Tui

Carme Núñez: "Queremos que Tui marque a diferenza cun modelo alternativo de cidade"

“No BNG queremos que Tui marque a diferenza cun modelo alternativo de cidade que lle dea prestixio ao concello”. Así o manifestou no serán de onte a candidata do BNG á Alcaldía de Tui, Carme Núñez, no acto de presentación dos compoñentes da lista ás eleccións municipais, asegurando que o proxecto nacionalista para a vila pretende acadar “un concello para vivir, dinámico, consciente do seu potencial e orgulloso da súa identidade e situación privilexiada”.

Tui entra a formar parte da 'Red de Juderías de España'

A Asemblea Xeral da Red de Juderías de España celebrada en Madrid acordou aceptar á entrada da cidade de Tui nesta entidade formada por 18 municipios. A partir deste mes de xuño, a red estará formada por 22 concellos xa que, ao mesmo tempo que Tui incorpóranse os municipios de Béjar, Sagunto e Lorca. A entrada efectiva dos catro novos membros farase na segunda asemblea da Red que terá lugar a finais de xuño.

A Deputación aproba dous novos investimentos para Tui de preto de 165.000 euros

A Deputación de Pontevedra aprobará este próximo venres, en Xunta de Goberno, dous novos investimentos por un valor de 164.707,44 euros para Tui con cargo á liña 1 do Plan Concellos 2019. En concreto, son 94.759,04 euros para a reforma da rede de saneamento e melloras na drenaxe e ventilación da cámara na planta baixa dun edificio de vivendas en Caldelas, e outros 69.948,40 euros para financiar o acondicionamento do parque de Areas.

O telón do Teatro Principal de Tui, exposto durante as festas de San Telmo

O telón do Teatro Principal será exposto, no mes de abril, durante as festas de San Telmo logo de realizar unha limpeza e análise do mesmo. A pasada semana levouse a cabo o exame organoléptico para avaliar o estado de conservación da cortina de boca do Teatro Principal. Segundo a especialista en conservación, a peza a pesar do seu manifesto deterioro, presentaba a nivel de soporte a suficiente resistencia para ser exhibido.

Tui, punto de partida do Camiño de Santiago en kaiak de mar

Tui será o punto de partida do Camiño de Santiago en kaiak de mar. Do 18 ao 21 de abril realizarase unha experiencia piloto e a continuación as rutas poranse en marcha de forma estable até outubro, sempre que as condicións do tempo o permitan. O alcalde, Carlos Vázquez Padín, presentou este mediodía esta iniciativa xunto a Alberto Rocha, promotor da mesma, e Antonio Paz, presidente da Asociación Galega de Kaiak de Mar.

Tui incluído no Plan Rexurbe da Xunta de Galicia

O candidato do Partido Popular de Tui, José Ángel Fernández Rodríguez, manifestou "a súa enorme satisfación" co anuncio feito, esta tarde pola Conselleira de Medio Ambiente Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez de incorporar o municipio de Tui no Plan Rexurbe. Trátase, explica o candidato popular, dunha magnifica nova "de especial trascendencia para o noso Concello que permitirá achegar recursos públicos para adquirir inmobles en estado de abandono ou semiabandono no Casco Histórico de Tui para proceder a súa rehabilitación".

Suscribirse a este canal RSS