A catedrática en mediciña, África González, madriña dunha aula en Goián

A catedrática en medicina e especialista en Inmunoloxía, África González, visitou na mañá de hoxe o CEIP Pintor Antonio Fernández de Goián para inaugurar a aula que, a partir de agora, levará o seu nome. O acto, que se realizou na mesmo aula, foi presentado por unha das alumnas de quinto de primaria xunto a unha representante das familias.

Posteriormente, África González, dedicou unha palabras a todos os presentes, sobre todo aos máis pequenos, insistindo na necesidade "do esforzo para poder conseguir obxectivos na vida". A continuación, África cortou a cinta que se colocou de forma simbólica quedando así bautizada a aula co novo nome.

Os alumnos e alumnas e a nova madriña se intercambiaron algúns agasallos para, despois, gozar xuntos dunha pequena merenda preparada polas familias.

A turora de quinto, Marina Vidal, mostrouse "moi emocionada" polo feito de que alguén co currículo e a calidade humana de Africa "aceptase ser a madriña da súa aula, unha aula pola que a partir de agora seguirán pasando alumnos e alumnas que terán a oportunidade de coñecer a figura e o traballo de Africa González no campo da medicina", sinalou.