Tomiño prepara un amplo programa de actividades para a 'II Festa Agro LGTBI'

Andrés Benítez Oliveira, produtor audiovisual e recoñecido membro do colectivo LGTBI do municipio tomiñés, será o encargado de ler o manifesto Andrés Benítez Oliveira, produtor audiovisual e recoñecido membro do colectivo LGTBI do municipio tomiñés, será o encargado de ler o manifesto

Tomiño celebrará, o 29 de xuño no Mercado Municipal, a segunda edición da 'Festa Agro LGTBI', unha iniciativa que con tan só dous anos de vida, conta cun extraordinario éxito de participación e convértese nun exemplo, non só de visibilización do colectivo LGTBI+ no medio rural senón, como sinalan os organizadores, como "unha vía de reivindicación do campo como un lugar de oportunidades”.

Así pois, o sábado 29 de xuño no Mercado Municipal, entre as 11:30 h e as 21:30 horas, haberá espectáculos circenses e de transformismo; concertos, DJ, obradoiros infantís, charlas, photocall e lectura do manifesto.

A festa, organizada polo voluntariado da oficina de Información Xuvenil (OMIX), comezará cunha sesión vermú artesá e o espectáculo circense Victoria. A las 12:30 h terá lugar o primeiro obradoiro infantil Trans*formando Realidades, a cargo de Sara Uris, e a conferencia Entre a visibilidade e o paternalismo: a emerxencia do armario de cristal, impartida por Ángel Amaro.

Ás 13:30 h haberá purpurina e brillantina biodegradables, para todos e todas as participantes e un photocall para fotografarse. Ás 14:30 h hora para a comida cun Pícnic Comunitario (para o que haberá que traer a comida) que durará até pouco antes das 16:00 h, momento no que se realizará o segundo obradoiro infantil, do mesmo tipo que o da mañá. A continuación celebrarase o espectáculos de transformismo Escribiuse un crime, con 'Marinita y sus maromas', compañía de teatro DRAG.

Ás seis da tarde, haberá un concerto de Las Marikarmen, un cabaret musical queer-pop, con músicos de distintas nacionalidades.

Para ás 19:30 h está prevista a actuación de Russinha (DJ set) e coma peche da xornada, a lectura do manifesto, a cargo de Andrés Benítez Oliveira, produtor audiovisual e recoñecido membro do colectivo LGTBI do municipio tomiñés.

"Esta iniciativa xorde non só a raíz da necesidade de visibilizar ao colectivo LGTBI+ no ámbito rural, senón tamén , explican os organizadores.