Tomiño

Tomiño celebrará, o venres 5 de febreiro, o 'Venres de Foliada'

O Concello de Tomiño vén de facer públicas as bases polas que se rexerá o desfile de comparsas 'Venres de Foliada', que tará lugar o venres 5 de febreiro ás 21:30 h na no seixo aínda que, en caso de condicións metereolóxicas adversas, o evento podería trasladarse ao venres 12 de febreiro. O prazo de inscrición, que se abre o vindeiro 18 de xaneiro, se pechará catro días máis tarde, o 22 de xaneiro.

Tomiño acomete a urbanización do entorno da nova escola infantil de Goián

O Concello de Tomiño iniciou onte as obras de urbanización do entorno da nova escola infantil de Goián. Os traballos que contan cun investimento superior aos 86.000 € permitirán que a rúa Camiño Vello, no tramo entre a escola infantil e a praza de abastos, pase a incorporarse ao espazo público xerarando um amplio entorno de preferencia peonil. O novidoso desta intervención, sinalaba o concelleiro de Planificación Territorial do Concello de Tomiño, Uxío Benítez, é que "aporta accesibilidade nun espazo de equipamentos públicos permitindo o seu uso por parte de todos os veciños e veciñas".

Tomiño pon en práctica unha iniciativa de composteiros comunitarios co apoio da Deputación

O Concello de Tomiño está promovendo unha iniciativa de compostaxe comunitaria nos núcleos urbanos do Seixo e Goián, nunha iniciativa que reponse a un proxecto da Deputación de Pontevedra que procura a reciclaxe da materia orgánica por medio de composteiros comunitarios nos núcleos urbanos. O fin é facer un uso responsable do contenedor verde no que moitas veces van a parar materias orgánicas recuperables e que poden ser recicladas ou o que é o mesmo, compostadas. Trátase de restos orgánicos como mondas e cascas de productos hortícolas, vexetais ou froitícolas.

O programa Leader posibilitou crear máis de 400 postos de traballo na comarca

O Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) MAIV-BAIXO MIÑO pechou a convocatoria dos fondos europeos do Programa Leader 2007/2013. Este Grupo de Desenvolvemento Rural, presidido pola alcaldesa de Tomiño, Sandra González, foi premiado pola Axencia Galega de Desnvolvemento Rural (AGADER) en xaneiro do 2014 con 3 millóns de euros máis pola seu eficaz labor desenvolvida dende a súa creación no ano 2007. Prórroga que acaba de chegar ao seu fin pechando dita convocatoria.

Máis de trescentos nenos e nenas na primeira cita co teatro infantil en Tomiño

Era a primeira cita co teatro infantil das vacacións do Nadal en Tomiño e, nenos e nenas non desperdiciaron a oportunidade. Máis de trescentos rapaces e rapazas puideron de gozar do espectáculo “Carapuchiña Vermella” que forma parte dun programa de Nadal, artellado polo Concello de Tomiño, que esta semana terá a súa continuidade cunha Festa Infantil e unha nova cita co teatro o domingo.

Suscribirse a este canal RSS