Tomiño

Tomiño é un dos poucos concellos galegos que terán wifi gratis nos espazos públicos

Tomiño é un dos 510 municipios españois que poderá beneficiarse das axudas que concede a Unión Europea para financiar wifi gratis de alta velocidade en espazos públicos. A Comisión Europea anunciou o nome de 3.400 municipios europeos (unha ducia en Galicia) que recibirán 15.000 euros para financiar estas instalacións, dentro do programa “Wifi4EU”, co que a UE quere apoiar a instalación de conexións de alta velocidade en municipios europeos (entre 6.000 e 8.000), cun orzamento de 120 millóns de euros para o período 2018-2020.

Sandra González chama a votar polo “Tomiño da xestión e do cambio”

Tomiño é un exemplo de que o cambio é posible. “Soñamos xuntos e convertemos ese soño nunha realidade. Transformamos Tomiño e abrimos un novo tempo no que se fixeron centos de cousas. Somos conscientes de que aínda queda moito por facer, por iso temos un equipo cheo de ilusión e renovado que combina a experiencia coa sabia nova” co que afrontar os retos de futuro, porque “somos traballo, proxectos e a transformación para Tomiño”, salientou González ante un ateigado Auditorio de Goián.

Naír Melo, gañadora do concurso da camiseta 'Día das Letras Galegas' de Tomiño

Naír Melo Pazos, de 26 anos e natural de Santa María de Tebra, vén de gañar o Concurso de deseño de camisetas Letras Galegas, convocado polo grupo de voluntariado municipal de Tomiño. A súa creación estivo plasmada nas camisetas que se repartiron entre os participantes dos obradoiros e actividades conmemorativas, que se desenvolveron o venres na Praza do Seixo, con motivo do Día das Letras Galegas. Obradoiros e actividades organizadas polos voluntarios e destinados a toda a poboación tomiñesa.

Doa Oa reivindica, en Tomiño, un mundo igualitario a través da natureza

A deputada provincial Montse Magallanes, acompañada da alcaldesa Sandra González, asistiu no Campo de Fútbol Municipal do Alivio, en Tomiño, a unha nova acción do programa da Deputación de Pontevedra 'Mulleres en acción: Violencia Zero' de loita contra as violencias machistas. A encargada de visibilizala, esta vez ao través da pintura, foi a artista Doa Oa.

O campo do Alivio de Tomiño, escenario dunha nova acción de 'Violencia Zero'

O campo de fútbol municipal do Alivio, en Tomiño, será escenario este martes, 14 de maio, dunha nova intervención artística dentro do programa 'Mulleres en Acción. Violencia Zero', o programa da Deputación de Pontevedra cuxo obxectivo é visibilizar a loita contra as violencias machistas e enxalzar o traballo das mulleres artistas galegas. A artista Doa Oa será a encargada de realizar esta intervención artística que, baixo o título 'Reforestando', consistirá nunha intervención do espazo público 'coa única ambición de renacer espazos'.

Suscribirse a este canal RSS