Tomiño

Tomiño recibe aos piragüistas tomiñeses triunfadores nos campionatos do mundo

O Concello de Tomiño organizou onte sábado unha recepción aos piraguistas tomiñeses que regresaron esta semana de Montemor O Velho (Portugal) con tres importantes triunfos. Roi Rodríguez Huertas conseguiu o título de campión do Mundo en dúas categorías: K1 1.000 metros categoría sub-23 e K4 1.000 metros categoría sub-23. Alfonso Domínguez Rodríguez acadou Medalla de Bronce no C4 500 metros categoría junior, tamén no campionato do mundo.

Unha visita a Tomiño e corenta variedades de cervexa para degustar

Degustacións, charlas, música e obradoiros completan unha programación na que máis dunha ducia de fabricantes artesáns estarán presentes na primeira edición do festival da Cervexa Artesá que se celebra esta fin de semana en Tomiño e que hoxe foi presentado pola alcaldesa Sandra González e responsables da Asociación para a divulgación da cultura da cervexa artesá en Galicia (ADICCAG).

A Policía Local de Tomiño reforza o seu parque móbil

O Concello de Tomiño recibiu un novo vehículo municipal que ampliará o parque móbil da policía local. Trátase dun Citroen C4 Cactus que mellorará a labor do corpo da policía local e que foi recollido nas instalaci'ons da Xunta de Galicia en Pontevedra polo concelleiro de Seguridade e Tráfico, Manuel Álvarez González, que estivo acompañado por membros da Policía Local que se encargaron do seu traslado.

Primeiro festival da Cervexa Artesá de Tomiño

A praza do Seixo e o mercado de Tomiño acollerán, entre o 31 de xullo e o 2 de agosto, o Primeiro Festival da Cervexa Artesá organizada polo Concello tomiñés e a Asociación para a divulgación da cultura da cervexa artesá de Galicia. Serán tres días con actividades que xirarán arredor da cervexa con charlas, demostracións, degustacións e música en vivo entre outras actividades.

Suscribirse a este canal RSS