Tomiño

Máis de 40 artistas, no III Certame de Pintura ao Aire Libre Antonio Fernández.

O Concello de Tomiño celebrou, na xornada onte, a terceira edición do Certame de Pintura ao Aire Libre Antonio Fernández nun día no que o mal tempo non conseguiu estragar o traballo de máis de 40 pintores procedentes de todos os rincóns de España e Portugal. Goián volveu ser o centro de atención dos pinceis dos pintores e pintoras que participaron neste certame de pintura ao aire libre.

Hoxe xoves, mercado de queixos e viños no mercado municipal de Tomiño

O Concello de Tomiño desenvolverá, ao longo de todo este mes de agosto, actividades dinamizadoras no mercado de abastos e, máis concretamente, na súa primeira planta que foi concibida como un espazo gastronómico e de encontro. O mercado de abastos de Tomiño é o mellor exemplo de como se pode facer unha obra útil contando coas opinión de usuarios e empresarios, nunha iniciativa que está sendo posta como exemplo noutros concellos da provincia.

Suscribirse a este canal RSS