Tomiño

Tomiño promociona o piragüismo entre o alumnado dos colexios do municipio

O Concello de Tomiño e o Clube deportivo Miño-Os Teixugos organizan a “semana azul” co fin de promocionar o piragüismo entre os máis pequenos. A actividade comezou a semana pasada na que xa participaron os CEIP de Tebra e CEP Pedro Caselles e nas vindeiras datas será a quenda dos centros educativos de Sobrada, Barrantes e Pintor Antonio Fernández.

Amorín corre pola solidariedade e aposta pola integración

O Concello de Tomiño e a Asociación de Veciños de Amorín veñen de presentar a séptima edición da Carreira Popular de Amorín (Gotas para Níxer) que se celebrará mañá domingo 31 de maio na parroquia de Amorín. O recadado coas inscricións irá destinado ao programa de Unicef de creación de pozos para Níxer.

A Xunta transfire ao Concello de Tomiño dúas parcelas en Goián

O Consello da Xunta autorizou onte o o cambio de titularidade de dúas parcelas lindeiras coa estrada PO-533 (Goián- Ponte Goián (fronteira de Portugal)) na parroquia de Goián, a prol do Concello de Tomiño. Ditas parcelas foran reclamadas polo Concello de cara a utilizalas como zonas de lecer.

O Concello adiantará 140.000 euros para Escola Infantil de Goián

O goberno municipal de Tomiño proporálle ao Pleno da Corporación, que se celebra hoxe xoves a partir das oito do serán, unha modificación de créditos para achegar máis de 140.000 euros ás obras da Escola Infantil de Goián que se constrúe na parcela da antiga Casa Médica, cedida polo Concello de Tomiño á Xunta de Galicia.

Tomiño homenaxea aos seus deportistas

O Concello de Tomiño rendeu unha máis que merecida homenaxe aos seus deportistas tanto polos méritos obtidos ao longo destes anos como polo esforzo constante que veñen realizando e aos clubs polo traballo que desenvolven a prol do deporte e de inculcar nos mozos e mozas hábitos saúdables.

Suscribirse a este canal RSS