Sandra González, suma e segue

Tomiño é deses municipios que, chegadas unhas eleccións municipais, sempre espertan curiosidade. Esa curiosidade ven dada non pola incerteza dos resultados, senón por saber onde está o límite da súa alcaldesa Sandra González. Visto o visto, ese listón aínda está lonxe e, se no 2011 acadaba a maioría absoluta de 9 concelleiros, no 2015 a subía a 10 e neste 2017, xa a puxo en 11. Mentres, o PP mantén os seus 4 concelleiros e o PSOE pasa de 1 a 2.

A veciñanza recoñece así que Sandra González foi quen de transformar ao seu municipio nun referente en turismo, economía e avances sociais. Queda, como diciamos, por saber onde está un límite que, polo que parece, aínda está lonxe sobre todo se temos en conta que a alcaldesa Sandra González é aínda unha muller nova.