Tomiño dedica o mes de marzo ao humor

O Concello de Tomiño vén de lanzar a súa programación cultural para o mes de marzo na que o humor será claro o protagonista dun mes no que visitarán o municipio monologuistas da talla de Carlos Blanco e Celso San Martín, Cándido Pazó ou Federico Pérez.

O espectáculo infantil 'Gatuxo' chega o venres ao Teatro Municipal de Tui

A música infantil encherá mañá venres, 26 de febreiro ás 19:30 h o Teatro Municipal de Tui co espectáculo "Gatuxo" da man de Magín Blanco, un espectáculo musico-teatral para bebés e familias a cargo de Magín Blanco, Jorge Juncal e María Faltri na parte musical e de Raquel Queizás na dramatización. No mesmo mestúranse o teatro, a manipulación de obxectos, o clown, o claqué...

V Eurocidade BTT Valença-Tui

A Eurocidade Valença e Tui desafia os amantes da BTT a participar, o domingo 6 de marzo, nunha proba internacional que é referencia indiscutible da modalidade na península ibérica: o V Eurocidade BTT. Dous circuitos poñerán a proba aos e ás participantes, un de 45 quilómetros e outro de 69 quilómetros. Para os acompañantes, a organización vén de deseñar andainas gratuítas por Valença e Tui, así que non hai desculpa para participar.

Comezan as xornadas 'Educar para aprender' en Tui

O Concello de Tui e o Colexio Rural Agrupado 'Mestra Clara Torres', coa colaboración da Consellería de Sanidade, organizan as xornadas “Educar para aprender” que se van celebrar o último xoves dos meses de febreiro, marzo, abril e maio.

Suscribirse a este canal RSS