celebra o vindeiro 15 de agosto a tradicional Romaría a Monte Castelo na honra da Nosa Señora da Asunción, pondo así en valor a contorna.

Ao mesmo tempo, tamén conmemora o centenario da reforma da Ermida e levará a cabo o III Fraternal Encontro con diversas imaxes que peregrinan dende parroquias achegadas.

A programación comeza xa pola mañá coa celebración da Misa ás 10:00h na Igrexa Parroquial e a continuación sairá ás 11:00h a procesión ata a Ermida con máis de dez imaxes.

Ao longo do día haberá pulpeiro, musica tradicional galega, danza e pandereteiras ademais dun xantar popular cos romeiros e veciños polas ladeiras do monte amenizado pola música dunha charanga.

Xa ás 19:00 horas sairán as imaxes romeiras cara as súas parroquias e a partir das 21:45 horas farán a baixada coa tradicional procesión das candelas.

A Ermida de Monte Castelo da Nosa Señora da Asunción, na parroquia de Pesqueira,s atópase sobre un antigo castro romanizado nun enorme peñasco granítico, un enclave cunhas fantásticas vistas que chama a atención de moitos turistas e veciños. Sobre este lugar xa atópanse referencias no ano 991, pero como tal aparecen referenciadas notas do ano 1592, e na súa espadaña figura a data de 1783 como construción do cierre frontal.

O Ciclo Mestre Mateo achega dous novos documentais a Baiona

0

O Ciclo Mestre Mateo regresa á Baiona e levará as proxeccións das longametraxes de ficción e documentais finalistas dos premios do noso audiovisual ao  Concello de Baiona. Deste xeito, a colaboración entre a Academia Galega do Audiovisual e a Deputación de Pontevedra achegará o mellor do audiovisual galego recente ao público de cinco localidades, entre as que a nosa Vila foi seleccionada para acoller este ciclo de cinema.

Así, o Multiusos Mercado de Sabarís acolle o vindeiro luns, 14 de agosto,  ás 21:00hrs. a proxección documunetal.

A fináis do mes de agosto, o luns 28 de agosto, no mesmo lugar e a mesma hora, poderase gozar da proxección de “María Casares, a muller que viviu mil vidas”.

Avanzan as obras de saneamento en Budiño

O Concello do Porriño avanza nos traballos de extensión da rede de saneamento na parroquia de Budiño.

Estes días estase a rematar a obra que dará servizo a 29 vivendas e ao colexio no núcleo do Picouzo, que contempla a conexión coa rede xeral de abastecemento e saneamento para o cal se instalaron catro grandes colectores 542, 404, 370 e 1.010 metros máis colectores de sección de tramos que suman preto de 2 quilómetros máis de tuberías. 

A piques de rematar tamén están os traballos do barrio do Mosteiro, que dará servizo a catro vivendas e , nunha segunda fase, extenderase ata conectar co barrio da Trapa.

O alcalde, Alejandro Lorenzo, reiterou o seu “compromiso coa execución do saneamento integral en Budiño, e en cada unha das parroquias do termo municipal” e lembrou que, en base á planificación levada a cabo polo goberno municipal, “vimos de dotar de crédito a redacción dos proxectos pendentes de saneamento no municipio, para adiantarnos e axilizar na medida do posible a súa futura execución”.

A Xunta contratará coidadores de gando como medida de prevención ante os ataques do lobo

O Goberno galego destina 370.000 euros á contratación de persoas coidadoras de gando como medida de prevención ante os ataques do lobo, segundo dixo a directora xeral de Patrimonio Natural, Belén do Campo.

Durante unha visita á explotación Gandería Os Bravos SC, Do Campo salientou que o Goberno galego incrementa en 216.000 euros a partida inicialmente destinada a esta “iniciativa novidosa” para atender todas as solicitudes presentadas.

Tal e como detallou a directora xeral, o pasado mes de maio publicáronse as bases reguladoras destas axudas para os anos 2023 e 2024. A resolución desta convocatoria, o pasado mes de xullo, atendeu 9 solicitudes por un importe de 154.000 euros, quedando fóra da concesión outras 12 peticións, que cumprían os requisitos esixibles na convocatoria e que suporían un total de 216.000 euros.

Polo tanto, ante o interese económico e social á medida subvencionable, o Goberno galego decidiu conceder as axudas solicitadas que, cumprindo os requisitos e superando o procedemento de concorrencia competitiva, non puideron beneficiarse desta liña de financiamento por esgotamento do crédito dispoñible.

Deste xeito, a Xunta destinará un total de 370.000 euros a esta iniciativa que ten como obxectivo axudar ao sector gandeiro en extensivo na contratación de persoal para desenvolver tarefas de pastoreo e manexo de reses co fin de protexer, na medida do posible, aqueles rabaños máis sensibles e susceptibles de sufrir un maior risco de predación.

Con esta medida excepcional trátase de cumprir o obxectivo establecido polo Plan de xestión do lobo en Galicia de acadar unha integración entre as indemnizacións por danos e a adopción de medidas preventivas nas explotacións afectadas.

Cómpre lembrar que durante o ano 2021 levouse a cabo na Comunidade a actualización do estado poboacional de lobo ibérico en Galicia e os resultados obtidos do censo estiman a presenza de 93 mandas reprodutoras, concluíndo que a área de distribución do lobo ocuparía unha superficie de 26.908 km2, o que supón o 91% da superficie total do territorio galego.

Así mesmo, a evolución dos danos comunicados ao logo do período 2010-2022, amosan un mantemento continuo dos mesmos dada a distribución xeneralizada da especie na comunidade autónoma.

Ante isto, o Goberno galego mantén o seu compromiso de compatibilizar a actividade gandeira coa presenza e a conservación desta especie de fauna silvestre en Galicia. De feito, a Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda financia 3 ordes de subvencións para prever e minimizar o impacto do lobo.

Á liña de incentivos para contratar persoas coidadoras do gando en explotacións en réxime extensivo para desenvolver tarefas de pastoreo e manexo das reses, hai que engadir as axudas destinadas á adquisición e instalación de valados fixos -400.000 euros-, e as que teñen como obxecto a compra e manutención de cans protectores, a adquisición de pastores eléctricos e a colocación de cerrumes con malla -700.000 euros-.

E, a maiores, a Xunta destina mais de 646.000 euros a compensar aos afectados polas perdas derivadas dos ataques desta especie.

“Entre os anos 2016 e 2023 o Goberno galego destinou preto de 8 millóns de euros a previr e paliar os danos causados polos ataques do lobo ao sector agrogandeiro”, concluíu a directora xeral.

Patrimonio, natureza, turismo activo, gastronomía… atractivos do verán tudense

0

O seu patrimonio histórico e natural, as rutas guiadas, o turismo activo, a gastronomía, … son algúns dos atractivos que o municipio de Tui ofrece ao longo deste verán. A proposta para #Tuiristear durante este mes de agosto é ampla e variada.

Perderse polas rúas do conxunto histórico camiñando até a Catedral de Santa María, cun claustro medieval único en Galicia,  é so o comezo dun fermoso paseo. No percorrido polas súas naves podemos admirar o crisol de estilos arquitectónicos que atesoura, mentres que a visita ao seu xardín ou ás torres permiten gozar das vistas panorámicas do Miño, de Portugal e do propio conxunto histórico. As rúas estreitas e empedradas coma Entrefornos, os túneles da Misericordia ou As Monxas, son lugares de paso obrigados, xunto ao convento de San Clara, coñecido popularmente coma das “Encerradas”, ao igual que as igrexas de San Domingos ou San Bartolomeu. Algunha destas rúas forman parte da Ruta Xudía, que realiza un percorrido polos vestixios da presenza xudía e criptoxudía na cidade. Estas rutas poden realizarse de forma autoguiada e xeolocalizada a través da aplicación turismotui.mobi/ dispoñible en galego, castelán e inglés, ou seguindo os códigos QR accesibles na sinalización xunto a distintos monumentos. Tamén é posible contactar cos guías turísticos locais que realizan rutas guiadas a diario.

O Parque Natural do Monte Aloia, o primeiro espazo natural protexido de Galicia, é outro dos punto de interese a visitar. No seu Centro de Interpretación ofrécennos as claves para descubrir a riqueza en fauna, flora, e paisaxe deste lugar seguindo algunha das rutas establecidas. Tamén podemos percorrer o Paseo Fluvial á beira do Miño e contemplar os moitos atractivos deste río que permite a práctica de turismo activo, a través de distintas empresas locais con propostas de paseo en piragua, padelsurf, ou barco turístico.  Para os máis atrevidos tamén é posible realizar rafting augas arriba.

Entre as opcións para percorrer Tui está ao tren turístico que comunica a cidade, dende a praza da Inmaculada, con Valença, ou se pode optar por paseo en bicicleta ou mesmo a cabalo.

A gastronomía é sen lugar a dúbida outro dos grandes atractivos da cidade. Os múltiples locais existentes, tanto no zona antiga coma en todo o termo municipal, ofrecen dende pratos tradicionais da cociña galega á elaboracións máis de vangarda. Cómpre salientar nas sobremesas os peixiños de améndoa que elaboran as monxas “encerradas” e que se poden mercar no propio convento. Todo isto maridado cos viños das Rías Baixas, e mesmo coa posibilidade de realizar enoturismo nalgunha adega.

Para aqueles que opten por pasar en Tui máis dun día a cidade ofrece distintas alternativas de aloxamento dende albergues, hostais, hoteis, un Parador e un Balneario.

Todas as persoas que durante este mes de agosto visiten Tui poden gozar tamén da ampla oferta cultural e de lecer que se realiza no municipio.

Toda esta información pódese ampliar na Oficina Municipal de Turismo, no céntrico Paseo da Corredoira que abre de luns a domingo de 9.30 a 13.30 h e de 16 a 19 h.

A concelleira de Turismo, Ana Núñez, salienta coma estas actividades reflicten a vitalidade do sector turístico tudense, que día a día gaña peso na economía local, e que realiza unha forte aposta pola calidade coma  testemuñan a ducia de establecementos que contan co recoñecemento de calidade Sicted.

A pé, a cabalo, en bicicleta, en piragua, en barco, ou até en tren percorrer Tui é toda unha experiencia para o visitante.

Rematadas as obras de mellora do serradoiro dos Carranos

0

O Concello de Covelo informa que xa están rematados os traballos de mellora do serradoiro dos Carranos. As obras tiveron un custo de 30.000 € financiados ao 100 % co apoio da Axencia Turismo de Galicia da Xunta de Galicia. Nos últimos meses realizouse unha intervención de acondicionamento exterior centrada nunha profunda limpeza en seco e desinfección das fachadas, tratamento das mesmas con dúas mans de produtos específicos, recolocación e reposición dunha das partes da cuberta e substitución e colocación dunha baranda de apoio para a subida á levada.

O alcalde, Pablo Castillo, sinala a importancia desta actuación de conservación dun dos espazos de máis atractivo do concello que contribúe na dinamización da economía ao atraer visitantes, non só dentro das rutas guiadas programadas polo Concello, tamén persoas que veñen de xeito individual a contemplar este legado da arquitectura industrial de principos do século XX.

Rehabilitado no ano 2005 polo Concello, na actualidade, conta cunha aula da natureza, ubicada no antigo secadoiro, e o serradoiro, adicado hoxe en día a museo etnográfico.

O Serradoiro dos Carranos foi erguido pola familia Vales no ano 1922, sobre os peares dun vello muíño, e a súa principal tarefa foi a fabricación de carros, aínda que o seu obxectivo final era a transformación da madeira. Atópase á beira do río Vixiáns, afluente do río Tea, incluído na “Rede Natura 2000” da Unión Europea.

Este serradoiro ten un interese etnográfico moi importante pois a enerxía que se precisaba para o motor das instalacións industriais é movida pola forza da auga. A estrutura e composición da serra hidráulica é moi probable que fose similar á dos modelos aplicados na Europa do Medievo. O proceso de conversión da enerxía hidráulica en movemento de pezas mecánicas era o mesmo que no dos muíños, pero, neste caso, os rodos e as poleas permiten accionar a serra metálica en vez das pedras molares. Aserrábanse así as diferentes madeiras destinadas unhas a construción, e outras a construción de carros.

Augas arriba construíuse unha presa para embalse da auga e así poder regular o caudal. Dende a poza ata o serradoiro, a auga conducíase por unha levada pasando por unha “noria de canxilóns”, e así facía xirar o rodezo ou rodo que, mediante un sistema de poleas, transmitía a enerxía á serra.

Nigrán festexa por todo o alto o 20 aniversario da banda ‘Dakidarría’

0

Corría o mes de febreiro de 2003 cando catro estudantes do IES Val Miñor realizaban o seu primeiro concerto como ‘Dakidarría’ no Bar Patos, no marco da campaña do colectivo ‘Burla Negra’ xurdido tras a catástrofe do Prestige. Vinte anos despois, a banda liderada polo veciño de Priegue ‘Gabri’ Reigosa sigue totalmente en activo e é unha referencia da música punk, ska e reggae en Galicia. Por este motivo, o Concello de Nigrán quere festexar o seu 20 aniversario ‘en casa’.

A cita, única na comarca, será o vindeiro venres 18 de agosto no espazo deportivo de Gaifar (Panxón) e no marco, precisamente, da xira conmemorativa que Dakidarría está a realizar por todo o estado e que tamén vivirá un momento especial no Festival Revenidas, en setembro. O evento, de entrada libre, arrancará ás 21:00 horas co grupo de Baiona ‘Xente Tóxica’ e a continuación ‘Pauliña’ para dar paso ás 23:30 ao gran concerto de ‘Dakidarría’ no que repasarán toda a súa traxectoria. Como é habitual no Concello, estarán dispoñibles as mochilas vibratorias para toda aquela persoa xorda que o solicite previamente no mail [email protected] ou no whatsapp 690679675.

“Tiñamos unha débeda con Dakidarría e, como Concello, estamos moi orgullosos de poder ‘saldala’ con este gran concerto na casa que, precisamente, repasa os seus 20 anos de traxectoria”, refire o alcalde, Juan González. Pola súa parte, ‘Gabri’ Reigosa, único membro fundador que se mantén, promete un concerto espectacular “cheo de emocións, con artistas invitados e moitas sorpresas”. “É a primeira vez que o Concello de Nigrán, onde nacemos como banda, nos contrata, e o asumimos como un recoñecemento público ao noso traballo e con moito orgullo, é moi especial para min tocar na casa”, admite o líder dun equipo composto por 16 profesionais (9 músicos e 7 técnicos) a maioría da comarca do Val Miñor. Esta xira conmemorativa está chea de actividades para o grupo miñorán, que hai tan só un ano publicaba o seu disco ‘Colaxe’ e que agarda permanecer na escea “polo menos 20 anos máis”.

O concerto en Nigrán será gravado e pasará a formar parte dun documental que tentará plasmar a realidade actual da banda e o longo camiño percorrido ata o día de hoxe. Ademais, a marca nigranesa de Cervexas Banda-Triskale dos irmáns Toledano, vellos amigos do grupo, disporá no recinto de Gaifar dunha barra onde brillarán especialmente as súas marcas ‘Dakidarría’ (creada no 2018, a primeira cervexa ‘temática’ que realizaron) e ‘Nigrán, equilibrio natural’ (xurdida no ano 2020 a petición do Concello).

O Programa Integrado de Emprego de Mos supera, no que vai de ano, o 50 % de inserción laboral

0

O Programa Integrado de Emprego 2023 Concello de Mos, continúa coas suas accións incorporando ao mercado laboral, diversos postos vencellados aos itinerarios realizados coas 100 persoas usuarias do mesmo. Así o informou a concelleira de Formación e Emprego e responsable da Axencia de Colocación, Julia Loureiro, quen tamén explicou que “cóntase coa colaboración de empresas locais para a cobertura de vacantes na tempada estival, realizando tarefas de intermendación laboral nos postos máis demandados e vinculados principlamente aos sectores de referencia na contorna: Sector Servizos e Sector Industrial”. Trátase esta da oitava edición do Programa Integrado de Emprego de Mos que titoriza a 100 usuarios na busca proactiva dun posto de traballo.

Esta VIII edición do Programa Integrado de Emprego do Concello de Mos comezou en novembro do ano pasado e conta con subvención auntonómica da Consellería de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia, que aporta 250.000 euros do total de 314.465,41 euros que custa o proxecto. O importe restante é cofinanciado pola administración local mosense.

Dos 100 participantes no Programa, na actualidade, están traballando 51 e a realizando prácticas non laborais 11 persoas usuarias, ademais continuar asesorando e orientado a aquelas persoas demandantes na procura activa de emprego, nos procesos de selección ou noutros perfís profesionais dende a perpectiva do actual mercado laboral, para poder acadar con éxito a inserción laboral da totalidade das persoas participantes antes da súa finalización o vindeiro 16 de novembro.

Con esta porcentaxe actual de inserción do 51 % xa se superou o obxectivo final do programa, pois se establecía a inserción dun mínimo dun 45 % das persoas participantes. Aínda que se aspira a a inserción laboral da totalidade das persoas participantes. Outros dos obxectivos do Programa Integrado son: a mellora da empregabilidade das persoas participantes. Ser un instrumento útil para as empresas, traducido na adecuación dos perfís profesionáis para unha posible incorporación ás suas empresas. E ofrecer medidas de apoio ao participante tales como a axuda de 7 €/día por participar nas acciós que se establezan nos seus itinerarios de inserción e medidas de conciliación, se as necesitan. Todas as persoas interesadas en participar no novo Programa Integrado de Emprego, na súa vindeira 9ª edición 2023-24, que solicitou o Concello, poden achegarse á Axencia de Colocación, chamar ao 986487786 ou ben solicitalo no correo [email protected].

Case 2.500 persoas participarán no programa “Depotermal”

Case 2.500 persoas da provincia desfrutarán este ano de “Depotermal”, o programa de termalismo social da Deputación de Pontevedra. Como destacou en rolda de prensa o presidente provincial, Luis López, “facilita o acceso a actividades de ocio saudable e envellecemento activo en balnearios, talasos ou spas da provincia”. A Xunta de Goberno da Deputación adxudicou o total de 2.447 prazas, das que preto de 700 (664) son para a modalidade de asistencia diúrna durante cinco días ou tardes consecutivas. O resto, case 1800 (1.783), inclúen pernoita e pensión completa con entrada o domingo e saída o venres.

“Depotermal” está destinado a persoas maiores de 50 anos, xubilados, pensionistas, persoas cun recoñecemento do grao de discapacidade igual ou superior ao 65 % e tamén ás que precisen dun respiro familiar. Luis López destacou que, con esta iniciativa, a Deputación busca “dinamizar a economía, impulsando a creación e o mantemento de postos de traballo nun sector clave como é o turístico durante os períodos de menor actividade, ao desestacionalizar a demanda”.

Nos establecementos de termalismo, os beneficiarios do programa poderán desfrutar de actividades de animación sociocultural e de tratamentos gratuítos como sesións monitorizadas de activación muscular e articular, tratamentos dixestivos con augas medicinais, piscina terapéutica, actividades para mellorar a mobilidade e a circulación, combater a dor e a inflamación e reducir o estrés entre outros moitos.

Nova visita aos muíños do Tripes

0

O venres, 18 de agosto, ás 10 h realizarase unha nova visita guiada aos muíños do río Tripes  dentro da iniciativa “Coñece o noso patrimonio rural: Os Muíños do Tripes” que organiza a Asociación Cultural Muiñeiros do Río Tripes en colaboración co Concello de Tui.

Esta nova actividade organízase ante o éxito de acollida na que tivo lugar este venres, 11 de agosto, para a que as prazas se completaron xa na fin de semana anterior.

A participación nesta actividade é gratuíta pero é preciso inscrición previa en [email protected].

Dende o Concello de Tui quérese amosar o agradecemento á Asociación Cultural Muiñeiros do Río Tripes por esta iniciativa para dar a coñecer e poñer en valor a nosa cultura e tradición.

A Xunta renova 58 ecógrafos en xinecoloxía e obstetricia

A Xunta de Galicia está nestes momentos a instalar un total de 58 novos equipos de ecografía nos servizos de xinecoloxía e obstetricia das sete áreas sanitarias galegas.

O Servizo Galego de Saúde formalizou en xuño por un importe total de 4,1 millóns de euros os contratos coas empresas adxudicatarias da licitación deste material autorizada polo Consello da Xunta en decembro do pasado ano.

As contratacións realizadas teñen achegado novo equipamento de ecografía á totalidade dos hospitais da rede pública galega, incluíndo os sete hospitais comarcais, que teñen recibido todos eles cando menos un novo ecógrafo.

Renovación de tecnoloxía diagnóstica

Estes contratos forman parte do proceso de renovación do equipamento sanitario emprendido nesta lexislatura e ao que a Xunta de Galicia está destinando boa parte dos fondos europeos que recibe. Así, o equipamento obxecto destes expedientes de contratación é susceptible de financiamento ao 100% no marco do Eixo REACT-UE do Programa Operativo FEDER Galicia 2014-2020, como parte da resposta da Unión Europea á pandemia da covid-19.

En particular, no caso da tecnoloxía de ecografía para imaxe diagnóstica, este investimento únese á renovación de máis de 60 ecógrafos levado a cabo pola Xunta de Galicia en 2022 mediante un investimento de 5,3 millóns de euros e que permitiu incorporar 48 novos ecógrafos nos servizos de radiodiagnóstico dos hospitais públicos galegos e destinar outros 16 ecógrafos, na súa meirande parte, aos servizos de urxencias.

Este novo contrato eleva por tanto a 9,4 millóns de euros o importe investido nos procesos de renovación desta tecnoloxía e a 152 o total de novos equipos de ecografía incorporados á rede hospitalaria pública galega.

Actividade

Xinecoloxía e obstetricia son as dúas disciplinas dunha única especialidade médica. Obstetricia fai referencia á atención á muller durante o período de embarazo, parto e puerperio. No caso da muller embarazada, os exames de ultrasóns son realizados para detectar os casos de maior risco de problemas maternos ou fetais. Ademais, teñen como obxectivo máis específico obter unha apreciación das características e conformación xeral do bebé. Os médicos recomendan a realización de entre tres e catro ecografías ou ultrasóns para ver a evolución do bebé nas diferentes etapas da súa xestación nun embarazo normal.

Por outro lado, a xinecoloxía é unha das especialidades médicas máis demandadas. Desde o inicio das relacións sexuais, o ben a partir dos 18 anos, é recomendable realizar revisións xinecolóxicas nas que a ecografía é unha proba complementaria básica  polo seu carácter non invasivo, indoloro e  inocuo.

Nos hospitais do Sergas traballan máis de 260 facultativos en obstetricia e xinecoloxía, cunha poboación de referencia de máis de 1.150.000 mulleres maiores de 14 años. Neles realízanse, anualmente, máis de 104.000 consultas primeiras; máis de 290.000 consultas sucesivas; máis de 16.000 cirurxías; e máis de 13.000 partos (entre partos vaxinais y cesáreas). Na práctica totalidade das atencións a ecografía é fundamental.

Nigrán retoma este domingo o cine de verán

0

O Concello de Nigrán ofrece un verán máis o ‘cine na rúa’ coa proxección este domingo 13 de Agosto (Praza do Concello, 22:00 horas) de ‘Los Tipos Malos’, unha película estadounidense de animación. A seguinte cita será o martes 22 de agosto con ‘Padre no hay más que uno 3’. Ambas son longametraxes de 100 minutos pensadas nun público familiar e con entrada libre.

En ‘Los tipos malos’ unha banda criminal de élite formada por todo tipo de animais foraxidos vaise poñer a proba co maior desafío da súa carreira profesional: converterse en cidadáns modelo. O filme está baseado na saga de libros ilustrados de Aaron Blabey publicada polo New York Times e foi nomeado a Mellor Longametraxe de Animación nos Satellite Awards e premio ao Mellor Deseño de Personaxes nos Premios Annie.

Pola súa banda, ‘Padre no hay más que uno 3’ é unha película española dirixida por Santiago Segura. Achégase o Nadal e a familia enfróntase a novas e divertidas peripecias. Os nenos rompen accidentalmente unha figura do Belén da colección de seu pai e deben conseguir por todos os medios unha igual, o problema é que é unha peza única de anticuario.

As mulleres de Covelo recuperan o seu partido de fútbol

0

O domingo día 13 ás 20:30 horas as mozas solteiras xogarán contra as mulleres casadas no campo de fútbol de Covelo. A entrada é de balde e antes, ás 19:30, farao o Covelo Club de Fútbol.

Hai moito tempo que as mulleres de Covelo querían recuperar unha actividade que as unía unha vez ao ano, o seu partido de fútbol. Aquel que xogaban cadrando coas festas da Nosa Señora das Dores. Este domingo convidan a toda a veciñanza a acompañalas dende as gradas e participar así na recuperación dunha actividade de longa tradición que levaba anos perdida.

Tomiño aproba a tramitación da modificación do PXOM para crear o Parque Empresarial Transfronteirizo

0

O Pleno do Concello de Tomiño aprobou onte o inicio da tramitación da modificación puntual do PXOM para crear o Parque Empresarial Transfronteirizo. A proposta tivo unha grande acollida, e aprobouse con 15 votos a favor, do BNG e do PP, e dúas abstencións do PSOE. Tralo pleno, e en canto se publique nos diarios oficiais, a continuación da tramitación desta modificación urbanística pasará polo proceso de información pública de dous meses, nos que o Concello creará unha oficina de atención ao público para informar aos veciños e veciñas e resolver todas as súas dúbidas.

Tal e como se informou no Pleno, o lugar idóneo para a creación deste Parque Agroindustrial é a “recta de Figueiró”, e ven predeterminado pola súa proximidade á Ponte Internacional e, consecuentemente, a súa posición xeoestratéxica no contexto xeográfico da Eurorrexión.

Alén diso, a ubicación vense favorecida pola existencia dos servizos urbanísticos necesarios para o seu desenvolvemento: as conexións de auga e saneamento municipal, fibra óptica e accesibilidade viaria. Nese sentido, a decisión da Xunta de Galiza de aprobar o proxecto de trazado da Autovía do Baixo Miño desdobrando a recta de Figueiró e configurándoo como unha autovía urbana con tres rotondas foi determinante, pois favorece á conectividade e integra e complementa a rede de varios accesorios.

A alcaldesa de Tomiño, Sandra González, sinalou que “este vai ser un pequeno gran paso para Tomiño, pois é un proxecto de emprego e de futuro, no que se tiveron en conta as posibilidades de crecemento das empresas da zona”. Un proxecto no que “levamos traballando case catro anos, sempre dende o diálogo e o consenso coas administracións sectoriais competentes e co tecido empresarial de Tomiño”.

A Modificación Puntual Nº10 para o desenvolvemento do Parque Agroindustrial Transfronteirizo contempla a ordenación de case 650.000m2 de solo empresarial, dos cales se contempla a ordenación de máis de 150.000m2 de actividades empresariais existentes e xérase case 500.000m2 de novo solo empresarial. Ademais, o proxecto inclúe unha importante vertente medioambiental, xa que se contempla o correcto dimensionamento das infraestruturas hidráulicas da zona, e a mellora do sistema hídrico, para recuperar as canles naturais dos regatos que foron cerradas, e así evitar as inundacións periódicas que se padecen na actualidade nesta área.

Este proxecto de Parque Agroindustrial Transfronteirizo foi presentado nunha reunión o 9 de marzo de 2021 ao Vicepresidente da Xunta, Francisco Conde, e a Conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez. O proxecto foi incluído na manifestación de interese de proxectos que a Xunta enviou ao goberno central para execución cos fondos Next Generation. Así, foi anunciada por parte do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, no último plenario da Comunidade de Traballo da Eurorrexión Galiza-Norte de Portugal, a cal tivo lugar en Salvaterra do Miño o pasado 28 de xuño de 2021.

Ademais, o Parque Agroindustrial foi presentado a asociacións de empresarios da Eurorrexión e conta co apoio expreso da Cámara de Comercio de Tui, Confederación de Empresarios de Pontevedra e da Associação Empresarial de Viana do Castelo.

O Burgo-Baíña prepárase para celebrar a Festividade de Santa Marta

0

O Burgo-Baíña prepárase para acoller o luns, 14 de agosto, e o martes, festivo día 15, as festas de celebración en honra a Santa Marta.

O luns ás 20:00 h comenzarán as festas co concerto do coro de homes “Voces Baionaesas”. Ás 21:00h terá lugar a verbena a cardo do “Trío élite” e o grupo “Rock Q’ Mola”.

Ás 00:00 horas haberá unha gran tirada de fogos artificiais e de lucería a cargo da pirotecnia Argimiro Alborés.

O martes festivo, a xornada  comezará pola mañá co percorrido polos distintos lugares da parroquia da Charanga “Nova Cubana” a partir das 10:00 h.

A Misa Solemne será ás 12:30h na Capela de Santa Marta seguida da procesión.

En canto aos actos relixiosos as misas comezarán o martes ás 8:00 da mañá e habera misas continuas ás 9:00, 10:00 e 11:00 horas. Xa pola tarde, as misas serán ás 18:00, 19:00 e a última ás 20:00 horas.

Xa pola noite, a partir das 21:00 h, será a gran verbena amenizada polo dúo “California” e polo trío“ Luces de Bohemia”.

A Deputación fai unha achega a Salvaterra para reparar os danos das inundacións do inverno pasado

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, informou en rolda de prensa da aprobación en Xunta de Goberno dunha achega de 140.000 euros para o Concello de Salvaterra de Miño co obxectivo de reparar os danos causados polas inundacións do pasado inverno en infraestruturas de titularidade municipal deste concello. O presidente provincial sinalou que “as administracións debemos axudar os concellos da provincia, ante estas situacións imprevistas, para facerlles fronte a estas circunstancias, repoñer as súas infraestruturas e mesmo melloralas de cara a situacións similares no futuro”.

Deste xeito, os recursos que recibirá o Concello de Salvaterra destinaranse ás obras de reparación dos danos causados polas inclemencias meteorolóxicas en varios camiños municipais, un total de sete localizados de seis parroquias, situados nos lugares de Xestal (parroquia de Arantei), Espedrigada (Porto), Fillaboa (Salvaterra), Muíño da Ponte (Corzáns), Serradela (Meder), Medóns e Sampríns (Leirado).

Por mor das inundacións, todas estas infraestruturas presentaron desbordamentos e deterioro de cunetas, desprazamento de muros de contención ou danos no sistema de drenaxe. Grazas ás axudas aprobadas pola Deputación, os proxectos de reparación permiten refacer os muros de contención destas sete vías municipais. Ademais, naquelas nas que é necesario, tamén se executan novas cunetas, colócanse biondas de seguridade e reponse os sistemas de drenaxe danados.

A Cañiza ultima detalles para a Feira do Xamón 2032

0

A Cañiza xa está preparada para celebrar a súa 57 Feira do Xamón, cunha edición chea de actividades ao redor do seu produto estrela.

A festa comezará o domingo, 13 de agosto. celebrando o «VIII Obradoiro do Bocadillo de Xamón» no que fabricarase un gran bocadillo de 20 metros de longo. Un ano máis, cortarase un xamón da Cañiza e se fabricará unha barra de pan xigante dunha soa peza. E de sobremesa, unha rosca doce xigante.

Para ir preparando o padal antes da Feira do 15 de agosto, o domingo 13 de agosto, na rúa Oriente, o Concello organiza o VIII Obradoiro do Bocadillo de Xamón coa colaboración do xamonero Víctor Burgos.

A partir das 18 horas poñerase en marcha a fabricación do Bocadillo xigante de xamón, onde se tentará superar os 20 metros de barra de pan do pasado ano. Víctor Burgos, profesional do corte de xamón e director do Concurso de Cortadores que se celebrará na Carballeira do Cacharado o propio 15 de agosto, será de novo o responsable de cortar un xamón enteiro nun só lisco, sen desprenderse, superando os 26 metros do ano pasado.
Xamón que irá parar á barra quente que se enfornará en público e darase a degustar a todos os asistentes.

Ao mesmo tempo os máis novos e tamén pequenos da casa, poderán gozar co Obradoiro de pan que tamén se abrirá á mesma hora e no mesmo emprazamento. Aprenderán a elaborar a masa, darlle as formas máis curiosas e enfornar o pan. Unha actividade gratuíta para todos.

Aquamuseu desafia crianças para ‘Pintura de Verão’

O jardim do Aquamuseu do Rio Minho volta a transformar-se numa sala de aula viva em tempo de férias para acolher dois ateliês de verão gratuitos. Este ano, a proposta centra-se na ‘Pintura de Verão’ para as tardes de 18 e 25 de agosto.

Anualmente, aproveitando o período de férias escolares, o Aquamuseu do Rio Minho procura ir ao encontro das crianças, proporcionando-lhes atividades lúdico-pedagógicas, associando a diversão ao conhecimento do trabalho desenvolvido por este equipamento público.

Para a edição deste ano, os participantes são desafiados a desenhar motivos relacionados com o rio, o mar ou qualquer outro tema ligado à natureza, dando aso à imaginação e criatividade de cada um.

Os ateliers de verão estão agendados para os dias 18 e 25 de agosto, entre as 14h30 e as 16h30, sendo de caráter gratuito.

Comeza a segunda edición do “Programa Xuntas” en Salceda, Salvaterra e As Neves

As dúas alcaldesas e o alcalde acompañados das respectivas Concelleiras de Igualdade, mantiveron unha reunión de coordinación no arranque da  segunda edición do Programa Xuntas, dirixido ás mulleres de Salceda de Caselas, Salvaterra de Miño e As Neves en materia de formación, información, prevención e orientación e asesoramento xurídico, laboral e psicolóxico individualizado.

O Programa Xuntas, que obtivo a mellor puntuación de todos os proxectos presentados na provincia de Pontevedra e a segunda mellor de Galicia, xestiónase mediante o sistema de xestión compartida e está cofinanciado polo Fondo Social Europeo Plus (FSE+) no marco do Programa FSE+ Galicia 2021-2027 e a Xunta de Galicia.

Así, actívase un ano mais o Servizo Integral e Especializado de Asesoramento Xurídico, Psicolóxico e Laboral. Gratuíto, presencial e á demanda, aínda que se establecerán unhas horas fixas todos os mércores pola mañá, o Servizo tamén elaborará os itinerarios personalizados de inserción. Ademais, haberá un Punto de Información de Hábitos Saudables para as Mulleres e asesoramento para unha Despensa Saudable.

Haberá unha fase de intervención en saúde e benestar na que se impartirán obradoiros nos 3 concellos para mellorar a saúde e o benestar de todas as mulleres e promover a igualdade de xénero, especialmente no eido social e da saúde con 5 obradoiros: “Exercicio terapéutico e saúde”, “O equilibrio a través da alimentación”, “Autoestima e benestar das mulleres” , “A saúde sexual e reprodutiva das mulleres” e “Taller de saúde mental dende a perspectiva de xénero”.

Noutra fase, desenvolverase a Escola de Empoderamento, para impulsar a formación das participantes  nun espazo de reflexión e debate sobre as aportacións das mulleres á sociedade, analizando as causas que sustentan as desigualdades e plantexando novas miradas. Os obradoiros serán: “Por que foron somos, por que somos, serán”, “Mulleres Rurais, corazón do sistema: máis dereitos, mais  participación, máis recursos para todas”, “Conversatorio sobre a violencia de xénero: claves para a análise construíndo respostas colectivas”, “O empoderamento dixital dende unha perspectiva de xénero”, “Convivencia e aprendizaxe transxeneracional das mulleres” e “As artes no camiño do empoderamento das mulleres”

Finalmente, o Programa Xuntas complétase con formacións para o traballo a través de obradoiros como: Explorando novos xacementos de emprego”, “Obradoiro de capacitación para o acceso ao emprego, procesos de selección, habilidades de comunicación e construción definitiva do perfil e o CV.” e o “Obradoiro de Autoemprego e emprendemento das mulleres” así como visitas a empresas.

O Programa, que conta cunha contía de 17.941,88 euros, prevé unha participación mínima de 75 mulleres. Ademáis de toda a información que se ofrecerá nas dependencias municipais, nas RRSS e en cartaces do Programa, está habilitado o teléfono e WhatsApp 685211882.

Os tres Concellos quixeron poñer en valor unha colaboración institucional exemplar  que permite ofertar mais e mellores servizos e optimizar recursos, o que repercute directamente na calidade das políticas públicas, dando ademais un exemplo de transparencia e boa xestión ao conxunto da cidadanía, especialmente na área de intervención do Programa Xuntas, que conta con 23.205 habitantes.

O baloncesto inunda Baiona co Torneo de basket 3×3

0

O parque da Palma acolle hoxe venres e o sábado 11 e 12 de agosto, o tradicional TORNEO DE BASKET 3X3, organizado pola Concellería de Deportes do Concello de Baiona e polo Club Baloncesto Baiona.

Trátase da XXVI edición, e  o obxectivo principal da organización é cear un bo ambiente para poder gozar dunhas xornadas de baloncesto de convivencias bonitas e intensivas. Con tal fin, dispúxose catro modalidades: Vetertanos (máis de 40 anos); Adultos (masculino e feminino); Sub 16 (mixto) e Sub 12 (mixto).

Cada equipo debe estar formado por un mínimo de 3 xogadores e un reserva e como máximo 6 integrantes.

Os partidos desenvólvense todos o venres de tarde e o sábado de tarde. Para o seu desenvolvemento, a parte das catro pistas do parque da Palma, habilitarase unha pista supletoria proporcionada pola Federación Galega de Baloncesto que tamén facilita os árbitros que controlarán o torneo.

Cada xogador ou xogadora recibirá unha camiseta de recordo por participar no Torneo. Realizaranse diferentes sorteos durante o evento e os gañadores de cada categoría recibirán un trofeo e tickets agasallo.

Trátase dun evento que nas súas anteriores ocasións acolleu a máis de 250 participantes.

Sube á bici en Covelo

0

O Concello de Covelo celebra a Festa da Bicicleta este sábado día 12 ás 19:30 horas. Con saída na praza Mestre Cerviño do centro urbano poderán participar todas as persoas que así o desexen sen mediar inscrición previa.

Organizada co apoio da Deputación de Pontevedra, ao remate do percorrido sortearanse múltiples agasallos, entre eles unha bicicleta e distintos artigos deportivos. Ademais, haberá dúas bicicletas adaptadas para persoas con necesidades específicas.

O Concello adianta que será obrigatorio o uso de casco e convida a todas as persoas a participar nun percorrido que procura non só o encontro entre a veciñanza, tamén a promoción de hábitos de vida saudable e o coñecemento dalgúns recunchos da contorna do centro urbano.

AGADIC trae a Pili Pampín en concerto a Tameiga

0

A Axencia Galega das Industrias Culturais, dependente da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Xunta de Galicia, trae a Mos, ao parque de Costoias, o concerto da cantante galega Pili Pampín, enmarcado na programación da Festa de Santa Filomena, que organiza a Asociación Cultural San Martín de Tameiga.

O cartel da celebración presentouse esta mañá en Costoias contando coa presenza do tenente de alcaldesa Camilo Grandal, a concelleira da parroquia de Tameiga Feli Rodríguez, a edil mosense de Cultura e Turismo, Sara Cebreiro, demais membros do equipo de goberno local e membros da directiva da A.C. San Martín.

Santa Filomena celébrase o 13 de agosto no Parque de Costoias de Tameiga a partires das 12:00h. Ademáis dos actos relixiosos, que comezarán ás 12:00h, na Igrexa Parroquial de San Martín de Tameiga coa tradicional Misa, cantada pola Coral O Son dos Cantares, seguida da procesión acompañada pola Banda de Gaitas Os Zoqueiros de O Porriño e ó remate, concerto da mesma; a tarde estará amenizada en Costoias, a partires das 20:00h, pola Banda de Saxos de Redondela e seguida do concerto de Pili Pampín ás 21:30h. A actuación da coral corre a cargo do Concello e as da banda de gaitas e orquestra de saxos finánciaas o Pontegal da Deputación.

A Festa de Santa Filomena será unha gran oportunidade para disfrutar dunha xornada amenizada por grandes formacións musicais. Tratarase dun encontro moi especial no que o público poderá gozar da música co broche da actuación estrela da cantante Pili Pampín.

A Deputación e o Concello das Neves avanzan no proxecto “Mulleres extramuros”

0

A Deputación de Pontevedra e o Concello das Neves dan novos pasos para a reactivación de “Mulleres extramuros”, o proxecto que achegará a arte contemporánea ao núcleo rural de Vide. A vicepresidenta primeira e responsable de Cultura da institución provincial, Marta Fernández-Tapias, e o alcalde das Neves, José Manuel Alfonso, acompañados pola concelleira de Igualdade, Susana Gil, mantiveron un encontro na sede de Vigo da Deputación onde avanzaron nos detalles desta segunda edición do programa da institución provincial.

Ambas as dúas institucións trataron temas como o catálogo de artistas participantes ou as localizacións dentro do núcleo de Vide onde se desenvolverán os traballos artísticos, que se prevén realizar de cara a comezos deste outono. Ata agora xa tiveron lugar as dúas primeiras fases do programa, cun primeiro encontro de convivencia entre as artistas e a veciñanza (na Casa da Auga de Vide) e o deseño das propostas artísticas, algunhas das cales xa se atopan en fase de produción. Nesta segunda edición de “Mulleres extramuros” participarán sete creadoras galegas, de España e de Portugal: Xoana Almar, do colectivo Cestola na Cachola (que é ademais a coordinadora do proxecto), Doa Oa, Nuvi & Éxfico, Ana Soler, o dúo formado por Carme Nogueira e Javier Fernández Pérez, Lucía Loren e Iva Viana. As artistas elaborarán propostas arredor da arte mural, a escultura e traballo con cerámica co obxectivo de intervir no rural de forma participativa coa veciñanza. As súas creacións xorden froito da convivencia coa xente de Vide, inspirándose nas experiencias persoais e as historias que a veciñanza compartiu con elas, e búscase que deixen unha pegada inequívoca no territorio como elemento dinamizador do rural e un foco de atracción turística. O proxecto rematará cun “día de festa” onde se dará a coñecer o resultado final das intervencións.

Curso de iniciación á informática na aula CeMIT do Porriño

Do 14 ao 28 de agosto a aula CeMIT do Porriño ofrece un curso para iniciarse na informática e internet dirixido a aquelas persoas que non teñan ningunha experiencia neste eido e queiran adquirir uns coñecementos básicos.  

As clases impartiranse no Multiusos de Torneiros, en horario de mañá, de 10 a 12 h, e en total ofertanse 10 prazas que se adxudicarán por orde inscrición. As persoas interesadas poden inscribirse presencialmente, chamando ao 986 33 89 00, ou ben a través do correo [email protected].

Nigrán estrea o sábado un megatobogán acuático na Ramallosa

0

O Concello de Nigrán ofrece este sábado 12 de agosto unha das súas actividades estrelas deste mes para o público infantil e xuvenil: un megatobogán acuático de 65 metros de longo que discorrerá ao longo da rúa Damas Apostólicas (A Ramallosa) aproveitando a pendente desta estrada. A estrutura estará en funcionamento, de xeito totalmente gratuíto, de 12:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas, estando indicada para rapazada a partir dos 6 anos de idade. Os participantes tan só deben acudir en bañador e recibirán un flotador por parte da organización para deslizarse sobre el durante todo o percorrido.

“A rúa Damas Apostólicas transformarase durante un día no parque acuático de Nigrán para o goce do público máis pequeno”, explica o alcalde, Juan González, quen propón o sábado “un plan familiar completo na Ramallosa”, ao coincidir co ‘Cinema a Pedal’ desde as 19:00 horas no Esteiro de A Foz.

Unha unidade móbil de doazón de sangue estará este venres en Goián

0

Goián recibe a visita dunha unidade móbil da Axencia Galega de Doazón de Órganos e Sangue esta semana. Mañá venres, 11 de agosto, o autobús da Axencia situarase na parada de autobús (na Carballeira) durante toda a tarde, en horario de 16 a 21 horas, para todas aquelas persoas que desexen achegar a súa pinga de solidariedade.

A Axencia Galega de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) é un organismo público dependente da Consellería de Sanidade que engloba o centro de transfusión de Galicia. Entre os seus obxectivos atópase o de subministrar compoñentes sanguíneos a todos os hospitais de Galicia en función das súas necesidades.

Cada día ADOS despraza dez unidades móbiles a diferentes puntos de Galicia e mantén abertos sete puntos fixos de doazón nos principais hospitais na procura de doazóns de sangue que despois son procesadas e preparadas para atender ás e aos doentes que así o precisen.

As persoas interesadas en doar deben lembrar que debe serse maior de 18 anos cun peso mínimo de 50 kg, que hai que agardar dúas horas despois do xantar e levar tarxeta de doazón, DNI ou documento similar. Recoméndase non acudir a doar se nos últimos 15 días se tivo febre, tose ou problemas respiratorios e débese informar ao persoal médico se se está a tomar algunha medicación.

Ponteareas saca a licitación a obra de rehabilitación da nave de Aceros del Tea

O Concello de Ponteareas vén de sacar a licitación pública o proxecto urbanístico da obra de rehabilitación da nave de Aceros del Tea por un importe de 637.016,60 € (526.460 € + IVE). Esta contratación aspira a dar resposta á necesidade de transformar a antiga fábrica nun novo espazo para a veciñanza, que conta co financiamento dos fondos EDUSI desde o pasado ano 2016 pero que, derivado da inacción de gobernos anteriores, atópase na prórroga do período máximo de execución e corre serio risco de perder esta importante fonte de financiación europea por non ter xestionado debidamente estas axudas.

O prego da licitación está xa publicado na Plataforma de contratación do sector público na seguinte ligazón:

https://contrataciondelestado.es/wps/portal/!ut/p/b0/04_Sj9CPykssy0xPLMnMz0vMAfIjU1JTC3Iy87KtUlJLEnNyUuNzMpMzSxKTgQr0w_Wj9KMyU1zLcvQjIyqNS11CXBPdPIMLk8yLnJPLzM2cHG1t9Qtycx0BZcUi7A!!/

Tal e como se recolle no clausulado do prego, o  obxecto do contrato consiste en traballos de construción de cubertas e estruturas de peche. O prazo para a  execución dos traballos por parte da empresa adxudicataria será de 3 meses e o prazo para presentar ofertas expirará o próximo 29 de agosto (ás 14:00 horas), data na que se celebrará o pleno ordinario do mes de agosto no Concello.

“Este goberno está a facer todo o que está na súa man para intentar salvar estes fondos europeos e este proxecto. Sabemos das enormes dificultades que isto conleva e lamentamos profundamente que este sobreesforzo que está a facer todo o equipo de goberno non fose levado a cabo cando correspondía, nos últimos 7 anos polo nosos antecesores”, asegura a alcaldesa Nava Castro.

O goberno local confire a este proxecto “prioridade absoluta” en materia de Urbanismo e compromete “esgotar ata o último minuto” as opcións de executalo antes da data límite da prórroga concedida, que será o 31 de decembro de 2023.

Na mesma liña, a concelleira de Urbanismo, Silvia Fernández, incide en que “desde o minuto un soubemos da gravidade da situación, do risco real de poder perder esta importante cantidade económica para os veciños e veciñas. O que si sabemos é que non será por este goberno que non se pelexe ata esgotar o prazo”. Ademais, recalca que se trata dun proxecto que “tería que estar rematado hai meses pero que vai a marchas forzadas porque desde o bipartito non se gobernou nin coa responsabilidade debida nin coa previsión necesaria”.

Este proxecto de Aceros del Tea é a constatación do particular xeito que tivo o bipartito de entender o goberno e a política. “A falla de xestión provoca que a cidadanía perda oportunidades de obter melloras e servizos. É algo inasumible e por desgraza estamos atopando que non é un caso illado, é algo que afecta ás diferentes áreas e que obriga a facer un esforzo extra para resolver en interno todos os erros e a falta de previsión que houbo durante estes últimos anos. Este proxecto é só a punta do iceberg”.

Pendentes da titularidade dos terreos

En paralelo, o goberno municipal está xestionando tamén a resolución da titularidade dos terreos nos que se asenta a antiga nave, que a día de hoxe non corresponde ao Concello, e que se convirte noutra traba determinante que o actual equipo de concelleiros recibiu do anterior goberno bipartito.

As conversas e xestións sucédense para intentar axilizar ao máximo os prazos e desatascar así unha das grandes trabas burocráticas coas que conta o procedemento. A pesar das dificultades atopadas, a concellaría de Urbanismo espera que a publicación no boletín da provincia de Pontevedra do proxecto de equidistribución dos terreos chegue a tempo para non demorar o inicio da execución dos traballos recollidos na licitación xa publicada.