Enrique Cabaleiro da a coñecer as funcións do equipo de goberno de Tui

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro,vén de dar a coñecer as delegacións de funcións nos membros do seu equipo de goberno. A través dunha Resolución de Alcaldía, amais das delegacións, fixo públicas as tenencias de alcaldía e os membros da  Xunta de Goberno local.

Así pois, no Concello de Tui a distribución de funcións queda con María Yolanda Rodríguez Rodríguez como concelleira Urbanismo, Facenda e Parques e Xardíns; Rafael Estévez Martínez, Deporte e Medio Rural; José Ramón Magán Rivera: Persoal, Seguridade e Protección Civil; Ismael Diz Garrido: Servicios Sociais e Medio Ambiente; Laureano Alonso Álvarez: Turismo e Camiño de Santiago, Novas Tecnoloxías e Patrimonio; María Sonsoles VicenteSolla: Ensino e Cultura; Ana María Núñez Álvarez: Emprego e Formación, Igualdade e Xuventude e Javier Rodríguez Gómez: Parque Móvil.

A dirección e xestión das areas de Eurocidade, Relacións Supramunicipais, Cordinación de Proxectos e Vías e Obras, serán competencia da alcaldía. Por outra banda tamén resolveu Enrique Cabaleiro, nomear as tenencias de Alcaldía como se detallan a continuación: 1º Tenencia de Alcaldía: Rafael Estévez Martínez, segunda tenencia: María Yolanda Rodríguez Rodríguez, 3ª Tenencia: Jose Ramón Magán Rivera e 4ª : Laureano Alonso Álvarez.
Finalmente a Xunta de goberno local estará composta por: Enrique Cabaleiro, Rafael Estévez, María Yolanda Rodríguez, José Ramón Magán, Ismael Diz e Laureano Alonso.