Rematan os traballos de Escavación do Cuncheiro do Monte Trega na Guarda

O Concello da Guarda promoveu, baixo a dirección de Brais X. Currás da Universidade de Coimbra (CEAACP), un Proxecto de Escavación, Análise e Sinalización do Cuncheiro do Monte Trega. O proxecto de escavación foi executado polos arqueólogos da empresa Terra Arqueos, mentres que para o estudo do material do cuncheiro contarase co grupo de investigación en zooarqueoloxía da Universidade de León con Carlos Fernández Rodríguez á fronte, e máis co Grupo de Investigación en Arqueobiología do CSIC, con Marta Moreno.

Novo prazo de inscricións para o Campamento Urbano 2019 na Guarda

Por un erro no procedemento administrativo o Campamento Urbano 2019 ten que abrir un novo prazo para solicitar a inscrición. O prazo será dende o día 10 ata o día 17 de xuño en horario de 9:00 h a 14:00 h (horario de rexistro) ou na sede electrónica do Concello da Guarda. Este campamento terá lugar os meses de xullo, agosto e o período non lectivo de setembro, en horario de 9 a 14 horas, para nenos e nenas de 4 a 12 anos.

Tomiño e Cerveira celebran a súa 2ª andaina saudable

En conmemoración dos 15 anos da apertura da Ponte Internacional da Amizade, entre Tomiño e Vila Nova de Cerveira, a Eurocidade Cerveira-Tomiño organiza a II Andaina do mesmo nome, o domingo 16 de xuño de 2019. A proba terá unha duración estimada de 2.30 h e transcorrerá por terras de ambas as localidades transfronteirizas. Cunha dificultade media-baixa, sairá ás 10.00 h (hora galega) desde o Espazo Fortaleza de Goián, para seguir por Eiras, Ponte da Amizade, Lenta e INATEL, e regresar polo Ponte da Amizade ao Espazo Fortaleza outra vez.

Irlanda, Austria e Italia, interesadas en coñecer as traídas de auga tomiñesas

Representantes de traídas de auga locais de varios países europeos, entre eles, Irlanda, Austria e Italia, visitarán Tomiño o día 6 de xuño co fin de manter un encontro de traballo coas traídas locais e compartir experiencias. A de Tomiño é a segunda parte das xornadas “Status Quo das comunidades de usuarios de auga de consumo a nivel de Europa”, organizadas polo partenariado “Life Water Way”, en Santiago de Compostela; no Salón de Actos de la Consellería de Sanidade, o día 5, desde as 9.15 hasta as 14.00 horas.

A Guarda inaugura este venres unha exposición fotográfica sobre as Alfombras Florais

O vindeiro venres día 7 de xuño ás 20:00 h terá lugar na Casa dos Alonsos da Guarda a inauguración dunha Exposición fotográfica que quere resaltar o traballo realizado ao longo de moitos anos polas alfombristas da Guarda. A Exposición, que leva por nome «Alfombras Florais da Guarda», estará na Casa dos Alonsos dende o venres 7 de xuño ata o domingo 23 de xuño en horario de 11:00 h a 13:30 h e de 18:00 h a 21:00 h.

Suscribirse a este canal RSS