Peche da Biblioteca de Tui por formación do persoal

Edificio da Área Panorámica que alberga, entre outras instalacións, as da Biblioteca Municipal de Tui Edificio da Área Panorámica que alberga, entre outras instalacións, as da Biblioteca Municipal de Tui

A Biblioteca Pública Municipal de Tui permanecerá pechada os martes 9 e 16 de xullo tanto en horario de mañá como de tarde debido a que todo o seu persoal ten que asistir en Santiago a sendas xornadas de formación. O Concello de Tui pide desculpas aos usuarios polas molestias que o peche poida ocasionar.

A Biblioteca Pública Municipal de Tui, situada no primeiro andar da Área Panorámica, abre de luns a venres en horario de 9:30 h a 13:30 h e de 16 h a 21 h e os sábados de 9:30 a 13:30 h .