Tui abre a inscrición para o 'concerto de capás' nas Festas de San Telmo

Campas da Catedral de Tui. Santa Bárbara (1828) e María de la Soledad (1785) // Foto: ©Musica no Claustro Campas da Catedral de Tui. Santa Bárbara (1828) e María de la Soledad (1785) // Foto: ©Musica no Claustro

O Concello de Tuin vén de abrir o proceso de inscrición para aquelas persoas que desexen participar no taller e no concerto 'As Badaladas de San Telmo' que terá lugar do venres 26 ao domingo 28 de abril, en diferentes campanarios tudenses. Dirixido por dúas persoas especialistas de recoñecemento internacional e coa coordinación artística do festival Música no claustro, este concerto súmase á sensibilización e ó coñecemento do toque manual de campás coma patrimonio cultural inmaterial.

As persoas interesadas poden enviar a solicitude de inscrición até o martes 16 de abril ao correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. indicando o seu nome, idade, teléfono e enderezo. Do mesmo xeito deberá compartir, de forma breve, cal é a motivación para formar parte do taller e do concerto indicando si ten, ou non, coñecementos musicais ou de toque de campás.

A participación activa no concerto e a súa preparación no taller, que se desenvolverá do venres 26 ao propio domingo 28, é gratuíta para as persoas inscritas, sendo preciso o compromiso e dispoñibilidade de datas. Esta participación non supón ningunha relación contractual co Concello de Tui coma entidade organizadora.

As persoas interesadas poden facer as consultas que precisen sobre esta actividade no teléfono 657 69 11 50. A organización confirmará a listaxe de persoas seleccionadas antes do luns 22 de abril.