8.7 C
Pontevedra
Xoves, 28 de Marzo de 2024
Máis

    Máis de 250 deportistas daranse cita este domingo 31 en Ponteareas nun XXII Trofeo da Amizade de natación de récord

    Ponteareas acolle este domingo 31 de outubro o XXII Trofeo Amizade, unha proba organizada polo Club Natación Ponteareas en colaboración co Concello que reunirá á cifra récord de 250 deportistas de 16 clubs de toda Galicia.

    Dan comezo as obras de humanización no barrio da Estación

    O Pleno do Concello de Arbo, na sesión extraordinaria de data 5 de novembro, aproba o convenio de Colaboración entre a Deputación de Pontevedra e o Concello de Arbo para a execución do proxecto “Mellora da mobilidade peonil na E.P. 5202 do pq 1+100 ao 1+165 e na E.P. 5203 do pq 1+150 ao 1+529”, recibido o día 30.09.2020 (R.E. núm. 982).

    Os Reis entregan o Premio Escola do Ano ao CRA Mestra Clara Torres de Tui

    SS.MM. os Reis entregaron onte o Premio Escola do Ano 2020 ao CRA Mestra Clara Torres de Tui. Este centro, que conta con cinco aulas en distintas parroquias de Tui: Areas, Pexegueiro, Baldráns, Ribadelouro, e Guillarei, foi distinguido por ser un exemplo de dinamización en contornas rurais.

    Arranca na Guarda o Obradoiro de Emprego Dual no que se formarán 20 desempregados

    A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Emprego e Igualdade, concedeu para o Concello da Guarda un novo obradoiro de emprego de formato dual, trátase do Obradoiro de Emprego Manuel B. Portela VII.

    As confrarías de Redondela e A Guarda viaxan a Canarias co GALP para descubrir experiencias de turismo mariñeiro e pescaturismo

    Esta semana, unha delegación de representantes do Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) da Ría de Vigo-A Guarda viaxa ás Illas Canarias no marco do proxecto de cooperación Mar das Illas, impulsado xunto ao GALP Ría de Pontevedra e o GALP Ría de Arousa.

    Concello, Xunta e empresa buscan conxuntamente vías de traslado do aserradeiro de Puxeiros a outro lugar do municipio

    Onte celebrouse no Concello de Mos unha reunión entre os xefes territoriais de Medio Rural e Medio Ambiente da Xunta de Galicia, Antonio Crespo e José Manuel González, respectivamente, os propietarios do aserradeiro do Alto de Puxeiros, a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, o tenente alcalde e concelleiro de Vías e Obras, Camilo Augusto, o edil de Urbanismo, José Areal; e tres técnicos deste útimo departamento municipal (enxeñeira, arquitecto e xurídico).

    Leticia Gallego reclama “a cobertura plena” das prazas de médico en Tomiño

    A parlamentaria socialista Leticia Gallego reclamoulle onte ao goberno galego que garanta a cobertura plena das prazas de médico do Centro de Saúde de Tomiño, descubertas durante boa parte do ano

    Ponteareas reordena os sentidos de circulación na mazá de Virxe dos Remedios, Daniel Ojea, Vázquez Fraile e Mestres

    O Concello de Ponteareas vén de reordenar os sentidos de circulación do tráfico rodado na mazá conformada polas rúas Virxe dos Remedios, Daniel Ojea, Vázquez Fraile e Mestres, invertendo os seus sentidos de circulación.

    O Museo organiza percorridos guiados sobre a morte e os ritos co gallo do Día de Defuntos

    O Museo de Pontevedra vai desenvolver este mes de novembro unha actividade relacionada co mes dos defuntos: percorridos guiados polos seus fondos que, baixo o título ‘Como te ves, eu vinme, como me ves, ti veraste’.

    Ponteareas agradece ao comercio local o bo uso do servizo exclusivo de recollida de cartón

    O Concello de Ponteareas conta cun servizo exclusivo de recollida de cartón a disposición do tecido comercial da vila. Operarios deste servizo municipal pasan todos os martes e venres de 18.00 a 20.00 horas.

    O Servizo de Atención Temperá do Baixo Miño amplía o seu horario de atención

    O SAT (Servizo de Atención Temperá) da Mancomunidade Intermunicipal do Baixo Miño, que funciona en Tomiño dende o ano pasado, ampliou durante o mes de Setembro o seu horario de atención ao público, que pasa a ser de luns a venres de 09.00 a 14.00 e de 15.00 a 19.30 horas.

    Redondela acollerá obradoiros, xincanas e vistas teatralizadas en Samaín

    O Concello de Redondela presenta as diferentes actividades que se van a realizar no Samaín. Vanse realizar actividades para diferentes públicos, comenzarán ó 29 de outubro co obradoiro “Fai a túa cabaza de Samaín” que se desenvolveran no Multuisos do Piñeiral do Crego en Chapela e no Multiusos da Xunqueira en Redondela de 17:00 a 19:30 horas.

    O Pleno do Concello de Salceda aprobou o cambio nas normas subsidiarias da Devesa

    O Pleno do Concello de Salceda aprobou hoxe xoves, na súa sesión ordinaria, a modificación das normas subsidiarias da parcela da Devesa, que pasará a ter uso dotacional público, o que permitirá ampliar a Praza da Devesa e construír a futura Casa da Mocidade.

    Ponteareas retoma a Semana das Ciencias e a Feira de Ensinanzas Profesionais e Artísticas de forma presencial

    Ponteareas retoma a súa actividade con normalidade tras a crise sanitaria. A vila volverá celebrar de forma presencial a Semana das Ciencias e a Feira de Ensinanzas Profesionais e Artísticas, aínda que con todas as medidas de seguridade necesarias.

    Adiada a festa da recolleita e esfollada do millo

    A Asociación Cultural Quinta do Piñeiro vese na obriga de suspender a súa festa da recolleita e esfollada do millo debido as inclemencias metorolóxicas previstas para esta fin de semana.

    A Policía Local de Mos fará prácticas de tiro cun instructor e dependiencias da Policía Nacional

    A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o Xefe da Policía Local de Mos, Gerardo Álvarez Reguero, desprazáronse onte ata o edificio da Policía Nacional en Vigo, sito na rúa López Mora, para asinar un convenio de colaboración.

    Clausura o II Programa de Aceleración de Empresas de Comercio

    Enxalzando o talento e valentía das persoas da provincia de Pontevedra, Carmela Silva vén de clausurar o II Programa de Aceleración de Empresas do Sector Comercio de SmartPeme no que participaron dez empresas dos concellos de Pontevedra, Lalín, Crecente, Meaño, Silleda, Vigo e Vilagarcía.

    Nigrán amplía o prazo de inscrición para que crianzas nadas entre 2010 e 2013 poidan anotarse a surf

    O Concello de Nigrán amplía a este xoves 28 de outubro a inscrición na actividade municipal de surf para nenos e nenas nacidas entre 2010 e 2013. Os interesados poden anotarse mañá no Pavillón de Panxón de 9:00 a 13:00 horas (empadroados ou non).

    A infancia de Rosalía de Castro chega ao teatro en O Rosal

    María Rosalía Rita, ou Rosalía de Castro, tamén foi unha nena. As biografías non o contan, pero a poeta galega tamén foi unha cativa que cantaba, que lía, que comía chocolate, e que tamén xogaba.

    Ponteareas reclama unha partida específica nos orzamentos do Estado para a seguridade na N-120 e a construción da circunvalación

    A Corporación municipal de Ponteareas une forzas para reclamar ao Goberno do Estado unha partida específica nos Orzamentos Xerais para as obras de mellora da seguridade na N-120 e para a construción da variante, unha demanda histórica da vila.

    Arbo celebra o Samaín na Praza Consistorio

    Coa volta do Samaín 2022 a volta da esquina, o Concello de Arbo avanza que xa ten programada para os cativos da casa un Samain especial adaptado as medidas Covid-19, baile de esqueletos, tunel do terror, música e moita diversión asegurada.

    A Biblioteca Pública Municipal da Guarda engalánase para o Samaín

    Dende fai uns días a Biblioteca Pública Municipal da Guarda, emprazada no 1º andar do Centro Cultural, xa se atopa engalanada para as datas do Samaín, cunha curiosa e terrorífica decoración que non deixará a ninguén indiferente.

    Fernández-Tapias supervisa o remate das obras no IES Primeiro de Marzo de Baiona

    A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, achegouse hoxe ata o IES Primeiro de Marzo en Baiona para supervisar o remate das obras que, segundo dixo, “suporán unha importante mellora desde o punto de vista enerxético”.

    Aprazada a tarde de Samaín ao 5 de novembro por causas meteorolóxicas

    O Concello de Salvaterra decide aprazar a tarde infantil de samaín para os máis cativos no Parque Público A Canuda ao próximo venres 5 de outubro.

    Este Samaín no Rosal… composta a túa cabaza!

    Un ano máis O Rosal pon en marcha nestas datas a súa iniciativa ‘Composta a túa cabaza!’.

    Destácase o papel das mulleres na apertura das “VII Xornadas Divulgativas”

    Por segundo ano consecutivo a sede da Deputación en Vigo tense convertido no escenario das “VII Xornadas Divulgativas sobre o papel da muller no sector pesqueiro e conserveiro. Referentes do presente e do pasado”.

    Tomiño conta cun novo vehículo eléctrico para o servizo de compostaxe local

    O Concello de Tomiño vén de adquirir un novo vehículo con distintivo ambiental cero emisións de CO2 para o servizo do persoal encargado da Implantación e xeralización da Compostaxe.

    Salceda segue a mellorar a rede viaria do rural

    O Concello de Salceda de Caselas vén de rematar as obras de mellora da estrada que une os barrios de Barreiro e Pomar de Suso, na parroquia de Santa María, coordinadas pola Concellería de Vías e Obras, que dirixe a tenente de alcaldesa Loli Castiñeira.

    Ponteareas duplicaría o orzamento do servizo municipal de emerxencias coa súa equiparación a GES

    O servizo municipal de emerxencias de Ponteareas, que atende a toda a comarca, duplicará o seu orzamento ao equipararse á categoría de Grupo de Emerxencias Supramunicipal.

    A Deputación celebra o Día contra o Cambio Climático enxalzando o proxecto cos concellos e o sector primario

    Cun compromiso inequívoco co medio ambiente e a loita contra o cambio climático, a Deputación de Pontevedra vén de celebrar o Día Internacional cun dobre acto “de reflexión e reivindicación” para poñer en valor algunhas das boas prácticas que a institución está a impulsar para mitigar.

    Baiona acolle o Trail Trans Serra da Groba

    O pasado día 24 de outubro, finalizou o prazo de inscrición do 8ª Trail Maratón de Montaña “Serra dá Groba 2021” e será o vindeiro venres día 29 de outubro, desde as 17:00 horas ata as 21:00 horas, cando farase a entrega de dorsales a todos os participantes do Trail e Trailiño.

    A Xunta iniciará no vindeiro mes o proceso para regular a entrega de medicamentos a domicilio

    O conselleiro de Sanidade anunciou, na clausura da Xornada: “Galicia fronte ao coronavirus e a sanidade do futuro”, organizada pola Asociación Española de Dereito Farmacéutico, que, no vindeiro mes, o departamento sanitario galego lanzará a consulta pública previa para empezar o proceso de elaboración do decreto regulador da entrega informada de medicamentos e produtos sanitarios.

    Chega a Mos ‘Piperegrinos, as gaitas do Camiño’

    Desde a Concellería de Cultura e Turismo do Concello de Mos, que dirixe a edil Sara Cebreiro, infórmase de que o vindeiro domingo, día 31 de outubro, ás 18.30 horas, no auditorio do Centro Dotacional de Torroso, terá lugar o concerto gratuíto Piperegrinos, un econtro de destacados gaiteiros da Península Ibérica.

    O pavillón municipal da Cañiza estrea vestiarios grazas á Deputación

    O Pavillón Municipal da Cañiza loce xa renovados vestiarios, cuxa reforma foi financiada a través dunha achega de máis de 60.000 euros do Plan Concellos da Deputación e que hoxe visitaron a presidenta provincial, Carmela Silva, e o alcalde, Luis Antonio Gómez Piña, así como o deputado provincial Santos Héctor Rodríguez e representantes da corporación municipal.

    Baiona ratifica o seu compromiso con Avelaíña asinando un novo convenio

    O alcalde de Baiona, Carlos Gómez, e a presidenta da asociación “Avelaíña”, Fernanda Orduna, volveron ha rubricar o convenio de colaboración polo que a asociación recibirá unha subvención do Concello de Baiona para dar información e asesoramento aos veciños e veciñas do municipio que o precisen.

    A Cañiza pon en marcha un programa de Atención Temperá

    Luis Piña, alcalde da Cañiza, e Fernando González, director xeral de maiores e persoas con discapacidade da Xunta, reuníronse en San Caetano o pasado xoves.

    O Rosal pon en valor a súa historia cunhas xornadas sobre patrimonio

    O Concello do Rosal pon en valor a súa historia coa creación da primeira edición de Xornadas sobre Patrimonio, unha serie de actividades que nacen co obxectivo de dar a coñecer e pór en valor o patrimonio rosaleiro e do Baixo Miño.

    A profesora Dolores Balseiro ofrecerá hoxe a conferencia “A Batalla de Lepanto na literatura española: poetas”

    Hoxe martes, 26 de outubro, ás 19.30 h terá lugar na igrexa de San Domingos unha nova conferencia do ciclo organizado polo Concello de Tui co gallo do 450 aniversario da Batalla de Lepanto.

    Éxito da Banda de Música Xuvenil de Xinzo no concerto de homenaxe a Reveriano Soutullo

    A Banda de Música Xuvenil de Xinzo celebrou este pasado 24 de outubro, en colaboración coa Fundación Reveriano Soutullo, un concerto no que homenaxeou a figura do compositor e músico Reveriano Soutullo.

    A Biblioteca de Redondela recoñecida co IV Premio de Innovación Bibliotecaria de Galicia

    A Xunta de Galicia vén de recoñecer o proxecto Unha biblioteca para Xela, da Biblioteca Pública Municipal Xela Arias de Chapela (Redondela), co IV Premio á Innovación Bibliotecaria de Galicia, que ten como obxectivo impulsar e pór de relevo os proxectos e boas prácticas innovadoras levadas a cabo polas bibliotecas e axencias de lectura públicas municipais.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.